P2062102 - Bioloxía Molecular (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar ao alumno unha revisión exhaustiva dos conceptos subxacentes, historia, problemas que se abordan na actualidade e proxección no futuro da Bioloxía Molecular. Estudaráse a anatomía do xenoma e a estrutura da cromatina, e se analizarán os procesos básicos de replicación, reparación e recombinación do DNA e os procesos de transcrición e tradución. Tamén se estudarán os mecanismos de pregamento, modificación, tráfico e degradación das proteínas. Revisarase o coñecemento actual da estrutura e organización do xenoma humano dende a escala nucleotídica ata a cromosómica. Farase especial fincapé na comparación entre xenomas de especies distintas como estratexia para o estudo da evolución, estrutura e función dos xenes e secuencias non codificadoras do xenoma humano e organismos modelo. Farase unha introdución ao manexo de ferramentas experimentais propias dos estudos en bioloxía molecular.
ContidosPARTE 1. DNA: ESTRUTURA, REPLICACIÓN Y REPARACIÓN
1. O DNA e o núcleo. Secuenciación de última xeración. Estrutura de xenes e xenomas. Histonas. Grados de empaquetamiento do DNA. Modificación covalente e subtipos de histonas. Modelos actuais de estrutura de cromatina. Tipos de cromatina e bases moleculares do seu establecemento. Proxecto ENCODE: técnicas utilizadas en genómica funcional.
2. Replicación do DNA. Mecanismo molecular da replicación. Maquinaria enzimática implicada en replicación. Iniciación da replicación. Regulación da estabilidade da horquilla de replicación. Cromatina e replicación. Replisomas. Elección das orixes de replicación: orixes “durmintes”. Molecular combing e outras técnicas de estudo da replicación do DNA.
3. Reparación e recombinación do DNA. Lesións do DNA. Tipos de reparación. Reparación de rupturas de dobre hebra por recombinación homóloga. Recombinación homóloga: mecanismos xerais e os seus múltiples usos na célula. Transposición e recombinación conservativa específica de secuencia.
PARTE 2. EXPRESIÓN XÉNICA
1. Transcripción. Introdución á expresión xénica eucariota. O proceso da transcripción e os seus compoñentes. Síntese de hnRNAs. Maduración, transporte e localización de mRNAs. O proceso da tradución e os seus compoñentes. Plegamiento, modificación, tráfico e degradación de proteínas.
2. Regulación da transcripción. Introdución á regulación da expresión xénica e puntos de control. Estrutura da cromatina e actividade transcripcional. Elementos e factores reguladores da transcrición. Mecanismos de regulación da transcrición. Casos singulares de control de transcrición.
3. Regulación post-transcripcional. Control pretraduccional. Regulación da tradución eucariota. O sistema do interferón como exemplo de regulación integrada da expresión xénica.
Bibliografía básica e complementaria-ALBERTS, B., A. JOHNSON, J. LEWIS, M. RAFF, 2008 THE MOLECULAR BIOLOGY OF THE CELL GARLAND PUBLISHING.
-LEWIN, B. 2008 Genes IX. Oxford University Press
-PAGEL and A. POMIANKOWSKI (Ed.), 2008 Evolutionary genomics and proteomics. Sinauer Associates Inc., Sunderland, MA.
-WEAVER, R. F., 2008 Molecular Biology.McGraw-Hill International Edition
(Empregaránse tamén artigos científicos de actualidade e de relevo específico para cada unha das partes da materia)
Competencias1. Poder emitir xuízos sobre hipóteses, propostas experimentaís ou experimentos no campo da Biología Molecular
2. Familiarizarse cas técnicas mais importantes nos campos da Biología Molecular
3. Poder diseñar experimentos nestes campos para responder a preguntas relevantes
4. Coñecer os fundamentos da investigación na Biología Molecular
5. Presentar as principais estratexias para a identificación de motivos funcionais a escala xenómica
Metodoloxía da ensinanza 1. Clases teóricas.
2. Seminarios. Discusión colectiva dunha selección de artigos científicos relevantes para os temas do curso a proposta dos alumnos e profesores, que os exporán individualmente.
Sistema de evaluación1. Exame teórico de preguntas curtas para que o alumno teña a posibilidade de demostrar o dominio conceptual adquirido (ata 5 puntos)
2. Presentación dun artigo científico: valorarase a comprensión do estudo presentado e a claridade na exposición (ata 5 puntos)
3. A participación, con preguntas, comentarios e opinións, valorarase con ata 1/5 da nota final (ata 2 puntos)
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 7 (T), 14 (S), 1 (Tut), 4 (examen)
Horas traballo autónomo:21 (T), 28 (S)
TOTAL: 26 presenciais +49 (autónomo)= 75
T= teóricas
S= seminarios
Tut= tutorías
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a clase y seminarios
ObservaciónsOs tres idiomas oficias do curso son o galego, o castelán e o inglés. Déixase a potestade do profesor o uso indistinto de calquera deles