Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2072102 - Odontoloxía baseada na Evidencia (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 32.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Estomatoloxía
  • Áreas: Estomatoloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GALLAS TORREIRA, MARIA MERCEDES.SI
ROMERO MENDEZ, MARIA AMPARO.NON
SEOANE LESTON, JUAN MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1.- Promover a aprendizaxe, práctica e avaliación da OBE.
    2.- Fomentar o espíritu de investigación e indagación dentro da profesión odontolóxica.
    3.- Promover o coñecemento dos diferentes tipos de evidencia.
    4.- Facilitar na profesión odontolóxica a toma de decisiones clínicas basadas na mellor evidencia disponible.
    5.- Reflexionar sobre a excelencia clínica.

    Contidos
    Odontología baseada na evidencia (OBE): enfoque metodolóxico e perspectivas clínicas.
    - Introducción a Odontoloxía baseada na evidencia.
    - Metodoloxía da Odontoloxía baseada na evidencia: principios básicos.
    - Búsqueda da evidencia, diferentes tipos de evidencia.
    - A Cochrane collaboration e a súa relevancia en Odontoloxía.
    - Fundamentos do razoamento crítico e empleo na OBE
    - Práctica clínica baseada na evidencia: desenrolo e uso da OBE na práctica clínica.
    - Perspectivas clínicas para o odontólogo xeneralista. Exemplos de aplicación clínica.


    Bibliografía básica e complementaria
    Jan Clarkson, Amid I. Ismail, Jayne E. Harrison, Helen Worthington. Evidence based dentistry for effective practice. Martin Durintz Ed. 2003.

    Allan A Hackshaw, Elizabeth A Paul, Elizabeth S Davenport. Evidence-based dentistry: an introduction. Blackwell Munksgaard Publishing Company, 2006.

    J L Forrest et al. Evidence-based decision making: a translational guide for dental professionals. Lippincoptt Willians & Willians Ed. 2008.

    Sackett DL, Straus SE, Richardson WS, Rosenberg W. Medicina basada en la evidencia. Cómo practicar y enseñar la MEB. Madrid: Elsevier. 2002.

    Competencias
    Competencias da titulación as que contribue a materia:

    - Adquirir unha visión ampla da investigación clínica.
    - Identificar a evidencia científica e determinar a calidade da mesma
    - Fomento do razoamento crítico.

    Competencias específicas da materia:

    - Contextualizar a OBE.
    - Desenvolver actitudes para a búsqueda da evidencia científica e a promoción da excelencia clínica
    - Coñecemento e comprension da metodoloxía básica da OBE.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases presenciais o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá acadar, presentará os aspectos máis relevantes dos temas a expor fomentando a participación e o debate dos alumnos.
    Con anterioridade os seminarios o profesor comunicará os obxectivos dos mesmos e facilitará a bibliografía básica orientando sobre a búsqueda da bibliografía complementaria. O alumno realizará unha lectura comprensiva e reflexiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada. E disporá das tutorías para presentar as dúbidas e subsanar as dificultades encontradas no estudo da materia.

    Sistema de evaluación
    Priorizarase a avaliación continua, valorando a asistencia (30%) e participación do estudante nas clases e nas tutorías (30%) e o traballo individual (nº intervencións, calidade, argumentación) nas sesións interactivas (15%). De selo caso realizarase unha proba final de contidos teóricos pero preferiblemte serán controles escritos (10%), actividades, proxectos e dominio das competencias (5%).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno adicará alomenos 70 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, e a búsqueda bibliográfica. Na preparación dos seminarios invertirá 10 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    E recomendable ter coñecementos previos básicos de Bioestadística e de deseño de estudos científicos e tamén de inglés técnico.
    A preparación da materia non presenta dificultades especiais se temos en conta as recomendacións.
    A asistencia as clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas conxuntamente coa adicación de tempo a lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materias entregados nas clases así como a búqueda bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas é suficiente para superar a materia.