Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2072101 - O Método Científico na Investigación en Odontoloxía (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 32.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Estomatoloxía
  • Áreas: Estomatoloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ALONSO DE LA PEÑA, VICTOR.NON
SUAREZ CUNQUEIRO, MARIA MERCEDES.NON
TOMAS CARMONA, INMACULADA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1.Coñecer as fases xerais do método científico na investigación.

    2.Coñecer os diferentes tipos de estudos científicos.

    3.Adquirir coñecementos estatísticos que contribúan á adecuada interpretación dos resultados científicos.

    4.Coñecer as fases que integran un manuscrito científico.

    5.Aplicar o método científico ao ámbito da Odontoloxía.

    Contidos
    1.Etapas e procedementos do método científico na investigación.

    2.Deseño de estudos de revisión da literatura científica.

    3.Deseño de estudos de investigación clínica.

    4.Principios básicos de investigación e estatística.

    5.Fases na elaboración dun manuscrito científico.

    6.Taller práctico sobre o método científico en Odontoloxía: análise crítica de manuscritos científicos.

    7.Taller práctico de bioestadística co programa informático SPSS: elaboración de bases de datos e aplicación de tests estatísticos.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    1)Fletcher RH, Fletcher SW. Epidemiología Clínica (4º Edición). Barcelona: Wolters Kluwer Health España, S.A., Lippincott Williams and Wilkins, 2008.

    2)Análisis estadísticos con SPSS 14: Estadística básica. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España, S.A.U., 2007.

    3)Díaz Narváez VP. Metodología de la investigación científica y bioestadística para médicos, odontólogos y estudiantes de Ciencias de la Salud. Santiago: RIL, editores, 2006.

    4)Hernández Sampien R, Fernández-Collado C, Baptista Lucio P. Metodología de la investigación (4ª edición). México: McGraw-Hill Interamericana Editores, 2006

    5)Calatayud J, Martín G. Bioestadística en la investigación odontológica. Madrid: Pues, S.L., 2003

    6) Ramón J. Métodos de investigación en Odontología. Madrid: Masson, 2000

    7)Polit DF, Hungler BP. Investigación Científica en Ciencias de la Salud. McGraw Hill Editores, 2000.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    Esta bibliografía consiste nun conxunto de artigos publicados na literatura científica especializada que serán detallados polos profesores nas actividades presenciais da materia. Algúns dos mesmos detállanse a continuación:

    1) Wood I, Jawad Z, Paisley C, Brunton P. Non-carious cervical tooth surface loss: a literature review. J Dent 2008;36(10):759-66.

    2) Bartlett DW, Shah P. A critical review of non-carous cervical (wear) lesions and the role of abfraction, erosion, and abrasion. J Dent Res. 2006;85(4):306-12.

    3) Ceruti P, Menicucci G, Mariani GD, Pittoni D, Gassino G. Non carious cervical lesions: A review. Minerva Stomatol. 2006 ;55(1-2):43-57.

    4) Peumans M, De Munck J, Van Landuyt KL, Poitevin A, Lambrechts P, Van Meerbeek B. A 13-year clinical evaluation of two three-step etch-and-rinse adhesives in non-carious class-V lesions. Clin Oral Investig. 2010 Oct 8. [Epub ahead of print]

    5) van Dijken JW. A prospective 8-year evaluation of a mild two-step self etching adhesive and a heavily filled two-step etch-and-rinse system in non-carious cervical lesions.Dent Mater 2010;26(9):940-6.

    Competencias
    1.Realizar análises críticas da literatura científica

    2.Deseñar diversos tipos de estudos científicos.


    3.Elaborar bases de datos e efectuar análises estatísticas básicos.


    4.Desenvolver un manuscrito científico no ámbito odontolóxico.

    Metodoloxía da ensinanza
    1) ACTIVIDADES PRESENCIAIS


    1.1.Clases expositivas (único grupo: aula docente). Horas= 12


    1.2.Clases interactivas: seminarios (único grupo: aula docente e aula de informática). Horas= 16


    1.3.Tutorías (2 grupos). Horas= 4 (2 grupos, total 8 horas)



    TOTAL DE HORAS PRESENCIAIS= 28

    1.4.Exame (único grupo: aula docente). Horas= 2

    Como indicación metodolóxica específica para a materia, sinalaremos o emprego de tecnoloxías da información e da comunicación, así como a utilización de programas informáticos específicos de tipo estatístico.

    Sistema de evaluación
    A cualificación de cada alumno farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. A avaliación continua farase por medio de traballos entregados e/ou presentados, participación do estudante no aula, tutorías ou outros medios que serán explicitados durante o desenvolvemento da materia. A valoración xeral das actividades realizadas polo estudante para outorgarlle a cualificación final será: asistencia e participación activa (60%) e coñecementos téoricos e prácticos do módulo (40%).


    Tempo de estudo e traballo persoal
    1)TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE

    1.1.Procura e estudo de materiais. Horas= 50
    1.2.Preparación de seminarios. Horas= 10

    TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL= 60

    Como indicación metodolóxica específica para ser aplicada durante o tempo de estudo e traballo persoal do estudante, sinalaremos o emprego de tecnoloxías da información e da comunicación, así como a utilización de programas informáticos específicos de tipo estatístico.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Como requisitos previos recomendados para o estudo da materia, destacamos posuír coñecementos de inglés técnico e de bioestadística.