
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 31/07/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 01/10/2013 | 10/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Medicina
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Medicina e Odontoloxía
R/ de San Francisco, s/n
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10)
Data de publicación no BOE: 3 de marzo de 2011
Data da última acreditación: 30/06/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: GESTAL OTERO, JUAN JESUS
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
O obxectivo fundamental do título de Graduado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela é formar médicos:
Desde o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres
Cunha compresión das ciencias básicas, clínicas e sociais adecuadas para a toma de decisións, o razoamento e o xuízo clínico que mostren actitudes apropiadas á ética e as responsabilidades legais,
Respectando as distintas culturas, opinións, crenzas e costumes da persoa enferma e a súa familia que coñezan, comprendan e respecten a función e competencia doutros profesionais sanitarios dispostos a participar no seu desenvolvemento profesional continuado
Recoñecer os elementos esenciais da profesión médica, incluíndo os principios éticos, as responsabilidades legais e o exercicio profesional centrado no paciente.
Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada
Adquirir experiencia clínica adecuada en institucións hospitalarias, centros de saúde ou outras institucións sanitarias
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
Coñecer e recoñecer os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o envellecemento sobre o individuo e a súa contorna social.
Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
Indicar a terapéutica máis adecuada dos procesos agudos e crónicos máis prevalentes, así como dos enfermos en fase terminal.
Expor e propor as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
Ser capaz de formular hipóteses, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
A profesión regulada relacionada co título é a de Médico. O Grao en Medina pola USC cumpre o estabelecido na Orde ECI/332/2008, do 13 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Médico.
As saídas profesionais diríxense preferentemente á Formación Médica Especializada (Médico Interno Residente), así como á investigación e á Xestión Sanitaria. Sen esquecer saídas profesionais como a Administración de Xustiza, no caso dos Forenses, etc.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos optativos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (1) linguas estranxeiras; (2) lingua galega, e (3) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
A normativa da USC que regula estes recoñecementos é:
Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de Adaptación ao Grao en Medicina (anulada pola RR do 4/06/2012) [pdf - 3497 kb][Actualizado: 21/9/10]
Resolución de Adaptación ao Grao en Medicina (modificación do 4/06/2012) [pdf - 2554 kb][Actualizado: 11/9/12]
Número de prazas de novo ingreso: 380
Demanda do ano anterior: 11.78 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Aínda que non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais, considérase que o futuro alumno de medicina debe posuír vocación pola profesión de médico, espírito de servizo, capacidade de traballo de forma intensa e continua durante un periodo de tempo moi prolongado, capacidade e aptitude para traballar en equipo e comprometido coa xestión dos recursos. Os alumnos que accedan á titulación de grao en medicina deben posuír unha axeitada formación, a nivel preuniversitario, en bioloxía e química. Tamén sería desexábel que adicionalmente a tivesen en física, ademais de soltura no uso das matemáticas.
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non existen condicións nin probas especiais para o acceso ao grao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O alumno redactará unha memoria cos contidos propostos como traballo, recorrendo ás fontes de información bibliográfica, consulta de datos clínicos, experimentais, epidemiolóxicos, etc. O alumno recibirá a supervisión para a elaboración do traballo dun Titor.
Para a presentación e defensa do traballo é necesario ter superados todos os créditos da titulación.
Prácticas en empresas: Prácticas Tuteladas
Prácticas preprofesionais, en forma de rotatorio clínico independente e cunha avaliación final de competencias, nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais e que permita incorporar os valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico, así como a atención aos problemas de saúde máis prevalentes nas áreas de Medicina, Cirurxía, Obstetricia e Xinecología, Pediatría, Psiquiatría e outras áreas clínicas.
Para a súa realización recoméndase ter superados todas as materias dos módulos III e IV.
Prácticas Externas Optativas
As prácticas externas en período non lectivo poderanse levar a cabo en Institucións Sanitarias de ámbito nacional e internacional recoñecidas pola Comisión de Calidade do Centro e/ou Responsable de Calidade do Centro. A actividade en dedicación a tempo parcial durante un mes implicará o recoñecemento de 3 ECTS, sempre que se xustificou fehacientemente alcanzar as competencias previamente establecidas. O alumno poderá realizar varios destes períodos de prácticas.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2051101 | Bioquímica I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2051102 | Fisioloxía Xeral | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2051103 | Bioloxía Humana: Citoloxía e Xenética | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2051104 | Anatomía Xeral e Anatomía do Aparato Locomotor | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2051105 | Histoloxía Humana Xeral | 3.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2051106 | Bioquímica II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2051107 | Embrioloxía Humana | 3.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2051109 | Histoloxía Humana Especial | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2051122 | Esplacnoloxía | 6.00 | OB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2051201 | Fisioloxía Médica | 6.00 | FB | 1SG | 2º | G2051223 | Inmunoloxía Médica | 3.00 | OB | 1SG | 2º | G2051225 | Neuroanatomía | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G2051227 | Anatomía por Técnicas de Imaxe | 3.00 | OB | 2SG | 2º | G2051230 | Fisioloxía Integrada de sistemas | 6.00 | OB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2051108 | Bioestatística | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2051121 | Historia das Ciencias Médicas e Documentación | 3.00 | OB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2051123 | Iniciación á Investigación | 3.00 | OB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2051221 | Comunicación | 3.00 | OB | 1SG | 2º | G2051222 | Ética Médica | 3.00 | OB | 1SG | 2º | G2051322 | Epidemioloxía | 3.00 | OB | 1SG | 3º | G2051529 | Medicina Preventiva e Saúde Pública | 6.00 | OB | 2SG | 5º | G2051530 | Medicina Legal | 6.00 | OB | 2SG | 5º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2051224 | Microbioloxía | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G2051226 | Anatomía Patolóxica Xeral | 3.00 | OB | 2SG | 2º | G2051229 | Farmacoloxía | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G2051321 | Anatomía Patolóxica Especial | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2051323 | Introdución á Cirurxía | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2051325 | Radioloxía I | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2051332 | Radioloxía II | 3.00 | OB | 2SG | 3º | G2051427 | Bioquímica Clínica | 3.00 | OB | 2SG | 4º | G2051523 | Farmacoloxía Clínica e Farmacoterapia | 3.00 | OB | 1SG | 5º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2051621 | Clínica Médica | 18.00 | OB | ANG | 6º | G2051622 | Clínica Cirúrxica | 9.00 | OB | ANG | 6º | G2051623 | Clínica Obstétrica e Xinecolóxica | 6.00 | OB | ANG | 6º | G2051624 | Clínica Pediátrica | 6.00 | OB | ANG | 6º | G2051625 | Clínica Psiquiátrica | 6.00 | OB | ANG | 6º | G2051626 | Rotación en Medicina de Familia e Comunitaria | 6.00 | OB | ANG | 6º | G2051627 | Rotación en Urxencias, Servizos Centrais, etc. | 3.00 | OB | ANG | 6º | G2051628 | Traballo Fin de Grao | 6.00 | OB | TFGM | 6º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable