Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051624 - Clínica Pediátrica (Prácticas Tuteladas e Traballo Fin de Grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 134.00
  • Horas de Titorías: 5.50
  • Total: 139.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Pediatría
  • Áreas: Pediatría
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARREIRO CONDE, JESUS.NON
BAUTISTA CASASNOVAS, ADOLFO LAUREANO.NON
CASTRO GAGO, MANUEL.NON
COUCE PICO, MARIA DE LA LUZ.NON
COUSELO SANCHEZ, JOSE MIGUEL.NON
CUTRIN PRIETO, JUAN MANUEL.NON
FERNANDEZ LORENZO, JOSE RAMON.NON
FRAGA BERMUDEZ, JOSE MARIA.NON
Leis Trabazo, María Rosaura.SI
LOPEZ RIVAS, MANUEL.NON
MARTINEZ SOTO, MARIA ISABEL.NON
Martinón Sánchez, Jose María.NON
MARTINON TORRES, FEDERICO.NON
MENDEZ GALLART, ROBERTO.NON
RODRIGUEZ PEREZ, ELADIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O coñecemento do crecemento, a maduración e o desenvolvemento, a nutrición, os patróns de vida saudable e a guía anticipatoria da saúde para preservala e previr as enfermidades, os factores de risco ou de accidentalidade.
    • O coñecemento da desviación de saúde, das enfermidades, tanto no seu compoñente biolóxico como psicolóxico ou social, incluido clínica, diagnóstico, pronóstico e tratamento e a máis rápida e completa recuperación posible da vida persoal, familiar, escolar e social. Pola longa expectativa da vida do neno e o adolescente, calquera estratexia de prevención ten unha ratio custo/beneficio significativamente maior que en calquera outro período da vida.
    • A identificación do neno e o adolescente como diferente do adulto. O neno e o adolescente dispón cada vez a idades máis tempranas de información e coñecemento, que debe favorecer a súa conversión en coidador activo da súa saúde e benestar e da recuperación da enfermidade. Debe ser un interlocutor válido para o médico, sen diminuír un ápice o papel relevante dos pais, pediatras e profesores (as tres ps) no seu coidado, protección da súa saúde e educación.
    • Posta en contacto do estudante de medicina coa anamneses e a exploración física xeral e por aparellos no neno san e enfermo, así como coas técnicas diagnósticas e terapéuticas máis frecuentes na consulta pediátrica.

    Contidos
    A Pediatría, que inclúe ao período cronobiolóxico que transcorre desde a concepción ata a idade adulta (0-18 anos). É un período crítico desde o punto de vista biopsicosocial, xa que nel ten lugar o crecemento, a maduración e o desenvolvemento de órganos e aparellos, a capacidade reprodutiva, a conduta e o comportamento, a personalidade e as relacións sociais. A xenética e o ambiente, a natura e a nurtura, interactúan permanentemente determinando o seu futuro como adulto.
    Ten particularidades e especificidades que a fan especial, como a visión integral do paciente, as particularidades estruturais e funcionais de órganos e aparellos, a repercusión biopsicosocial das patoloxías, o feito de que o paciente dependa de terceiros e a dificultade para a obtención de datos para a historia clínica e a exploración do paciente, así como as limitacións legais do paciente para decidir e autorizar a realización de técnicas para os procedementos diagnósticos e terapéuticos. Estas características fan da Pediatría unha das especialidades con alto grado de responsabilidade, pero tamén unha moi atractiva, gratificante e formadora. O neno e o seu benestar físico, psíquico e social é sempre unha prioridade.

    Bibliografía básica e complementaria
    CRUZ (Manual de Pediatría, 3ª edición 2013)
    CRUZ (Tratado de Pediatría 10ª edición 2011)
    NELSON (Tratado de Pediatría 18ª edición 2008)
    NELSON PEDIATRICS 19th Edition (On Line)
    LISSAUER y CLAYDEN. Texto ilustrado de Pediatría. 3ª Ed., 2009

    De especialidades pediátricas:
    M. POMBO (Tratado de Endocrinología Pediátrica. 4ª Edición. Editorial McGraw-Hill Interamericana.Madrid 2009
    R. TOJO (Tratado de Nutrición Pediátrica. Edit. Doyma. Barcelona 2001)
    M. CASTRO-GAGO (Tratamiento de las enfermedades neurológicas en niños y adolescentes. Edit. Espaxs. Barcelona, 1999)
    Manual del Residente de Pediatría y sus Áreas Específicas. Guía formativa Crespo Hernández M, Brines Solares J, Cruz Hernández M, Delgado Rubio A, Garagorri Otero JM, Hernández Rodríguez M, Ruza Tarrío FJLitofinter, S.A. Madrid, 1997.Urgencias y Tratamiento del Niño Grave. Síntomas guía, técnicas y procedimientosCasado Flores J, Serrano A. Ergon, S.A. Madrid, 2000

    Cada titor clínico, se o estima conveniente, e en función dos temas e da súa actualidade, recomendará unha serie de bibliografía que deberá ser accesible para o alumno. Así mesmo, facilitarase a dirección de páxinas de Internet onde se poidan localizar os temas. Tanto na biblioteca da Facultade de Medicina como nos fondos bibliográficos do Departamento de Pediatría no Hospital Clínico Universitario como na propia biblioteca do Hospital existe unha completa dotación actualizada de libros e monografías de Pediatría e das súas especialidades.
    Competencias
    CONDUTAS XERAIS
    1.- Orientar a unha nai en relación coa conveniencia da lactancia materna.
    2.- Coñecer e saber comunicar, cales son os coidados hixiénicos para un recentemente nado normal ou de risco (alimentación, baño, postura, paseos, roupa, fumar, estimulación, etc.).
    3.- Coñecer cal é a cronoloxía da erupción dental. Cando resulta patolóxico e como orientalo.
    4.- Coñecer as normas de hixiene do lactante (baño, normas de soño, alimentación).
    5.-Períodos da alimentación infantil e recomendacións xerais en cada período.
    5.- Saber que facer ante un lactante, neno ou adolescente con febre.

    SABER FACER con competencia (rutinariamente e sen supervisión):
    1. Obtención e ordenación de datos anamnésicos pediátricos: a historia clínica (antecedentes da enfermidade actual, antecedentes patolóxicos e perinatales, vacinas, historia nutricional e alimentaria, aspectos sociais e culturais, antecedentes patolóxicos familiares).
    2. Sistematización da exploración clínica na idade infantil e adolescencia.
    3. Medida dos parámetros fisiolóxicos básicos (temperatura, pulso, TA, frecuencia respiratoria e cardíaca, semioloxía neurolóxica e sensorial).
    4. Primeiros coidados ao neonato no parto.
    5. Reanimación cardiopulmonar infantil básica.
    6. Valorar o crecemento e o desenvolvemento. Valorar carácteres sexuais secundarios e a súa normalidade.
    7. Obtención e extracción de mostras biolóxicas.
    8. Sondaxe nasogástrico.
    9. Sondaxe vesical.
    10. Valoración da idade ósea.
    11. Planificación e cálculo de dietas.
    12. Explorar as cadeiras dun neonato e dun lactante.
    13. Curas. Primeiras medidas ante unha lesión. Epistaxes. Medidas preventivas insolación.
    14. Valorar o equilibrio acedo-base e electrolítico.
    15. Calendario de vacinación: recomendación e aplicación
    16. Dosificación dos principais fármacos de uso pediátrico (antitérmicos, terapia da dor, convulsión, dificultade respiratoria).
    17. Explorar canle inguinal.
    18. Interpretación dos recontos hematolóxicos na idade pediátrica
    19. Interpretación dos estudos globais da hemostasia.


    Metodoloxía da ensinanza
    O alumno integrarase nun servizo de pediatría, baixo a supervisión directa dun titor clínico e participará nas actividades asistenciais e nas actividades docentes programadas como sesións clínicas, bibliográficas, etc.
    Labor individual dos alumnos e seguimento mediante as titorías implantadas polos Departamentos.
    En caso de dificultades, poderase solicitar un seguimento máis individualizado polo titor ou algún dos profesores da disciplina.

    Sistema de evaluación
    Avaliación continuada dos coñecementos e das actitudes do estudante polo Titor responsable. O Titor calificará ao alumno entre 0 e 10 puntos, sendo necesarios 5 puntos para poder aprobar e presentarse ao exame que constará de duas partes:
    a) Exame de casos clínicos, que será de tipo test, con 5 respostas, só unha válida (as contestacións erróneas substraerán puntuación, 1 por cada 3 erróneas).
    b) ACOE (Avaliación de Competencias Obxectiva Estructurada).
    A cualificación final será o resultado de: Cualificación do Titor x 0.4 + Exame de casos clínicos x 0.3 + ACOE x 0.3.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O desenvolvemento da materia realizarase no horario hospitalario de luns a venres, que poderá completarse con participación en guardias.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia e participación activa nas prácticas e nas sesións científicas organizadas polo Departamento. Libro de consulta. Material iconográfico e audiovisual. Procura de documentación bibliográfica actualizada.

    O alumno deberá adquirir regularmente as habilidades durante os períodos de rotación polas diferentes áreas docentes. Ademais, precisa dunha labor persoal e seguimento mediante as titorías implantadas polos Departamentos.