Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051625 - Clínica Psiquiátrica (Prácticas Tuteladas e Traballo Fin de Grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 134.00
  • Horas de Titorías: 5.50
  • Total: 139.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Psiquiatría
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ANGOSTO SAURA, TIBURCIO.NON
CANEDO MAGARIÑOS, MARIA CELIA.NON
DOMINGUEZ SANTOS, MARIA DOLORES.SI
IGLESIAS GIL DE BERNABE, FERNANDO.NON
SERRANO VAZQUEZ, MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    CLÍNICA PSIQUIÁTRICA
    Materia anual. 6 Créditos ECTS

    INTRODUCIÓN
    A materia Clínica Psiquiátrica ubicada no derradeiro curso dos estudos de Grao de Medicina, de modo que xa se adquiriron os coñecementos teóricos básicos para a aprendizaxe da devandita disciplina.
    • Estudos teóricos prácticos de Psicoloxía Médica
    • Estudos teóricos de Psiquiatría.
    Unha importante porcentaxe do alumnado terá cursado materias optativas complementarias:
    • Condutas Aditivas
    • Psiquiatría da Infancia a Adolescencia e Xerontopsiquiatría


    OBXECTIVOS
    1. TOMAR CONTACTO coa realidade dos Trastornos Psiquiátricos na práctica clínica a través do contacto directo cos doentes.
    2. CONTRIBUÍR á supresión do estigma que acompaña ó doente mental.
    3. UTILIZAR a linguaxe psiquiátrica básica e as técnicas elementais de exploración psiquiátrica.
    4. IDENTIFICAR os diferentes Trastornos Psiquiátricos, as súas características clínicas, evolución prognóstico e tratamento.
    5. PROFUNDIZAR no coñecemento de aqueles trastornos psiquiátricos que se presentan con maior frecuencia nos doentes somáticos (ambulatorios ou ingresados).
    6. ANALIZAR a información psiquiátrica recibida ante unha urxencia de modo suficiente como para dar unha resposta adecuada á mesma
    7. COÑECER os diferentes dispositivos de atención á Saúde Mental (intra e extrahospitalarios) e as características de traballo en equipos multidisciplinares que dan resposta á demanda psiquiátrica (médica e psicosocial) o que configura a intervención psiquiátrica na comunidade.



    Contidos
    PRIMEIRA UNIDADE TEMÁTICA
    1. Introducción conceptual e histórica acerca da Psiquiatría e perspectivas de evolución e futuro

    SEGUNDA UNIDADE TEMÁTICA
    2. Peculiaridades da exploración psiquiátrica: Entrevista/Historia Clínica, Psicometría, exploración médica complementaria
    3. Coñecemento básico das actuais clasificacións das doenzas psiquiátricas
    4. Coñecementos básicos de Psicoaptoloxía: A sintomatoloxía psiquiátrica

    TERCEIRA UNIDADE TEMÁTICA
    5. Coñecementos xerais da Etiopatoxenia, manifestacións clínicas, exploracións necesarias, diagnóstico clínico e diagnóstico diferencial, así como propostas de tratamento dos trastornos psiquiátricos mais frecuentes:
    Trastornos orgánico cerebrais con sintomatoloxía psiquiátrica: demencia, delirium
    Trastornos somáticos con factores etiolóxicos psicosociais: T. psicosomáticos
    Trastornos relacionados co consumo de alcol e outras substancias
    Trastornos psicóticos
    Trastornos afectivos
    Trastornos neuróticos, de adaptación e por estrés
    Trastornos da Personalidade e do control dos impulsos
    Urxencias Psiquiátricas

    CUARTA UNIDADE TEMÁTICA
    6. Coñecementos básicos de posibles intervencións preventivas e do actual desenvolvemento da Asistencia Psiquiátrica no ámbito específico da psiquiatría comunitaria

    Bibliografía básica e complementaria
    A) BIBL. BÁSICA
    1. BAÑOS, R.M.; PERPIÑÁ. C.: Exploración Psicopatológica. Editorial Síntesis; 2004, 141 pp
    2. BLACK, D. ANDREASEN, N.: Introducción a la Psiquiatría. Panamericana, 5ª Ed. 2012, 592 pp
    3. EGUILUZ, I.; SEGARRA, R.: Introducción a la Psicopatología. Panamericana 3ª Ed. 2012, 387 pp.
    4. ELKIN GD. Psiquiatría Clínica. Mexico: McGraw-Hill Interamericana; 2000. 352 pp. 5. GELDER MG, Geddes J, Mayou R. Oxford Psiquiatría de bolsillo. Madrid: Marbán; 2007. 470 pp.
    6. LOBO, A.: Psiquiatría General. Panamericana 2013, 706 pp.
    7. HALES ER, Yudofsky SC. Tratado de Psiquaitría Clínica. Amsterdam: Elsevier; 2009. 1664 p
    8. MOORE DP, Jefferson JW. Psiquiatría Médica. Madrid: Elsevier; 2005. 544 p
    9. SADOCK BJ, Sadock VA. Kaplan & Sadock Sinopsis de Psiquiatría (10ª ed.). Barcelona, Wolters Kluwer; 2008.1470 p.
    10. SADOCK BJ. Kaplan & Sadock Manual de Bolsillo de Psiquiatría Clínica. Barcelona: Wolters Kluwer; 2007. 474 p.
    11. ORTUÑO F. Lecciones de Psiquiatría. Buenos Aires. Editorial Médica Panamericana; 2010. 644p.
    12. VALLEJO RUILOBA J. Introducción a la psicopatología y la psiquiatría, (7ª ed). Barcelona: Elsevier Masson; 2011. 648p.

    B) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    1. GELDER M,LÓPEZ-IBOR JJ,ANDREASEN N.Tratado de Psiquiatría.Barcelona: Ars Médica; 2003. 3v.
    2. GOLDMAN HH. Psiquiatría General. México: Manual Moderno; 2001. 698 p.
    3. TALBOT JA y otros. DSM-IV. Tratado de Psiquiatría. Barcelona: Masson; 2000. 2v.
    4. VALLEJO RUILOBA J & LEAL CERCÓS, C. Tratado de psiquiatría. Barcelona: Ars Médica; 2011. 1196 p.
    5. VÁZQUEZ-BARQUERO JL (Editor). Psiquiatría en Atención Primaria. Madrid: Aula Médica; 2007. 970 p.
    6. SIMS A. Síntomas mentales: introducción a la psicopatología descriptiva. Madrid: Triacastela; 2008.495p

    Competencias
    O rematar o estudo da materia o alumno debe de estar capacitado para
    1. REALIZAR unha Historia Clínica Psiquiátrica completa
    2. REALIZAR a exploración psicopatolóxica do doente historiado
    3. INDICAR as exploraciones complementarias tanto médicas como psicolóxicas necesarias para realizar o diagnóstico.
    4. PROPOÑER a hipótese diagnóstica derivada da historia
    5. RESOLVER os diagnósticos diferenciais derivados da historia clínica e da hipótese diagnóstica.
    6. PROPONER alternativas de tratamiento para el enfermo atendido.
    7. AVALIAR a demanda de Urxencias Psiquiátricas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Incorporación as actividades diarias que se desenvolvan nos recursos de Saúde Mental nos que se incorpore o alumno.
    Presentación dun caso clínico ilustrativo das súas aprendizaxes.

    Sistema de evaluación

    Avaliación continuada dos seus coñecementos e das súas actitudes polo Titor/Titora responsable. O Titor/Titora cualificará ao alumno/a entre 0 e 10 puntos, sendo necesarios 5 puntos para poder aprobar e presentarse ao exame que constará de duas partes:

    a) Exame de casos clínicos, que será de tipo test, con 5 respostas, só unha válida (as contestaciones erróneas substraerán puntuación, 1 por cada 3 erróneas),

    b) ACOE (Avaliación de Competencias Obxectiva Estructurada).
    A cualificación final será o resultado de: Cualificación do Titor/Titora x 0,4 + Exame de casos clínicos x 0,3 + ACOE x 0,3.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Cada alumno disporá de catro semanas consecutivas de estancia nos dispositivos de Saúde Mental existentes no lugar da Comunidade Galega no que se acorde coa USC para a realización dlas prácticas clínicas, a estancia completarase con 2 gardas.
    Total: 134 horas presenciais e 12 horas de traballo persoal
    Recomendacións para o estudo da materia
    Retomar os coñecementos teóricos de Psicoloxía Médica, Psiquiatría Xeral e no caso de ter cursado as materias optativas da área de Psiquiatría tamén serán de aplicación para o estudo desta materia.
    Despois de participar na atención a un doente deberá solicitar orientación o seu titor/ ou titora para a revisión teórica do caso e elaboralo xa que polo menos un dos casos clínicos que coñeza deberá presentalo con argumentación teórica e bibliografica.