Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2062204 - Bioloxía de sistemas (Materias Optativas do 1º Semestre) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeometría e Topoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Xeometría e Topoloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GOMEZ TATO, ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Poñer de manifesto o valor científico dos modelos matemáticos aplicados aos sistemas biolóxicos e ensinar ao estudante a utilidade teórica e práctica da modelización.

    - Mostrar ao estudante algúns dos principais métodos e instrumentos de modelización matemática.

    Contidos
    1. Introdución á bioloxía de sistemas. Conceptos básicos. Bases de datos relacionadas.
    2. Métodos de reconstrución de circuítos xenéticos. Reconstrución de circuítos metabólicos.
    3. Representación matemática de circuítos xenéticos mediante grafos. Propiedades topolóxicas do grafo e interpretación biolóxica das mesmas.
    4. Representación e análise de circuítos xenéticos mediante ecuacións diferenciais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Alon, U. An introduction to Systems Biology, Chapman & Hall/CRC, 2007, USA.
    Bower, J. & Bolouri, H. (Eds.) Computational Modeling of Genetic and Biochemical Networks, MIT Press, 2001, USA.
    Palsson, B. Systems Biology, Cambridge Univ. Press, 2006, USA.

    Competencias
    Ao finalizar o curso, o alumno saberá que existen diversos tipos de modelos matemáticos que permiten analizar as interaccións entre os distintos compoñentes das células. Poderá interpretar e analizar algún deles. Coñecerá a utilidade e a necesidade do uso de modelos de redes na bioloxía actual. Utilizará algunha das bases de datos dos modelos coñecidos ata o momento. En particular, do amplo espectro de posibles modelos, estudará un sinxelo: un grafo, e un dos máis complexos: un sistema de ecuacións diferenciais. Para ambos os casos, saberá:
    1. Que tipo de datos e que técnicas úsanse para a reconstrución dunha rede xenética ou metabólica.
    2. Interpretar ambos os modelos.
    3. Facer unha análise elemental de ambos os tipos de modelos.
    4. Interpretar os resultados obtidos na análise.

    Metodoloxía da ensinanza
    Buscarase a comprensión por parte do alumno da necesidade de utilizar os modelos matemáticos mediante a lectura de artigos científicos e o uso das principais bases de datos de circuítos xenéticos para coñecer a situación actual.

    Sistema de evaluación
    Lectura e presentación de artigos recentes.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Un total de 3 horas semanais