G2061143 - Topografía Craneofacial (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 29.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaProfundar nos coñecementos anatómicos especificos e adquirir as habilidades propias para a súa aplicación na práctica odontológica
ContidosMódulo 1: Anatomía topográfica de cabeza
Unidade 1: Anatomía topográfica do craneo
Unidade 2: Anatomía topográfica do cara
Módulo 2: Bases anatómicas aplicadas á odontoloxía
Unidade 3: Bases anatómicas dos bloqueos anestésicos
Unidade 4: Proxección en superficie das estruturas da cabeza. Fundamentos anatómicos da exploración física da cabeza
Unidade 5: Bases morfológicas da cefalometría radiolóxica
Módulo 3: Anatomía cirúrxica
Unidade 6: Técnicas anatómicas aplicadas á disección de rexións cefálicas
Bibliografía básica e complementariaBasica:
- Norton, Neil S. Netter: Anatomía de cabeza e colo para odontologos. Barcelona: Elsevier Doyma, 2007.
Complementaria:
- H. Rouviere, A. Delmas. Anatomía humana descritiva, topográfica e funcional. Tomo I. Cabeza e colo. Masson. 10ª edición
CompetenciasCompetencias xerais:
CG.07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
CG.08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
Competencias específicas:
CEMI.01. Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de:
? Embriología, anatomía, histología e fisioloxía do corpo humano.
? Xenética, Bioquímica, Bioloxía celular e molecular.
? Microbiología e inmunología.
CEMI.02. Coñecer a morfoloxía e función do aparello estomatognático, incluíndose contidos apropiados de embriología, anatomía, histología e fisioloxía específicos.
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva: consistirá no desarollo, por parte do profesor, dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica; mediante a utilización de medios audiovisuais e informáticos.
Docencia interactiva: nas clases prácticas o alumno desenvolvese, analizará e comprobase os contidos expostos na lección maxistral e adquirirá competencias no campo das habilidades e destrezas en relación coa práctica odontolóxica (diseccións, interpretacións radiolóxicas, recoñecemento de estruturas e rexións, esenciais para a aplicación de técnicas anestésicas e cirúrxicas
Sistema de evaluaciónA asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria
A avaliación efectuáse valorando:
- Exame Final tipo test de elección múltiple, que suporá o 50% da nota
- O 50% da nota restante obterase da nota obtida da práctica.
Tempo de estudo e traballo persoalPresenciais: 29 horas distribuídas en 12 horas expositivas; 14 horas de docencia interactiva e 3 horas de tutorias.
Traballo persoal: 46 horas distribuídas en 16 horas de estudo e 30 horas preparación das prácticas
Recomendacións para o estudo da materiaPreparación con antelación da práctica
Utilización de programas informáticos específicos da materia
Participar activamente nas clases presenciais.
Adquirir dominio dos temas iniciais sobre os que se construirá o resto da materia