Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2062208 - Bioloxía do desenvolvemento (Materias Optativas do 1º Semestre) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Bioloxía Celular
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ANADON ALVAREZ, RAMON.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionarlle ao alumno unha aproximación comprensible dos procesos que teñen lugar durante o desenvolvemento ó nivel anatómico, celular, molecular e de expresión xénica.
    Contidos
    INTRODUCIÓN Á BIOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO. Antecedentes históricos. Conceptos básicos. Organismos Modelo. Etapas do desenvolvemento humano. Principais métodos de estudio.

    GAMETOXÉNESE. Orixen das células xerminais. Comparación entre espermatoxénese e ovoxénese. Bioloxía dos espermatozoides. Control hormonal e paracrino da espermatoxénese. Ovoxénese. Diferenciación do folículo e do ovocito. Cubiertas do óvulo. Maduración, selección dos folículos e ovulación. Control hormonal e paracrino.

    FECUNDACIÓN. Etapas e tipos. Capacitación do espermatozoide e aproximación ao óvulo. Bioloxía do recoñecemento, contacto e fusión dos gametos nos mamíferos. Prevención da polispermia. Fusión dos pronúcleos. Activación do ovo e comenzo da etapa de segmentación. Polispermia a as suas consecuencias. Partenogénesis

    SEGMENTACIÓN. Tipos de segmentación. Mecanismos da segmentación. Regulación da segmentación. Organización e propriedades do embrión durante a segmentación. A segmentación nos mamíferos euterios: formación e bioloxía do blastocisto e os seus compoñentes. Implantación do embrión.

    GASTRULACIÓN. Movimentos celulares básicos da gastrulación. Idea da gastrulación no ourizo de mar, anfioxo, anfibios e nas aves. Mapas de territorios presuntivos nos anfibios e aves. O caso da gastrulación en mamíferos: formación do embrión bilaminar e trilaminar. Aceleración diferencial dos procesos.

    BASES CELULARES E MOLECULARES DA MORFOXÉNESE. Forma celular, movementos morfoxenéticos. Interacciones celulares. Adhesión celular no desenvolvemento e moléculas mediadoras. Citoesqueleto. Polaridad celular. Migracions celulares.

    PROGRAMA DO DESENVOLVEMENTO. Constancia xenómica e transplante nuclear: experimentos nos anfibios e mamíferos. Idea xeral da especificación e diferenciación das células. O ADN durante o desenvolvemento. Importancia das regiones xénicas reguladoras. Impronta xenética e a su herencia nos linaxes celulares. Células nai e pluripotencia. Reversibilidade da diferenciación: Células nai inducidas e reprogramación xénica.

    EXPRESIÓN XÉNICA DIFERENCIAL DURANTE O DESENVOLVEMENTO TEMPERÁN. Xenes do desenvolvemento na mosca do vinagre (Drosophila) e formación do patrón axial e dorsoventral. Conservación do patrón xénico do desenvolvemento en animais.

    EMBRIOLOXÍA EXPERIMENTAL NOS VERTEBRADOS. Descubrimiento da inducción e os fenómenos de regulación. O organizador nos anfibios. Formación dos eixos do embrión. Gradientes. Organizador e centros sinalizadores en amniotas. Comparación cos mamíferos.

    MOLÉCULAS SINALIZADORAS E RECEPTORES DURANTE O DESENVOLVEMENTO. Factores de transcripción. Moléculas de superficie. Efectores intracelulares. Redes moleculares e xenes implicados.

    MEMBRANAS EXTRAEMBRIONARIAS NOS AMNIOTAS. Membranas extraembrionarias nas aves. Formación das membranas extraembrionarias e da placenta en mamíferos. Tipos de placentas. Bioloxía da placenta.

    DESENVOLVEMENTO DAS PARTES DO EMBRION. ECTODERMO NEURAL: neurulación, crestas neurales. Neuroxénese. Inducción e especificación das partes do sistema nervioso central. Xenes e mecanismos implicados.

    A CRESTA NEURAL. Funciones organizadoras da cresta. PLACODAS CEFÁLICAS. Derivados placodales. Bioloxía do desenvolvemento das placodas. O ECTODERMO CUTÁNEO. A pel e outros derivados cutáneos. Bioloxía do desenvolvemento.

    MESODERMO. Diferenciación e segmentación do mesodermo. Especificación e diferenciación dos somitas. Redes xénicas e interaccions implicadas. Placa mesodérmica lateral. Desenvolvemento do cor, sistema vascular e sanguíneo: Bioloxía do desenvolvemento. Mesodermo intermedio. Desenvolvemento do sistema uroxenital.

    ENDODERMO. Formación e diferenciación rexional do endodermo. O endodermo como centro director da diferenciación de outras estructuras. Derivados endodérmicos.

    DESENVOLVEMENTO DAS EXTREMIDADES. Formación do patrón. Bioloxía das interacciones entre derivados ectodérmicos e mesodérmicos. Establecimiento do patrón da extremidade. Morte celular programada na extremidade en desenvolvemento.

    DETERMINACIÓN DO SEXO. Determinación cromosómica do sexo e determinación por factores ambientais. Determinación dos caracteres sexuales primarios e secundarios nos mamíferos. Orixe das células xerminais.

    DESENVOLVEMENTO FETAL E POSNATAL. Crecimiento e maduración. Interaccions hormonais. BIOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO E MEDICINA.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía: (Chave: BB, Biblioteca de Bioloxía; BE, Biblioteca de Enfermería; BF, Biblioteca de Farmacia; BM, Biblioteca de Medicina)

    Bioloxías do Desenvolvemento

    - Gilbert, Scott F. 2006. Developmental Biology, 8ª Edicion. Sinauer. (Otras ediciones útiles: 6ª (2000) y 7ª (2003). BM, BB
    - Gilbert, Scott F. 2006. Biología del Desarrollo. Panamericana, 2005 (7ª edicion). BB
    - Wolpert, L., Beddington, R., Jessell, T., Lawrence, P., Meyerowitz, E., Smith, J. Principles of Development, Oxford UP. 3ª Edicion. 2007 (BB). 2ª Ed. 2002 (BB), 1ª Ed, 1998 (BB)
    - Wolpert, L. y otros. Principios del Desarrollo. 3ª Ed. Médica-Panamericana. BE, BB
    - Martínez Arias, Alfonso, 2002. Molecular Principles of Animal Development. Oxford. BB.
    - Stern, C.D: (ed.) Gastrulation: from Cells to Embryo. Cold Spring Harbor Press, 2004. BB.
    - Browder, L.W. Developmental Biology: a Comprehensive Synthesis. 1985. BB.

    - Bard, J.B.L. Embryos: Color Atlas of Development. 1994. BB.
    - Saunders, J.W. Developmental Biology: Patterns, Problems, Principles. McMillan. 1982. BB.
    - Génis Gálvez, J.M. Biología del Desarrollo: Fundamentos de Embriología. Espaxs. 1970. BB, BM.

    Embrioloxías Humanas e Bioloxías do Desenvolvemento

    - Carlson. Embriología Humana y Biología del Desarrollo. 4ª Edicion (2009). Elsevier. BB, BE, BM. 2ª Ed. Harcourt. BB, BF. 3ª Ed, Mosby-Elsevier (2005)
    - Carlson. Embriología Básica de Patten. Interamericana. 1990. BB.
    - Schoenwolf. Larsen’ Human Embryology, 4ª Ed. Churchill-Elsevier. 2009.
    - Moore, K. Embriología Clínica, 8ª Ed. 2009 (y otras anteriores). BM.
    - Moore, K, Persaud. Embriología Básica, 1995. BB, BM
    - Sadler. Langman, J. Embriología Medica. con Orientación Clínica. Ed. Médica Panamericana, 10ª Ed. 2007, y otras anteriores (2004, 2001). BM, BE.

    Recursos Web

    Society for Developmental Biology:
    http://www.sdbonline.org/

    http://www.sdbonline.org/index.php?option=com_content&task=section&id=3&Itemid=61

    http://www.sdbonline.org/index.php?option=com_content&task=view&id=14&Itemid=19

    Mouse Genome Database and Mouse Locus Catalogue, The Jackson Laboratory, Bar Harbor, ME. Recursos genéticos sobre el ratón, modelos de enfermedades humanas:
    http://research.jax.org/resources/index.html

    Caltech µMRI Atlas of Mouse Development
    http://mouseatlas.caltech.edu/

    Dynamic Development (U. de Calgary)
    http://people.ucalgary.ca/~browder/virtualembryo/dev_biol.html

    The Zebrafish Book
    http://zfin.org/zf_info/zfbook/zfbk.html

    Recursos Xenerais:

    PubMed:
    http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/

    http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books?term=embryo


    Competencias
    Ó rematar o curso, espérase que o alumnado de esta materia
    -Dispoña dunha aproximación comprensible dos procesos básicos que teñen lugar no desenvolvemento dun individuo ao nivel anatómico, celular, molecular e de expresión génica, a través da análise dos resultados dos experimentos que foron cruciais para o avance da Bioloxía do Desenvolvemento.
    -Sexa capaz de identificar as etapas de desenvolvemento embrionario características dos principais organismos modelo e describilas dende as etapas temperás ate o estado de plan corporal básico.
    -Coñeza os métodos de estudio na investigación en desenvolvemento e a súa aplicación.
    -Sexa capaz de aplicar os principios teóricos aprendidos á práctica.
    -Manexe as fontes de información e a bibliografía xeral e especializada relacionada coa materia.
    -Coñeza a terminoloxía específica da materia e a utilice de forma fluída e con propiedade na comunicación escrita e oral.
    -Amose habilidade para traballar de forma autónoma e en grupo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizaranse:
    - Clases maxistrais.
    - Seminarios impartidos polos alumnos. Os seminarios son obrigatorios. Cada alumno deberá expoñer, defender e presentar por escrito os traballos que lle será asignados polo profesor. Tamén deberá participar activamente durante as presentacións dos seus compañeiros mediante a formulación de cuestións que estimulen o debate.
    - Titorías (dúas titorías de 1 h cada unha).
    - A USC Virtual será utilizada para facilitar o acceso ás presentación do profesor nas clases maxistrais, así como ós resumos das presentacións dos alumnos nos seminarios.

    Sistema de evaluación
    - Os alumnos deben superar un examen que representará ó 30% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
    - Os alumnos deben participar activamente nas clases y tambén nos debates que se promoverán nos seminarios. Os seminarios consistirán na elaboración e presentación de traballos individuais e en grupo, bien de temas xeraies o de análisis de artigos de investigación. Esta actividade suporá ó 60% sa nota final.
    - A asistencia a clase también se terá en conta e suporá ó 10% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Teoría: 15 horas presenciais e 15 horas de traballo persoal
    (horas totais: 30).
    - Asistencia, preparación e exposición de seminarios: 9 horas presenciais e 47
    horas de traballo persoal (horas totais: 56).
    - Titorías : 2 horas presenciais (horas totais: 2).
    - Realización de exames: 2 horas presenciais (horas totais: 2).

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e participación activa na clase.
    - Estudo utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida nas clasea (é fundamental que o estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
    - Estudo e revisión semanal da materia dada, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida nas clases.
    - Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
    - Repaso para o exame final.