P2121202 - Programas de Saúde (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Introducir ao alumno no deseño, e implantación dos programas de saúde.
- Coñecer os principais programas de saúde implantados na Comunidade Autónoma.
ContidosDeseño, implantación e avaliación de programas de saúde.
Principais programas de saúde de Galiza:
- Programa de diagnóstico precoz dos errores conxénitos do metabolismo
- Programa de diagnostico precoz da xordeira
- Programa de vacinacións
- Actuacións da Saúde Pública no control de riscos ambientais
- HACCP
- Plan de prevención dos trastornos aditivos
- Programa de prevención da infección VIH/SIDA
- Programa de prevención da Tuberculose
- Programa de prevención do Cancro de mama
- Outros cribados: colon e recto, próstata, cervix
- PASEA (Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación)
Bibliografía básica e complementariaSierra Lopez A. et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (11ª ed). Barcelona: Elsevier 2008.
Presentación e outros materiais facilitados na aula
CompetenciasCompetencias da titulación as que contribúe a materia:
o Estará en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais), mediante la aplicación de la metodoloxía epidemiolóxica, e propoñer a adopción das medidas preventivas más adecuadas.
Competencias específicas da materia:
o Coñecer os principais programas de saúde implantados na Comunidade autónoma
o Capacitar ao alumno na identificación dos obxectivos prioritarios para o deseño de programas de saúde.
o Introducir ao alumno no deseño e implantación de programas de saúde.
Metodoloxía da ensinanza O primeiro bloque das clases expositivas dedicarase a presentación das ferramentas para o deseño e implantación dos programas de saúde. No segundo bloque, o profesor presentará os principais programas de saúde implantados en Galiza.
Nas sesións interactivas os alumnos discutirán o deseño e implantación dos programas de saúde específicos propostos polo profesor.
Nas horas de titoría o profesor guiará ao alumno na preparación do traballo final.
Sistema de evaluaciónPara a nota final da materia terase en conta a participación do alumno nas clases e na docencia interactiva (30%), o traballo efectuado polo alumno (30%) e a avaliación final de contidos (40%).
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno dedicará un mínimo de 51 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, e a búsquea bibliográfica e preparación de presentacións da docencia interactiva.
Recomendacións para o estudo da materiaA preparación da materia non presenta dificultades especiais.
A asistencia as clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa dedicación do tempo necesario a lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materiais entregados nas clases, así como a búsquea bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas, é suficiente para superar la materia.