Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051626 - Rotación en Medicina de Familia e Comunitaria (Prácticas Tuteladas e Traballo Fin de Grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 134.00
  • Horas de Titorías: 5.50
  • Total: 139.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Medicina
  • Áreas: Medicina
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
TORRE CARBALLADA, JOSE ANTONIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos destas prácticas son conseguir incorporar valores profesionais de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico, así como a atención aos problemas de saúde máis prevalentes nas áreas de Medicina de Familia e Comunitaria.
    A rotación en Servizos de Medicina Familiar e Comunitaria ten lugar no último curso dos estudos de Grado (Curso Rotatorio), unha vez que os alumnos xa adquiriron os coñecementos teóricos que lles permitirán aproveitar esta disciplina.


    Contidos
    Os propios da medicina familiar e comunitaria no ambito da atención primaria
    Bibliografía básica e complementaria
    Montañés M, Casado V, Bonal PÁX. Medicina de Familia. Guía para estudantes. Ed. Ariel. Barcelona.2005.
    Competencias
    1. Actividades preventivas e promoción da saúde.
    a. Prevención, promoción e educación na saúde individual e comunitaria.
    b. A familia e o seu ámbito na xénese e resolución de problemas de saúde.
    c. Identificación de situacións de risco individual e comunitario en Atención Primaria.

    2. Toma de decisións clínicas:
    a. Anamnese e exploración física. Semioloxía de signos e síntomas principais en Medicina de Familia.
    b. Indicacións, interpretación e rendemento de probas diagnósticas complementarias frecuentes en Medicina de Familia.
    c. Abordaxe do tratamento farmacolóxico centrado no problema e as persoas.
    d. Habilidades instrumentais: cirurxía menor, vendaxes, venopunción e infiltracións.
    e. Manexo práctico das enfermidadesmáis prevalentes.
    f. Manexo dos problemas urxentes en Atención Primaria.

    3. Comunicación e ética:
    a. Elementos esenciais da Medicina de Familia, os seus valores profesionais.
    b. Bioética nas ecisiónsasistenciais da Atención Primaria.
    c. Habilidades instrumentais (comunicación co paciente, familia, comunicar malas noticias).
    d. Manexo de situacións difíciles en consulta.

    4. Xestión da actividade en Atención Primaria:
    a. Metodoloxía práctica para identificar problemas.
    b. Coordinación con outrosniveisasistenciais (interconsultas, criterios de derivación, informes).
    c. Manexo de sistemas de información e rexistro.
    d. Implantación de medidas de promoción da saúde e prevención da enfermidade.
    e. Abordaxe da atención domiciliaria.
    f. Peculiaridades do traballo do Médico de Familia: incerteza, problemas de saúde complexos, uso racional dos fármacos, relación coa asistencia especializada, traballo en equipo.
    g. Xestión e organización da actividade laboral e da burocracia.


    Metodoloxía da ensinanza
    Estará baseada na práctica clínica supervisada por facultativos de Atención Primaria en Centros de Saúde.
    Sistema de evaluación
    Avaliación continuada dos coñecementos e das actitudes do estudante polo Titor responsable. O Titor cualificará ao alumno entre 0 e 10 puntos, sendo necesarios 5 puntos para poder aprobar e presentarse ao exame que constará de duas partes:
    a) Exame de casos clínicos, que será de tipo test, con 5 respostas, só unha válida (as contestaciones erróneas substraerán puntuación, 1 por cada 3 erróneas).
    b) ACOE (Avaliación de Competencias Obxectiva Estructurada).
    A cualificación final será o resultado de: Cualificación do Titor x 0,4 + Exame de casos clínicos x 0,3 + ACOE x 0,3.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Cada alumno fai unha estanza de catro semanas consecutivas nun Centro de Saúde, realizando un mínimo de 1 garda (134 horas presenciais e 12 horas de estudo persoal).