P2062212 - Enfermidades endócrinas (Materias Optativas do 2º Semestre) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía, Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
- Áreas: Fisioloxía, Anatomía Patolóxica
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia• Preparar profesionais cun espírito científico crítico e con capacidade para o deseño experimental, a comunicación científica e o traballo en equipo.
• Proporcionar formación teórica e práctica sobre as técnicas da Bioloxía Celular, a Bioloxía Molecular e a Xenética, e a súa aplicación ao estudo das enfermidades humanas, con énfase na Xenómica e a Proteómica.
• Proporcionar un coñecemento avanzado sobre as bases celulares, moleculares e xenéticas da patoxenia e fisiopatoloxía das enfermidades humanas.
• Capacitar o alumno para que poida desenvolver tarefas profesionais no campo da investigación biomédica e da industria farmacéutica e biotecnolóxica, que non requiran grao de doutor nin dun título oficial de especialista
• Proporcionar unha base sólida, ampla e homoxénea para iniciar a etapa de investigación de programas de doutorado orientados á investigación biomédica, especialmente as dos programas de doutorado de Endocrinoloxía e de Medicina Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.
ContidosIncretinas. Terapia da obesidade: novas modalidades de tratamento farmacolóxico da obesidade. Tratamento cirúrxico da obesidade. Etiopatoxenia da diabete tipo 1. Etiopatoxenia da diabete tipo 2. Tratamento cirúrxico da obesidade e da diabete. Patoloxía ligada ao receptor de calcio. Novas aproximacións ás accións endocrinolóxicas da vitamina D. Nódulo tiroideo e cancro de tiroide. Farmacoxenómica do tratamento da acromegalia. Bases moleculares e clínica das lipodistrofias familiares. Envellecemento e tecido adiposo
Bibliografía básica e complementariaCapítulos de endocrinoloxía e metabolismo dos libros de texto mais actualizados de Medicina Interna, ou da especialidade en Endocrinoloxía.
Publicacións científicas específicas.
CompetenciasA materia ten como obxectivo explicar o concepto, a poboación afectada na nosa sociedade e os mecanismos moleculares e de fisiopatoloxía celular que estean "DEMOSTRADOS" como causa das enfermidades endócrinas no ser humano, con vistas a:
-que o alumno coñeza as enfermidades endócrinas e do metabolismo, de grande impacto sanitario e social, en canto a que afectan a un gran número de persoas, de forma crónica.
-que o alumno saiba discernir entre hipóteses teóricas noutros sistemas biolóxicos e causas reais de enfermidade en humanos. Que aprenda a distinguir aquelas contribucións biomédicas claves na historia do diagnóstico, prevención ou tratamento dalgunha enfermidade endócrina fronte a outras moitas contribucións irrelevantes pola súa falta de aplicación ao paciente ("medicina translacional")
-que o alumno teña un coñecemento suficiente das enfermidades endócrino-metabólicas que lle permitan xerar os seus propios proxectos de investigación biomédica aplicada no futuro como investigador principal ou como membro activo dentro dun grupo de investigación.
Metodoloxía da ensinanza -Clases expositivas
-Seminarios de discusión e análise de artigos de investigación, deseños experimentais.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua:
-30% asistencia e participación nas clases expositivas e seminarios.
-70% exposición e/ou desenvolvemento escrito dun dos temas tratados durante o curso.
Tempo de estudo e traballo persoal
Tempo de estudo e traballo persoalDurante o desenvolvemento da materia cada alumno presentará algún traballo que se preparará de xeito individual ou en grupo.
Recomendacións para o estudo da materia-Asistencia regular ás actividades expositivas e interactivas da materia, e consulta da bibliografía recomendada nestas.
-Utilizar as horas de titorías e a aula virtual para resolver as dificultades.