Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2121204 - Epidemioloxía Ambiental (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BARROS DIOS, JUAN MIGUEL.SI
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivo principal:


    Coñecer o papel da Epidemioloxía ambiental como ferramenta metodolóxica para achegarse aos problemas principais de saúde pública asociados á contorna ambiental e saber identificar os problemas de saúde da comunidade, analisalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientales, sociales, económicos e legais) por meio da aplicación dos métodos epidemiolóxicos, e propor a adopción das medidas preventivas axeitadas, recoñecendo e valorando as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.


    Obxectivos específicos:

    Coñecer as aplicacións dos diferentes deseños epidemiolóxicos ao estudo dos riscos ambientais para a poboación humana.

    Coñecer os principais aspectos da análise epidemiolóxica de investigacións ambientais e da súa correcta interpretación.

    Revisar as evidencias máis actuais nas diversas áreas da saúde ambiental e as medidas preventivas e correctoras máis acaídas.

    Darlle ao alumno as ferramentas para poder analisar críticamente as situacións ambientais que supoñan un risco para a saúde.

    Contidos
    Introdución á Epidemioloxía ambiental (EA).
    Risco ambiental. Avaliación do risco.
    Exposición e efecto.
    Vixiláncia ambiental.
    Deseños específicos máis utilizados en Epidemioloxía ambiental.
    Aplicacións práticas da Epidemioloxía ambiental a problemas concretos: Axentes físicos, químicos e biolóxicos.
    Deseño dun estudo de EA.



    A) INTRODUCIÓN

    Epidemioloxía ambiental. Definición. Ámbito de aplicación. Evolución histórica: episodios máis relevantes.


    B) RISCO AMBIENTAL

    Concepto e tipos de riscos ambientais:

    1) Segundo a exposición:

    Acontecemento único localizado
    Evento localizado a longo prazo
    Risco difuso a longo prazo

    2) Pola natureza do axente:

    Riscos físicos
    Riscos químicos
    Riscos biolóxicos

    3) Pola magnitude do risco:

    Riscos maiores
    Riscos febles
    Riscos “diluídos”

    C) AVALIACIÓN DO RISCO. ETAPAS:

    Avaliación do potencial perigoso do axente ambiental (control do risco)
    Estimación da exposición na poboación (control da exposición)
    Estimación da relación dose-efecto (control da dose-resposta)
    Caracterización do risco

    D) EXPOSICIÓN:

    Concepto de exposición.
    Avaliación e medidas da exposición.
    Vías de entrada. Intensidade.
    Duración.
    Dose.
    Exposicións ocupacionais.


    E) EFECTOS DA EXPOSICION:

    Efectos valorados como resultado da exposición:

    Directos: morbilidade. Mortalidade. Cambios fisio-patolóxicos, etc.
    Indirectos: absentismo laboral, aumento de consultas urxentes e ingresos hospitalarios.


    F) VIXILÁNCIA AMBIENTAL

    Procedementos.
    Métodos.
    Indicadores.
    A Ecovixilancia e os Fenómenos Sentinelas de Saúde (SHE)
    Emprego dos marcadores biolóxicos na vixilancia ambiental de riscos febles.


    G) PRINCIPAIS DESEÑOS EPIDEMIOLÓXICOS NA INVESTIGACIÓN MEDIOAMBIENTAL:

    Relación hipótese / deseño epidemiolóxico.
    Extrapolación de resultados.
    Custo efectividade dos estudos en epidemioloxía ambiental
    Estudos experimentais.
    Estudos observacionais: Suxeitos individuais: cohortes. Casos e controis. Case-croos-over.
    Ecolóxicos.
    Metaanálise e análises combinadas.

    H) APLICACIÓN DA EPIDEMIOLOXÍA AMBIENTAL:

    Estudo de contaminantes específicos de maior actualidade:
    Axentes físicos
    Axentes químicos
    Axentes biolóxicos.


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA

    *Ahlbom A, Norell S. Fundamentos de epidemiología. 5ª ed. Siglo XXI de España Eds. Madrid, 2000.

    *Argimón JM, Jiménez J. Métodos de investigación aplicados a la atención primaria de salud. Harcourt Brace eds. Madrid, 1996.

    Bard D. Principes de l´évaluation des risques pour la santé publique liés aux expositions environnementales. Rev Epidém et Santé Publ 1995;43:423-431.

    Elliot P, Cuzick J, English D, Stern R, eds. Geographical and Environmental Epidemiology: Methods for Small-Area Studies. OUP, Great Britain, 1992.

    *Norell S. Diseño de estudios epidemiológicos.1ª de. Siglo XXI de España Eds. Madrid, 1994.

    OPS. El desafío de la epidemiología. Problemas y lecturas seleccionadas. Organización Panamericana de la Salud. Publ Cient. Nº 505. Washington-USA, 1988.

    Steenland K, Savitz DA. Topics in Environmental Epidemiology. OUP, New York, 1997.

    Wills JT, Briggs DJ. Developing indicators for environment and health. Wld statist quart 1995;48:155-163.
    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a matéria:

    O aluno estará en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analisalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientaiss, sociais, económicos legais), por meio da aplicación dos métodos epidemiolóxicos, e propor a adopción das medidas preventivas máis acaídas.

    Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade



    Competencias específicas de la materia:

    Ser quén de deseñar estudos epidemiolóxicos no marco ambiental e de interpretar os seus resultados.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases presenciais, o profesor resumirá os contidos do tema, remarcando os apartados, a bibliografía máis relevante e actualizada e os obxectivos que o aluno deberá acadar. Nas sesións de seminario, o profesor centrará o objectivo do mesmo con preguntas que promovan o diálogo, organizándose as tarefas en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipa. Daráse prioridade á búsqueda de materiais que se relacionen cos contidos teóricos.
    Sistema de evaluación
    Daráse prioridade á avaliación continua, valorando os traballos individuais de cada seminario e a capacidade de interación do grupo cun peso do 40% da calificación final. Os contróis periódicos dos contidos teóricos medirán os coñecimentos adquiridos cun peso que non excederá do 60% da calificación final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por cada hora de clase expositiva ou interactiva recoméndase adicar tres horas adicionais de traballo persoal do alumno.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás clases expositivas e interactivas e participación nas mesmas, así como ás titorías. Resolución e entrega dos traballos periódicos.