Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2061142 - Bioquímica Bucodental Avanzada (Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 11.00
  • Clase Interactiva Seminario: 11.00
  • Horas de Titorías: 7.00
  • Total: 29.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME.SI
SOTO OTERO, RAMON.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecemento das novas perspectivas dos parámetros bioquímico en saliva e as súas aplicacións diagnósticas.
    - Coñecemento dos aspectos bioquímicos da película adquirida e placa dental.
    - Coñecemento das bases bioquímicas das distintas terapias utilizadas para o control da carie dental.
    - Coñecemento da base bioquímica das estratexias en uso paral a prevención da formación da placa dental e enfermidades asociadas.
    - Coñecemento dos efectos bioquímicos dos compostos fluorados en relación co desenvolvemento de carie, así como na formación de manchas dentais.
    - Coñecemento da acción bioquímica dos distintos compoñentes dos produtos destinados á hixiene bucodental.
    - Coñecementos dos aspectos bioquímicos que relacionan dieta, nutrición e carie dental.

    Contidos
    ESTRUTURA E COMPOSICIÓN QUÍMICA DO DENTE. Elementos constitutivos e estructuración do dente. Tecidos mineralizado e non mineralizados Propiedades do hidroxiapatito, fosfatooctocálcico pentahidratado e fosfatos cálcicos amorfos.

    ESMALTE. Composición e propiedades do esmalte. Tipos de esmalte. Características estruturais e propiedades do mineral do esmalte. Desmineralización e remineralización do esmalte.

    DENTINA E PULPA. Características xerais da dentina e tipos de dentina. Compoñentes inorgánicos da dentina. Compoñentes orgánicos da dentina e funcións. Características xerais e composición da pulpa. Aspectos bioquímicos do envellecemento pulpar.

    CEMENTO E ÓSO ALVEOLAR. Composición e características estruturais do cemento. Funcións do cemento. Composición e características estruturais do óso alveolar.

    LIGAMENTO PERIODONTAL. Estrutura e composición molecular do ligamento periodontal. Funcións das proteínas constituíntes do ligamento periodontal. Mobilidade dental e perda dental.

    BIOQUÍMICA DA SALIVA. Características xerais e funcións. Composición inorgánica da saliva e tampones salivales. Composición orgánica da saliva. Parámetros bioquímico en saliva de utilidade clínica.

    BIOQUÍMICA DA PELÍCULA ADQUIRIDA E PLACA DENTAL. Características e composición da película adquirida e da placa dental. Procesos bioquímicos que se desenvolven na placa dental.

    BIOQUÍMICA DA CARIE E ENFERMIDADE PERIODONTAL. Definición de carie dental. Requisitos necesarios para a aparición de carie. Efecto do pH sobre o apatito do esmalte e desmineralización cariogénica. Aspectos bioquímicos relacionados con nutrición e carie. Bioquímica da enfermidade periodontal.

    ASPECTOS BIOQUÍMICOS DA ACCIÓN DOS DENTÍFRICOS. Requisitos mínimos dos dentífricos. Compoñentes maioritarios, minoritarios e opcionais dos dentífricos. Mecanismo de actuación dos distintos compoñentes dos dentífricos.

    BIOQUÍMICA DO FLÚOR. Propiedades do flúor. Fontes dietarias. Metabolismo e toxicidade do flúor. Incorporación do flúor á rede cristalina do hidroxiapatito.

    Bibliografía básica e complementaria
    Facilitarase ao alumno a bibliografía e documentación necesaria para abordar os contidos e actividades relacionadas coa materia.
    Competencias
    Competencias específicas
    - Coñecer a bioquímica na que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
    - Ter coñecemento dos procesos moleculares fundamentais do aparello estomatognático.
    - Proporcionar un coñecemento das bases bioquímicas nas que se fundamentan os coidados orais e a prevención das enfermidades buco-dentarias.

    Competencias xerais
    - Promover a aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
    - Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
    - Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
    - Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparello estomatognático, a nivel molecular, nas distintas etapas da vida.
    - Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información biomédicas para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
    - Coñecer do método científico e ter capacidade para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese,colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.

    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva
    A docencia expositiva está concibida a fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.

    Docencia interactiva
    Realizaranse seminarios sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.

    Tutorías
    Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, ordenadores, espazo virtual da materia e outros medios que o profesor considere oportunos.

    Sistema de evaluación
    Exame final (60% da nota final)
    Utilizarase como proba evaluatoria un exame tipo test/pregunta curta que abarcará todos os aspectos relacionados cos contidos da materia.

    Avaliación continua (40% da nota final)
    Realizarase mediante controis periódicos da súa aprendizaxe e nivel de participación nas distintas actividades realizadas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial do alumno: 30 horas
    Traballo persoal do alumno: 45 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
    Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
    Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
    Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.