
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Investigación Biomédica
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Medicina e Odontoloxía
R/ de San Francisco, s/n
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG do 15/12/2009
Data de publicación no BOE: null
Data da última acreditación: 12/11/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: POMBO RAMOS, CELIA MARIA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
6. Alcanzar unha formación nas disciplinas de especialización e nos avances técnicos con maior relevancia actual.
7. Adquirir unha visión multidisciplinar das abordaxes científicas aos problemas biolóxicos.
8. Adquirir unha formación práctica nas materias e metodoloxías actuais.
9. Utilizar competencias transversais que lle doten de capacidades útiles e as especializacións que determinen o tipo de Máster (comunicación en inglés, organización e xestión, computación, etc..)
COMPETENCIAS XERAIS
1. Saber aplicar as técnicas adecuadas para a resolución dun problema concreto de Biomedicina, e poder levar a cabo un proxecto de investigación na materia baixo supervisión, non só nos temas cubertos polas materias, senón en contextos máis amplos ou ata multidisciplinares.
2. Poder emitir xuízos sobre hipóteses, propostas experimentais ou experimentos xa realizados do campo da investigación biomédica, tanto sobre a validez científica como sobre aspectos éticos e sociais do enxuiciado.
3. Ser capaz de traballar en equipo nun ambiente multidisciplinar para conseguir obxectivos comúns desde perspectivas diferenciadas.
4. Ser capaz de comunicar as súas propostas, experimentos, resultados, conclusións e críticas tanto ante públicos especializados como non especializados.
5. Posuír as habilidades de aprendizaxe necesarias para manterse ao día no campo da investigación biomédica e as súas técnicas de forma autónoma.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
1. Coñecer os procesos biolóxicos esenciais que manteñen o equilibrio na célula e nos tecidos do organismo e que se ven alterados na patoloxía humana.
2. Coñecer a anatomía do xenoma, a información obtida polo proxecto xenoma humano, a distribución de alelos nas poboacións humanas, e os principais tipos de alteracións xenéticas que poden producir enfermidade.
3. Coñecer as alteracións subxacentes a algunhas das enfermidades humanas máis comúns e de maior relevancia social. Predecir como estas alteracións poden producir enfermidade, e identificar posibles puntos de intervención terapéutica.
4. Coñecer o marco legal no que se desenvolve a investigación biomédica e ser capaz de emitir xuízos autónomos sobre as implicacións éticas desta investigación.
5. Ser capaz de deseñar experimentos no campo da Biomedicina, aplicando as técnicas adecuadas para responder á pregunta pertinente.
6. Desenvolver habilidade práctica no laboratorio de Biomedicina. Ser capaz de seguir un protocolo experimental de forma autónoma.
O obxectivo é proporcionar un sólido coñecemento de aspectos concretos que capacite aos estudantes para o desenvolvemento da súa actividade profesional futura en investigación en organismos/centros públicos ou privados, industrias biotecnolóxicas, docencia, divulgación científica, xestión e outros labores relacionados con estas ciencias segundo a orientación determinada polo máster.
A proposta de Máster de Investigación Biomédica, de orientación investigadora, servirá de etapa de formación teórica a dous programas de doutoramento que actualmente se imparten na Universidade de Santiago, o de Endocrinoloxía e o de Medicina Molecular.
A orientación do máster é investigadora, polo que probablemente a maioría dos alumnos que superen este curso continúen a súa formación realizando unha Tese doutoral, ben nos programas nos que está integrado este máster, ben noutros programas doutras universidades no ámbito da Biomedicina.
A necesidade dun máster destas características baséase na importancia actual da investigación biomédica, unha actividade necesaria para o éxito de calquera estratexia que se propoña mellorar a saúde dos cidadáns. Ademais, a integración da investigación coa práctica clínica favorece unha maior calidade dos servizos de saúde e unha mellor e máis rápida implantación dos avances científicos na prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades.
Como recoñecemento desta realidade e importancia por parte da administración, a investigación en Biomedicina foi obxecto de política preferente nos sucesivos Plans Nacionais desenvolvidos polos Ministerios competentes. Así mesmo, a industria farmacéutica lidera o gasto en I+D do sector industrial, por encima dos restantes sectores de actividade.
Este máster ten como obxecto proporcionar unha formación básica e unha actualización no coñecemento dos mecanismos moleculares e celulares implicados na patoxenia e na fisiopatoloxía das enfermidades humanas. O alumno obterá unha base sólida para iniciar programas de doutoramento orientados á investigación biomédica, adquirindo as habilidades básicas no traballo do laboratorio experimental, así como a capacidade de desenvolver tarefas profesionais no campo da investigación biomédica. Por iso, a través da formación de novos investigadores contribuirase a unha mellora da competitividade dun sector de importancia social e estratéxica para o país.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
TITULACIÓNS DE ACCESO
Lic. e graos en Medicina, Bioloxía, Química, Bioquímica, Farmacia, Física, Veterinaria, Estatística.
Enxeñarías e graos en Informática, Telecomunicacións, Industrial e Electrónica.
Dipl. e graos en Óptica e Optometría e Enfermaria.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo de Fin de Máster supón a realización por parte do estudante dun proxecto, memoria ou estudo, no que aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos no seo do Máster en Investigación Biomédica. O Traballo deberá estar orientado á aplicación das competencias xerais asociadas á titulación.
Entre as competencias que adquirirá o alumno están o saber aplicar as técnicas adecuadas para a resolución dun problema en Biomedicina, e poder seguir un protocolo experimental de forma autónoma así como adquirir habilidade práctica nun laboratorio de Biomedicina nun contexto de traballo en grupo.
O TFM consisten na elaboración dun documento onde se describan as actividades realizadas no laboratorio no caso de traballos experimentais, ou que cumpra os obxectivos marcados na proposta de traballo no caso de traballos teóricos. Ademais de presentar este documento, o alumno defenderao ante un tribunal.
Plan de Acción Titorial: Ao longo de cada curso académico levarase a cabo unha titorización individualizada dos alumnos a cargo de membros do equipo docente do máster e o doutoramento. Isto conlevará reunións periódicas entre o alumno e o seu titor polo menos unha vez cada dous meses, onde se discutirá o itinerario académico a seguir polo alumno, a elección dun director para o traballo de fin de máster, e todas os demais temas e incidencias que puidesen xurdir no transcurso dos estudos.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2062101 | Métodos experimentais | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062102 | Bioloxía Molecular | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062103 | Bioloxía Celular | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062104 | Bioinformática | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062105 | Estatística para biomedicina | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2062201 | Proteómica e estrutura de proteínas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062202 | Xenética de poboacións en biomedicina | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062203 | Bioética e lexislación | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062204 | Bioloxía de sistemas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062205 | Animais de experimentación | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062206 | Xenética forense | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062207 | Neuroendocrinoloxía | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2062208 | Bioloxía do desenvolvemento | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2062209 | Xenómica e enfermidades xenéticas | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2062210 | Bases biolóxicas do cancro | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2062211 | Homeostase enerxética e nutrición | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2062212 | Enfermidades endócrinas | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2062106 | Traballo fin de máster | 24.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable