Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2121205 - Saúde Laboral (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GESTAL OTERO, JUAN JESUS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Capacitar ao alumno para:
    - Recoñecer os riscos relacionados coa actividade laboral e adoptar as medidas preventivas máis adecuadas para o seu control.
    - O deseño, análise e interpretación de estudios de epidemioloxía laboral.
    Contidos
    Horas expositivas (9):
    Conceptos xerais de saúde laboral. Organización da Pevención de Riscos Laborais na UE
    - Hixiene Industrial: Conceptos xerais; Contaminantes físicos, químicos e biolóxicos
    - Psicosociología Aplicada: Conceptos xerais
    - Lei de prevención de riscos laborais
    - Seguridade no traballo: Conceptos xerais; Accidentes de traballo
    - Riscos laborais do persoal sanitario
    - Ergonomía no traballo: Conceptos xerais; Manipulación manual de cargas, posturas forzadas, PVD
    - Danos a saúde de orixe laboral
    - Vixilancia da saúde

    Horas interactivas (12 horas):
    Deseño, análises e interpretación de estudios de epidemioloxía laboral
    Análises de riscos laborais específicos.

    Titorías (3 horas)
    Bibliografía básica e complementaria
    Sierra Lopez A. et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (11ª ed). Barcelona: Elsevier 2008.
    Gestal Otero JJ. Riesgos laborales del personal sanitario. 3ª ed. Madrid: Mac Graw Hill. Interamericana de España
    Presentacións e materiais facilitados na aula
    Competencias
    Competencias da titulación as que contribúe a materia:
    o Identificar os factores de risco que poden afectar a saúde e coñecer como éstos actúan.
    o Recoñecer e valorar as relacions entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
    o Estará en condicions de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizarlos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientaies, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodología epidemiolóxica, e propoñer a adopción das medidas preventivas más adecuadas.

    Competencias específicas da materia:
    o Recoñecer os riscos relacionados coa actividade laboral e as medidas preventivas máis adecuadas para o seu control, con atención especial aos riegos do persoal sanitario.
    o Saber diseñar, analizar e interpretar estudios de epidemioloxía laboral.


    Metodoloxía da ensinanza
    Na primeira sesión o profesor orientará sobre a bibliografía máis relevante para o estudo dos temas. Nas clases presenciais o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos
    Con anterioridade as sesións interactivas o profesor comunicará os obxectivos, facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a búsquea bibliográfica complementaria, e organizará traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo. O alumno deberá ter traballado previamente sobre o tema.
    As sesións interactivas serán moi activas e participativas asumindo o profesor o rol de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
    O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia.

    Sistema de evaluación
    Valorarase a participación nas clases e o traballo individual nas sesións interactivas (40% da nota final). O exame de contidos teóricos medirá os coñecementos adquiridos cun peso do 60% da nota final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno dedicará un mínimo de 51 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, e a búsquea bibliográfica e preparación de presentacións da docencia interactiva.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Realizar una lectura comprensiva de los materiales de clase y de la bibliografía recomendada, y reflexionar sobre los contenidos de la materia.
    A preparación da materia non presenta dificultades especiais.
    A asistencia as clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa dedicación do tempo necesario a lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materiais entregados nas clases, así como a búsquea bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas, é suficiente para superar la materia.