
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Saúde Pública
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Medicina e Odontoloxía
R/ de San Francisco, s/n
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 de 16 de setembro (DOG 23/09/2010)
Data de publicación no BOE: 28/02/2011
Data da última acreditación: 12/11/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: Smyth Chamosa, Ernesto
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
A finalidade do título é a adquisición por parte do estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización profesional e investigadora en Saúde Pública.
O seu obxectivo é dar unha formación de alto nivel cunha visión pluridisciplinaria das ciencias biomédicas e epidemiolóxicas e dos métodos de concepción e xestión das estratexias de saúde, e das técnicas de administración e xestión sanitaria modernas, achegando as ferramentas, coñecementos e técnicas necesarias para o desenvolvemento do exercicio profesional.
COMPETENCIAS XERAIS:
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Saúde Pública
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS:
- Adquirir unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios.
- Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde e coñecer como estes actúan.
- Coñecer o funcionamento da Administración sanitaria.
- Deseñar e analizar estudos epidemiolóxicos
- Ser capaz de manexar as ferramentas estatísticas necesarias para a análise de datos de saúde da poboación.
- Estará en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica, e propor a adopción das medidas preventivas máis adecuadas.
- Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade
Ser capaz de aplicar medidas de promoción da saúde mediante técnicas de comunicación e educación individual e de grupo.
O máster proporciona unha formación de alto nivel cunha visión pluridisciplinar das ciencias biomédicas e epidemiolóxicas e dos métodos de concepción e xestión das estratexias de saúde, co obxectivo de alcanzar mellores niveis de saúde na comunidade.
O master proposto permitirá a formación de especialistas MIR en Mediciña Preventiva e Saúde Pública tal e como recolle a ORDE SCO/1980/2005, do 6 de xuño, pola que se aproba e publica o programa formativo da especialidade de Mediciña Preventiva e Saúde Pública. O punto 8.1 da citada orde sinala que durante o primeiro ano de residencia os médicos residentes recibirán formación básica en Mediciña Preventiva e Saúde Pública a través do Curso Superior en Saúde Pública. As competencias e contidos deste curso correspóndense cos do Master.
Tamén responde ás necesidades de formación no campo da Saúde pública doutras profesións sanitarias, e non sanitarias, como Farmacia, Veterinaria, Odontoloxía, Enfermería, Psicoloxía, Socioloxía, etc.
A Saúde Pública comprende o estudo global de todos os problemas de saúde desde o punto de vista comunitario, introducindo a análise científica que aporta a epidemioloxía, e incluíndo as actividades de promoción da saúde como forma ideal da prevención e fomento da saúde comunitaria.
A Saúde Pública transcende actualmente dos episodios de aparición brusca e amplía o seu campo de actuación aos problemas de saúde individual e colectiva, incluíndo o método epidemiolóxico como instrumento de análise.
A Saúde Pública ten como campo de acción a abordaxe de todo o conxunto de enfermidades, accidentes e, en definitiva, de todos os problemas de saúde de forma global, facendo prevalecer o interese público, e desenvolvendo accións preventivas, de protección ou ata de promoción da saúde sempre que sexa posible, para evitar ter que enfrontarse aos problemas cando xa causaron dano á saúde.
O nivel de formación adecuado para satisfacer as necesidades que neste campo garántese cun Master Universitario en Saúde Pública, que proporcione unha formación de alto nivel no campo da saúde pública, cunha visión pluridisciplinaria das ciencias biomédicas e epidemiolóxicas e dos métodos de concepción e xestión das estratexias de saúde, que capacite aos alumnos para que co seu traballo melloren a saúde tanto de grupos específicos de poboación como da poboación en xeral mediante o deseño, a planificación, execución, asesoramento e avaliación de programas de prevención e promoción da saúde, e a xestión dos servizos sociais e sanitarios e dos centros que prestan devanditos servizos.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 15
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de Acceso:
1. Titulacións preferencia nivel 1:
Medicina, Odontoloxía, Farmacia, Veterinaria, Enfermaría, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía.
2. Titulacións preferencia nivel 2:
Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Nutrición Humana e Dietética, Óptica e Optometría
3. Titulacións preferencia nivel 3:
Ciencias Ambientais, Bioloxía, Socioloxía, Xornalismo, Fisioterapia, Podoloxía
4. Titulacións preferencia nivel 4:
Outras titulacións
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Terá unha extensión de 12 créditos. Poderá consistir nun traballo empírico relacionado con calquera das liñas de investigación que se ofertan no Máster, ou ben nunha achega eminentemente teórica, que recolla a revisión bibliográfica actualizada, exhaustiva, sistematizada e crítica sobre algún aspecto de coñecemento vinculado a estas liñas, xunto cunha proposta de investigación detallada destinada á resolución dun problema científico suscitado nese ámbito.
O TFM consistirá nun traballo orixinal dirixido por un ou máis profesores do equipo docente. Este traballo iniciará ao alumno na investigación científica, permitíndolle adquirir as destrezas, técnicas, coñecementos sobre a materia e capacidade de análise e crítica para desenvolver un posible labor investigador.
Este traballo inclúe tanto actividades presenciais (asistencia a sesións de autorización individual, presentación e defensa pública dos proxectos suscitados) como non presenciais (revisión bibliográfica actualizada e completa en referencia a un tema, deseño da investigación, tratamento estatístico dos datos, interpretación e discusión de resultados, elaboración de conclusións, redacción do informe final, ensaios para a defensa oral do traballo).
No referente á avaliación, seguirase unha metodoloxía uniforme en que se valorará o rendemento e as habilidades adquiridas a través dunha combinación equilibrada entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final. A primeira debe valorar o esforzo e o progreso na aprendizaxe, e incentivar unha dedicación constante á materia. A segunda permitirá valorar os resultados da aprendizaxe.
Plan de Acción Titorial: Durante os primeiros días de clase, e con obxecto de manter aberta de forma dinámica unha vía de comunicación permanente cos alumnos, a Comisión Académica nomeará un titor para cada un dos alumnos, que non terá que ser necesariamente o seu futuro director de tese, e cuxas funcións principais serán a de atender ó seu titorando, derivando as cuestións que este lle suscite ás canles adecuadas, e a de facer un seguimento que permita localizar posibles dificultades académicas co adianto suficiente para ser corrixidas (orientación académica para elección de optativas, itinerarios, etc.). O seguimento e avaliación da acción titorial será realizada pola Comisión Académica do Master.
Ao longo do Máster, desenvólvese un proceso continuo de supervisión, orientación e guía por parte do profesorado. Este sistema de titorización (que se establece para cada unha das materias e para o programa global de formación), potencia a implicación e motivación do estudante no seu programa formativo.
O desenvolvemento das materias se complementa con titorías individualizadas (presenciais e online) nas que os membros do equipo docente orientan e supervisan o traballo dos alumnos. Estas titorías individualizadas están destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos e as estudantes: orientación para a realización de informes, preparación de exposicións, procura e selección de material bibliográfico, e guía na resolución de problemas.
Prácticas en empresas: A adecuada formación destes profesionais esixe a realización durante o seu proceso formativo de prácticas en unidades administrativas con funcións de saúde pública da Consellería de Sanidade e en centros e unidades de atención especializada e atención primaria do SERGAS.
A diferente formación de base dos alumnos e a súa diferente orientación profesional dentro do amplo campo da Saúde Pública, aconsella que a formación práctica sexa máis personalizada e responda na medida do posible á orientación profesional que o alumno prefira.
Para ese efecto, o alumno elaborará de acordo co seu titor, e propoñerá á Comisión Académica do Master, coa antelación suficiente, un programa de prácticas acorde coa súa formación de base e orientación profesional futura dentro do campo da Saúde Pública, seleccionando os contidos entre os que se ofertan. O devandito programa de prácticas debe ser aprobado pola Comisión Académica do Master que poderá realizar as modificacións que considere oportunas, tras o cal asignaráselle o /os lugares onde realizará as prácticas.
Comprende unha avaliación continuada e unha avaliación final. A avaliación continuada será realizada polo titor académico durante o tempo de realización das mesmas. Ao finalizar as prácticas, para a avaliación final, o alumno debe presentar unha Memoria de prácticas na que detalle todas as actividades realizadas. Dita Memoria debe levar o visto bó do Titor. A avaliación final será realizada por unha Comisión nomeada pola Comisión Académica do Master, que estará integrada por tres profesores do Master entre os que estará o Coordinador de prácticas e o Titor académico. Na avaliación final terase en conta o informe do titor académico sobre a avaliación continuada así como a memoria presentada polo alumno.
Entre os contidos das prácticas temos: vixilancia epidemiolóxica, control das enfermidades transmisibles, seguridade alimentaria, sanidade ambiental, estilos de vida saudables, promoción da saúde, educación para a saúde, inspección sanitaria e laboratorios de saúde pública, etc.
O Director do Master nomeará entre os membros do equipo de dirección ao Coordinador de Prácticas. A súa misión será coordinar todo o proceso de prácticas nas institucións sanitarias; participar na asignación de titores de prácticas, e coordinar o seguimento e avaliación das prácticas desde o punto de vista académico. Así mesmo será o responsable de asinar as actas de prácticas externas conforme aos criterios de avaliación que se fixen e de acordo co procedemento de avaliación xa establecido.
Así mesmo designarase un Titor académico que será un profesor do Master, nomeado pola Comisión Académica para cada práctica ofertada, coa misión de facer un seguimento máis directo da práctica, dar resposta ás expectativas formativas establecidas, asegurar o seu correcto desenvolvemento e informar en primeira instancia sobre as memorias de prácticas entregadas polo estudante.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2121101 | Fundamentos de Saúde Pública | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2121102 | Epidemioloxía Avanzada | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2121103 | Estatística aplicada á Epidemioloxía | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2121104 | Epidemioloxía Aplicada | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2121105 | Saúde Ambiental | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2121106 | Promoción da Saúde | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2121201 | Planificación e Programación Sanitaria | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2121202 | Programas de Saúde | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2121203 | Economía da Saúde | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2121204 | Epidemioloxía Ambiental | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2121205 | Saúde Laboral | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2121206 | Farmacovixilancia e Estudos de Emprego de Medicamentos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2121207 | Ensaios Clínicos con Medicamentos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2121208 | Saúde Pública Oral | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2121209 | Atención e Programación Comunitaria en Saúde Oral | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2121210 | Técnicas estatísticas avanzadas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2121107 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 | P2121108 | Prácticas Externas Obrigatorias | 6.00 | OB | PEGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable