P2062205 - Animais de experimentación (Materias Optativas do 1º Semestre) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía
- Áreas: Fisioloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Proporcionar a formación teórica sobre o deseño dos distintos tipos de vectores utilizados na xeración de animais modificados xeneticamente (AMX).
- Proporcionar o coñecemento acerca das principais técnicas de transferencia xénica.
- Proporcionar o coñecemento e a capacitación do alumno para o manexo da bibliografía básica.
- Adquirir a capacidade de emitir xuízos sobre a bibliografía relacionada coa materia, así como sobre a hipótese e propostas experimentais ou experimentos xa realizados, tanto no que se refire á súa validez científica como sobre os seus aspectos éticos e sociais.
Contidos1. Introdución á utilización de animais modificados xeneticamente (AMX). Tipos de AMX.
2. Aspectos éticos específicos da utilización de AMX.
3. Ratos modificados xeneticamente (RMX). Ratos transxénicos. Xeración de ratos transxénicos mediante microinxección de DNA en pronúcleos de oocitos fertilizados. Outros métodos de xeración de ratos transxénicos (infección viral, manipulación de células ES). Ratos knock-out. Xeración de ratos knock-out mediante agregación ou microinyección de células de ES. Modelos condicionais. Outros tipos de RMG. Ratos knock-in. Utilización da tecnoloxía de RNAi na xeración de RMG: ratos knock-down.
4. Illamento do xen de interese. Utilización dos recursos bioinformáticos dispoñibles necesarios para o estudo previo ao deseño do vector utilizado para a xeración do RMX. Obtención e subclonado da secuencia de interese. Construción do vector. Deseño e xeración dos vectores necesarios tanto para a obtención de animais transxénicos como a de ratos knock-out, knock-in e modelos condicionais. Xeración de RMX. Produción de DNA de alta calidade que permita tanto o seu posterior microinyección en pronúcleos de oocitos fertilizados como para a modificación xenética mediante recombinación homóloga de células ES. Xenotipado dos animais. Xenotipados mediante análise do DNA: Southern Blot ou PCR.
5. Mantemento de colonias de RMX. Instalacións, equipos, coidados e manexo. Requirimentos específicos do estado sanitario. Repercusión da utilización de RMXs sobre o deseño experimental.
6. Caracterización fenotípica de modelos animais. Aproximacións á análise fenotípico. Efectos prenatales e postnatales. Influencia do fondo xenético sobre o fenotipo. Técnicas e exemplos de fenotipado de sistemas.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Kaufman,M.H. & Bard,J.B.L. (1999). The Anatomical Basic of Mouse Development. Academic Press.
Papaioannou VE, Behringer RR. (2005) Mouse Phenotypes. A handbook of mutation analysis. CSHL Press.
Popesko P, Rajtova V, Horák J. (1992) A colour Atlas of anatomia of small laboratory animals. Vol. 2: Rat-Mouse-Hamster. Wolfe
Tymms MJ , Kola I (2001). Gene Knockout Protocols. Ed. Humana Press.
Holland, EC. (2004) Mouse Models of Human Cancer. Ed. Wiley-VCH Verlag GmbH & Co. KGaA
Bibliografía complementaria:
Nature Biotechnology
Trends in Biotechnology
Current Opinion in Biotechnology
Transgenic Research
Animal Reproduction Science
Recursos web:
http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/
http://emice.nci.nih.gov/emice/
http://www.eumorphia.org
http://www.bugalicia.org
http://busc.usc.es
Outros materiais de apoio:
Material que o profesorado facilite aos alumnos/as a través da plataforma CampusVirtual
http://www.usc.es/campusvirtual/
CompetenciasCompetencias xeráis:
* Competencias instrumentais
Uso das ferramentas necesarias para a procura de información: manexo de recursos electrónicos e publicacións periódicas.
Deseño de estratexias para a resolución de problemas ou cuestións
Manexo da terminoloxía adecuada (linguaxe científica).
Capacidade de exposición tanto oral como escrita de datos ou información científica.
* Competencias sistémicas
Desenvolvemento del sentido crítico da/do alumna/o. Imbuír na/no alumna/o o concepto da “mutabilidade” do coñecemento, especialmente en disciplinas científicas nas que este se actualiza a gran velocidade.
Desenvolvemento do espírito científico.
* Competencias interpersonais.
Desenvolvemento de capacidades relacionadas coa interacción e o traballo en grupo.
Competencias específicas
- Coñecemento das principais técnicas de transferencia xénica
- Deseño de distintos tipos de vectores
- Coñecemento das aplicacións prácticas destas técnicas
- Coñecemento de bibliografía básica
- Capacidade de comentar e resumir artigos relacionados coa manipulación xenética
Competencias básicas
De acordo co establecido no R.D. 1393/2007 (punto 3.4 do Anexo I) garantiranse as seguintes competencias básicas:
- Que os estudantes teñan demostrado unha compresión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con o dito campo.
- Que os estudantes teñan demostrado a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica.
- Que os estudantes teñan realizado unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación referida a nivel nacional e internacional.
- Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das súas áreas de coñecemento.
- Que se lles supoña capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social e cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas:
Constitúen a opción metodolóxica principal para a adquisición de coñecementos. Seguen o modelo clásico de lección magistral.
Seminarios:
Tratan de cubrir aspectos directamente relacionados coa materia, pero que non forman parte do seu corpo central. Realizaranse utilizando un formato que favoreza a utilización das ferramentas necesarias para a búsqueda de información e das capacidades relacionadas coa interacción e o traballo en grupo. Os alumnos deberán recoller información referente aos temas de seminario propostos, realizar unha exposición pública e responder ás cuestións que se lles susciten (tanto polos seus compañeiros como polos profesores).
Sistema de evaluaciónEvaluación continua e exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades Horas presenciais Horas traballo autónomo Total
Clases teóricas 7 21 28
Seminarios 14 28 42
Titorías 1 - 1
Exame e revisión 4 - 4
Total 26 49 75
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecementos previos en bioloxía celular e molecular.
ObservaciónsOs tres idiomas oficiais do curso son o galego, o castelán e o inglés. Déixase a potestade do profesor o uso indistinto de calquera deles.