Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2072107 - Investigación en periodoncia (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Estomatoloxía
  • Áreas: Estomatoloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Blanco Carrion, Juan.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. O alumno deberá adquirir coñecementos teóricos básicos sobre o deseño de estudos de investigación.
    2. O alumno deberá saber cómo se realiza unha revisión sistemática e en que consisten os talleres mundiais e europeos.
    3. Ensaio clínico en Periodoncia. Obxectivos e fases.
    4. Ter coñecemento dos factores de risco na periodontitis e tamén como a enfermidade periodontal pode ser un factor de risco para determinadas patoloxías sistémicas.
    5. Ter coñecemento da investigación que se leva a cabo na unidade docente de Periodoncia.
    6. Coñecemento das tendencias en rexeneración periodontal e na terapéutica con implantes.

    Contidos
    Deseño de estudos. Revisións sistemáticas en Periodoncia. Workshops europeos e mundiais.

    Ensaio clínico en Periodoncia.
    - Construcción aleatoria dos grupos de tratamento.
    - Asignación dos diferentes tratamentos aos grupos.
    - Mantemento da comparabilidade durante o ensaio.
    - Enmascaramiento. Avaliación dos resultados a cegas.
    - Análisedos resultados para comprobar si a relación
    entre as variables tratamento e resposta é estadísti-
    camente significativa.


    Análise do risco en Periodoncia. Medicina periodontal.
    - Factores / indicadores de risco.
    - Criterios de Hill.
    - Tipos de estudos.
    - Risco relativo / odds ratio.

    Últimas tendencias en rexeneración periodontal e en terapéutica con implantes.

    Bibliografía básica e complementaria
    Lindhe J., Karting T., Lang N.P. Clinical Periodontology and Implant Dentistry. 4ª ed. Blackwell-Munksgaard, 2003.
    American Academy of Periodontology. World Workshop in Periodontics. Annals of Periodontoly. 1996; 1: 1-947.
    European Federation of Periodontology. 4th European Workshop on Periodontology. Periodontal Practice. J ClinPeriodontol 2002; 29 (suplement 3): 1-233.
    Armitage,G.C. (1999). Development of a classification system for periodontal diseases and conditions. Annals of Periodontology, 4, 1-6.
    Lang,N.P. &Tonetti,M.S. (2003). Periodontal risk assessment (PRA) for patients in supportive periodontal therapy (SPT). Oral Health and Preventive Dentistry, 1, 7-16

    Competencias
    Para o cumprimento dos obxecivos arriba indicados o alumno deberá adquirir as seguintes competencias:
    - Coñecer os diferentes deseños de estudos científicos.
    - Ser capaz de elaborar un protocolo para un ensaio clínico en Periodoncia.
    - Identificar os factores de risco que afectan a periodontitis nun doente e identificar os riscos sistémicos da enfermidade periodontal.
    - Ser competente en técnicas rexenerativas tanto periodontais como periimplantarias.

    Metodoloxía da ensinanza
    Os contidos teóricos do programa exporanse nas clases téoricas (maxistrais). Nos seminarios discutiránse os artigos científicos publicados adaptados aos contidos do programa e farase unha análise crítica dos mesmos.
    Os alumnos por grupos realizarán un protocolo de ensaio clínico controlado e aleatorizado coa axuda dun tutor que terán que expor nunha sesión ao resto dos alumnos.

    Sistema de evaluación
    Levarase a cabo un examen final dos contidos teóricos do programa.
    Avaliarase a realización e presentación do traballo (protocolo de ensaio clínicocontrolado e aleatorizado).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Unha hora por cada clase teórica/expositiva.
    4 horas de traballo persoal para a realización do protocolo de investigación