Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051621 - Clínica Médica (Prácticas Tuteladas e Traballo Fin de Grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 18.00
  • Total: 18.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 388.00
  • Horas de Titorías: 16.50
  • Total: 404.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Medicina
  • Áreas: Medicina
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GOMEZ-REINO CARNOTA, JUAN JESUS.NON
MARTINEZ VAZQUEZ, JOSE MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos destas prácticas son conseguir un adecuado nivel de competencia para o exercicio futuro da profesión e para iso deben adquirir coñecementos científicos, dominio de habilidades manuais, recoñecemento de problemas, seleccionar as probas complementarias para cada proceso, emitir un xuízo clínico e prescribir un tratamento racional. Ademais deben adquirir outras habilidades como recoñecer aspectos psicolóxicos ou sociais que afectan ao enfermo e aprender a aplicar unha serie de principios éticos: respecto polo paciente (información e consentimento informado), comunicación do diagnóstico e relación co paciente e os seus familiares.
    Contidos
    A materia de Clínica Médica ten lugar no último curso dos estudos de Grado (Curso Rotatorio), unha vez que os alumnos xa adquiriron os coñecementos teóricos que lles permitirán aproveitar esta disciplina
    Bibliografía básica e complementaria
    A mesma que a recomendada para as materias teóricas correspondentes ao área médica
    Competencias
    1. Debe saber interrogar a un paciente.
    2. Debe saber realizar unha exploración física e buscar signos físicos.
    3. Debe saber realizar as seguintes técnicas:
    a. Tomar a presión arterial.
    b. Facer unha punción venosa.
    c. Facer unha punción arterial e facer unha gasometría.
    d. Facer un electrocardiograma.
    e. Facer un tacto rectal.
    f. Colocar unha sonda nasogástrica e rectal.
    g. Facer unha glucemia capilar.
    h. Determinar corpos cetónicos en ouriña.
    i. Inxectar insulina.
    j. Implantar unha sonda urinaria.
    k. Facer un Mini Mental Test.
    4. Debe saber interpretar:
    a. Unha análise de sangue.
    b. Un electrocardiograma.
    c. Unha radiografía de tórax e de abdomen.
    d. Unha ecografía abdominal.
    e. Estado de nutrición dun paciente.
    f. Unha extensión de sangue periférica.
    g. Un líquido pleural, ascítico, sinovial e cefalorraquídeo.
    h. Unha TC cerebral.
    i. Un doppler carotídeo.
    j. Unha espirometría.
    k. Probas cutáneas de alergia.

    Metodoloxía da ensinanza
    Estará baseada na práctica clínica supervisada por facultativos especialistas dos distintos servizos hospitalarios
    Sistema de evaluación
    Avaliación continuada dos coñecementos e das actitudes do estudante polo Titor responsable. O Titor cualificará ao alumno entre 0 e 10 puntos, sendo necesarios 5 puntos para poder aprobar e presentarse ao exame que constará de duas partes:
    a) Exame de casos clínicos, que será de tipo test, con 5 respostas, só unha válida (as contestaciones erróneas substraerán puntuación, 1 por cada 3 erróneas).
    b) ACOE (Avaliación de Competencias Obxectiva Estructurada).
    A cualificación final será o resultado de: Cualificación do Titor x 0,4 + Exame de casos clínicos x 0,3 + ACOE x 0,3.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Cada alumno fai unha estancia de doce semanas consecutivas en unidades do área médica, realizando un mínimo de 4 gardas (388 horas presenciales e 56 horas de estudo persoal).