Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2062210 - Bases biolóxicas do cancro (Materias Optativas do 2º Semestre) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Fisioloxía, Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
  • Áreas: Fisioloxía, Anatomía Patolóxica
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ VILLAMARIN, MARIA CLARA.NON
Fraga Rodríguez, Máximo.SI
Perez Fernandez, Roman.NON
VIDAL FIGUEROA, ANXO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Neste curso, os alumnos han familiarizarse coa investigación das base biolóxicas do cancro e, especialmente, co estudo da bioloxía da célula cancerosa.
    Específicamente, estudiarase a nomenclatura dos distintos tipos de tumores, e aprenderase a distinguir tumores benignos de malignos, e a definir as características biolóxicas dos tumores malignos. Ademáis, familiarizarse cos modelos máis relevantes da investigación do cancro, tanto in vitro e in vivo, para que teña as ferramentas necesarias para a posta en marcha dun estudo sobre calquera aspecto da bioloxía das células tumorais, e que se poida entender e criticar experimentos realizados sobre este tema. Tamén se abordarán no curso os máis relevantes cambios moleculares que fundamentan o comportamento das células do cancro, para que os alumnos aprendan como actuan os oncoxenes e xenes supresores mais importantes, mentres se repasa a literatura que xerou ese coñecemento e se familiarizan aínda máis cos experimentos deste campo científico. O curso continúa coa aplicación dos coñecementos adquiriridos ao estudo de dous importantes procesos na bioloxía do cancro, a oncoxénese e resposta á terapia anti-cancro. Finalmente, os alumnos deben ser introducidos na bioloxía dos cancros máis importantes, para aprender a aplicar o seu coñecemento a tipos específicos de cancro, e terá información sobre alteracións moleculares específicas dos cancros que non son abordados nos temas anteriores.

    Contidos
    1. Introdución ao cancro. Conceptos xerais. Principais manifestacións de tumores. Tumores benignos e malignos. Nomenclatura. Características morfolóxicas e biolóxicas dos tumores malignos.
    2. Oncoloxía experimental: un enfoque experimental para o estudo do cancro. Uso de células en cultivo e modelos animais na investigación do cancro. Técnicas xenómicas e bioinformática na investigación do cancro. Outros enfoques.
    3. Etioloxía do cancro: carcinoxénese química, física e viral. Predisposición xenética ao cancro.
    4. Epidemioloxía clínica e molecular do cancro.
    5. Xenética do cancro. Oncoxenes e xenes supresores tumorais. Mutacións conxénitas e adquiridas. Epixenética do cancro.
    6. Bioloxía celular e molecular do cancro. A proliferación anormal das células cancerosas. Alteración da senescencia e apoptose. Bases molecular de metástase e anxioxénese. Causas da inestabilidade xenómica do cancro.
    7. Patoloxía molecular e diagnóstico molecular do cancro.
    8. Terapia antineoplásica. Cirurxía. Axentes quimioterápicos. Familias e os mecanismos de acción. Efectos biolóxicos da radioterapia. Terapia biolóxica.
    9. Bioloxía dos cancros máis comúns. O cancro de pulmón. Cancro de mama e de ovario. Cancro de colon. Leucemias e linfomas. Outros tipos de cancro.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Alberts B et al. Molecular Biology of the Cell. 2007. Fifth ed. Garland Science.
    deVita VS et al. Cancer: principles and practice of oncology. 2005. Lippincott, Williams and Wilkins. 7ª Ed.
    Fuaci AS et al. Harrison’s Principles of Internal Medicine. 2001. McGraw-Hill. 15ª Ed.
    Knowles, MA & Selby, P. Introduction to the cellular and molecular biology of cancer. Oxford University Press. 4ª Ed. 2005
    Kumar V., R.S. Cotran, S.L. Robbins. 2008. Patología Humana. McGraw Hill. 8ª Ed.
    Lodish HF et al. Molecular Cell Biology. Freeman. & Co. 6th Ed. 2008
    Morgan D. O.. The Cell Cycle. Oxford University Press. 2007.
    Weinberg R.W.. The Biology of Cancer. Garland Science. 2006.
    Artigos orixinais e de revisión en revistas científicas no campo.

    Bibliografía complementaria:
    Hanahan & Weinberg. The hallmarks of cancer. Cell 100: 57-70. 2000
    Carmeliet P, De Smet F, Loges S, Mazzone M. Branching morphogenesis and antiangiogenesis candidates: tip cells lead the way. Nat Rev Clin Oncol. 2009;6(6):315-26.
    Collado M, Serrano M. Senescence in tumours: evidence from mice and humans. Nat Rev Cancer. 2010;10(1):51-7.
    Cotter TG. Apoptosis and cancer: the genesis of a research field. Nat Rev Cancer. 2009;9(7):501-7.
    Jordan CT. Cancer stem cells: controversial or just misunderstood? Cell Stem Cell. 2009;4(3):203-5.
    Luo J, Solimini NL, Elledge SJ. Principles of cancer therapy: oncogene and non-oncogene addiction. Cell. 2009;136(5):823-37.
    Malumbres M, Barbacid M. Cell cycle, CDKs and cancer: a changing paradigm. Nat Rev Cancer. 2009 9(3):153-66.
    Nguyen DX, Bos PD, Massagué J. Metastasis: from dissemination to organ-specific colonization. Nat Rev Cancer. 2009; 9(4):274-84.
    Schvartzman JM, Sotillo R, Benezra R. Mitotic chromosomal instability and cancer: mouse modelling of the human disease. Nat Rev Cancer. 2010 10(2):102-15.
    Stratton MR, Campbell PJ, Futreal PA. The cancer genome. Nature. 2009 458(7239):719-24.

    Competencias
    Entender as bases biolóxicas do cancro, e especialmente a bioloxía da célula cancerosa. Coñecer a nomenclatura dos distintos tipos de tumores, distinguir tumores benignos e malignos, e definir as características biolóxicas dos tumores malignos.
    Coñecer os modelos máis relevantes da investigación en cancro, tanto in vitro como in vivo. Adquirir a capacidade de poñer en marcha un estudo sobre calquera aspecto da bioloxía das células tumorais. Comprender e interpretar con espíritu crítico experimentos sobre este tema.
    Coñecer os cambios moleculares máis relevantes subxacentes ao comportamento de células de cancro, comprender como actúan os oncoxenes e xenes supresores máis importantes así como coñecer as alteracións xenómicas máis comúns.
    Coñecer a aplicación ao estudo de dous importantes procesos na bioloxía do cancro, a oncoxénese e a resposta á terapia anti-cancro.
    Coñecer a literatura básica que xerou este coñecemento e os experimentos neste campo científico.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas.
    Aprendizaxe baseada en problemas.
    Seminarios. Cada alumno debe presentar e defender un traballo feito.
    Participación en seminarios e conferencias de investigación.
    Titorías personalizadas.

    Sistema de evaluación
    Criterios de avaliación:
    Exame final escrito (60%)
    Valoración de traballos e seminarios (20%)
    Valoración da asistencia e participación en clase (20%)

    Observacións
    A docencia poderase impartir en galego, castelán e inglés. O coñecemento do inglés é necesario para o manexo da bibliografía e realización de traballos.