
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Investigación en Ciencias da Visión
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Medicina e Odontoloxía
R/ de San Francisco, s/n
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 13/2007 do 1 de febreiro (DOG do 8/02/2007)
Data de publicación no BOE: null
Data da última acreditación: 11/10/2012
Responsable do título:
Coordinador do título: RODRIGUEZ ARES, MARIA TERESA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Os seus obxectivos concretos serían:
a) Potenciar a calidade da investigación en Oftalmoloxía e Ciencias da Visión, axuntando para iso os esforzos de diferentes Departamentos e Institutos Universitarios con programas de investigación
relacionados con ese tema.
b) Promover a cooperación científica entre os diferentes grupos de investigación participantes no
programa, tanto nacionais como estranxeiros, e o intercambio para unha abordaxe máis completa da formación en investigación e en técnicas docentes dos estudantes.
c) Potenciar a mobilidade dos estudantes entre os centros de investigación participantes e outros centros internacionais co fin de favorecer a súa incorporación futura a equipos de investigación distintos do de procedencia.
d) Promover a colaboración con empresas para conseguir unha formación investigadora non só
específica, tamén útil á sociedade.
Ao termo do Máster, os estudantes poderán demostrar:
a) Posuír e comprender coñecementos que inclúan a comprensión sistemática das Ciencias da Visión, e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa devandita área.
b) A aplicación dos coñecementos adquiridos a través da capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación no ámbito das Ciencias da Visión con seriedade académica.
c) A capacidade de emitir xuízos a través da análise crítica, a avaliación e a síntese de ideas novas e complexas.
d) A capacidade de comunicar cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca da área das Ciencias da Visión.
e) Adquirir habilidades que lles permitan fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural relativo ás Ciencias da Visión.
COMPETENCIAS XERAIS
1. Coñecemento do método científico: coñecer o necesario para saber planificar e executar experimentos, desenvolver a metodoloxía adecuada para cada contexto, interpretar os resultados e elaborar conclusións que permitan ampliar o coñecemento na área da investigación biomédica e contribúan á resolución de problemas de interese no ámbito das ciencias da visión.
2. Coñecementos técnicos: saber aplicar as técnicas adecuadas para a resolución dun problema experimental concreto en investigación nas ciencias da visión.
3. Capacidade de integración e autonomía: capacidade de levar a cabo un proxecto de investigación na materia baixo supervisión, non só nos temas cubertos polas materias, senón en contextos multidisciplinares.
4. Razoamento crítico e capacidade de análise, síntese e interpretación: capacidade de emitir xuízos sobre hipóteses, propostas experimentais ou experimentos xa realizados do campo da investigación biomédica no ámbito da visión, tanto sobre a validez científica como sobre aspectos éticos e sociais do enxuizado.
5. Capacidade de relación e colaboración: capacidade de traballar en equipo nun ambiente de investigación multidisciplinar para conseguir obxectivos comúns desde perspectivas diferenciadas orientados á resolución de problemas en investigación en visión.
6. Habilidades de comunicación: capacidade de comunicar propostas, experimentos, resultados, conclusións e críticas no ámbito das ciencias da visión, tanto ante públicos especializados como non especializados.
7. Capacidade de auto-aprendizaxe: desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para manterse ao día no campo da investigación biomédica en visión e nas súas técnicas de forma autónoma e ao longo da vida.
8. Capacidade de empregar polo menos un idioma estranxeiro, preferentemente o inglés, como medio de comunicación oral e escrita dentro da súa participación na comunidade científico-tecnolóxica internacional.
9. Capacidade de ser creativo na concepción, formulación e resolución de preguntas de investigación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
1. Capacidade de realizar tarefas de investigación supervisadas no ámbito das ciencias da visión.
2. Capacidade de deseñar experimentos aplicando as técnicas adecuadas para responder á pregunta pertinente.
3. Coñecemento do marco legal no que se desenvolve a investigación biomédica actual e capacidade de emitir xuízos autónomos sobre as implicacións éticas desta investigación no contexto do relativo á visión.
4. Capacidade de entender as implicacións éticas e sociais das decisións adoptadas durante o exercicio dos labores de investigación en visión, tanto clínica como preclínica.
5. Capacidade de comprender o sistema global de I+D+i, así como os seus mecanismos (programas, proxectos e outros instrumentos) tanto a nivel nacional como internacional, con especial énfase no ámbito europeo.
6. Coñecemento das bases moleculares e as físicas dos procesos biolóxicos esenciais que participan no fenómeno da visión e que se ven alterados na patoloxía ocular animal e humana.
7. Coñecemento das alteracións subxacentes ás enfermidades oculares humanas máis importantes e de maior relevancia social. Capacidade de predecir como estas alteracións poden producir a enfermidade e identificar posibles puntos de intervención terapéutica.
8. Coñecemento dos modelos de estudo das enfermidades oculares humanas máis importantes, tanto in vitro como in vivo, coas súas vantaxes e limitacións. Coñecemento dos criterios máis importantes de selección dun modelo de estudo desas enfermidades.
9. Coñecemento dos avances máis actuais nas técnicas diagnósticas das enfermidades oculares e o trasfondo de investigación relacionado con eles.
10. Coñecemento dos avances terapéuticos máis actuais para as enfermidades oculares e o trasfondo de investigación relacionado con eles.
11. Capacidade para desenvolver un traballo de forma crítica no ámbito da investigación en visión, así como a súa discusión.
Desde un punto de vista laboral, este Título reforza a formación de investigadores, dando lugar a investigadores especializados nun área eminentemente aplicada e en expansión, tanto nacional como internacionalmente. A política científica española e europea actual permitirá que moitos destes investigadores teñan oportunidades laborais en Universidades e Organismos de Investigación. Pero tamén o fomento das oportunidades laborais para investigadores a través de programas de axuda a proxectos con empresas, vai permitir que haxa unha oferta laboral no campo empresarial.
Desde fai algúns anos foise producindo un movemento interesante de converxencia de varias universidades españolas, promovido pola Universidade de Valladolid, para compartir distintos programas docentes no ámbito da Oftalmoloxía. Por outra banda, produciuse o recoñecemento ministerial da profesión de Óptica e Optometría dentro das denominadas sanitarias polo que é previsible que a converxencia cara á Medicina e en concreto cara á Oftalmoloxía será maior que na actualidade.
Tamén, algúns grupos de físicos moi activos no campo da Óptica Fisiolóxica interaccionaron cos oftalmólogos con motivo da popularización das técnicas denominadas de Cirurxía Refractiva, producíndose proxectos de investigación, patentes e desenvolvementos comerciais a partir de ideas baseadas nesa colaboración. Recentemente, estanse desenvolvendo accións encamiñadas a fomentar a Medicina Rexenerativa e a Terapia Celular no noso país, e concretamente no mundo da Oftalmoloxía, polo que a interacción con outros profesionais como biólogos e biotecnólogos está garantida.
Desa forma, debe irse tomando conciencia da necesidade de desenvolver un Título orientado á formación en Investigación en Ciencias da Visión, que dea cabida ás experiencias que xa existen nas nosas Universidades e amplíe o carácter multidisciplinar e aplicado destes estudos.
No ámbito do coñecemento o impacto deste Máster pode ser moi importante ao permitir que accedan á formación en investigación titulados das distintas parcelas relacionadas coas ciencias da visión, como a Oftalmoloxía, a Optometría e a Enfermería.
En canto a oferta de especializacións deste Título, consideramos que poden axudar aos estudantes a orientar de forma máis específica a súa formación investigadora e reforzar así a nosa formulación dunha formación investigadora o máis personalizada posible. Por outra banda, as ciencias da visión son un conxunto moi amplo de disciplinas, polo que tamén pretendemos destacar certos aspectos como alicerces da formación investigadora no ámbito da visión, como son: as técnicas básicas en investigación e diagnóstico, as enfermidades do aparello visual, a óptica visual ou fisiolóxica e a neurofisioloxía da visión.
O seu obxectivo xeral é ofrecer á sociedade investigadores e futuros docentes no campo da Ciencias da Visión con formación multidisciplinar usando para iso a aproximación combinada e integradora dos aspectos biolóxicos, físicos e clínicos no estudo do fenómeno da visión.
Estes estudos conducirán á formación de investigadores tanto nos aspectos biomédicos como nos físicos (ópticos) e os neurofisiolóxicos do proceso visual, desde unha perspectiva multidisciplinar, aplicada e de calidade.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 8
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Lic. e graos en Medicina, Bioloxía, Química, Bioquímica, Farmacia, Física, Veterinaria, Estatística.
Enxeñarías e graos en Informática, Telecomunicacións, Industrial e Electrónica.
Dipl. e graos en Óptica e Optometría e Enfermaria.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: A materia denominada “Traballo de Fin de Máster” (TFM) outorga os compoñentes prácticos para o deseño e presentación, por parte do estudante, dun proxecto de investigación orixinal, tendo en conta todos os aspectos que son relevantes cando se suscita unha investigación: os antecedentes e estado actual do tema obxecto do estudo, a hipótese e os obxectivos do traballo, a metodoloxía a empregar, a análise dos posibles resultados e a discusión dos mesmos tendo en conta a literatura específica.
Para desenvolver esta materia asignarase un titor/a a cada estudante que será necesariamente un profesor do Máster con título de doutor.
Plan de Acción Titorial: Sistemas de orientación e titoría individual de carácter inicial: A Universidade de Valladolid ten establecido un sistema de orientación e titoría de carácter xeral desenvolvido a través de tres accións e que permiten que o estudante se sinta acompañado ao longo do programa formativo axudándolle a desenvolver as competencias específicas ou transversais previstas. Este sistema se estrutura en tres figuras: a titoría vinculada a materias, a vinculada a programas de prácticas e a relacionada coa titulación na súa faceta máis global.
Este sistema comeza coa asignación a cada estudante dun titor xeral de titulación quen, independentemente das probas de nivel ou accións de información nas que participe, será responsable de apoiar ao estudante de forma directa, ou ben a través dos programas mentor, dos servizos de orientación e apoio xerais da propia universidade e dos programas de orientación e apoio propios do centro, cando existan. Para iso realizará unha avaliación de intereses e obxectivos do estudante, elaborará plans de accións formativas complementarias, axudará a fixar programa de ítems a conseguir, establecerá reunións de orientación e seguimento, e cantas outras accións considere oportunas co fin de orientar e avaliar os progresos do estudante ao longo da súa presenza na titulación.
O procedemento de apoio, orientación e titoría xeral do Máster, ten como obxectivos:
a. Acompañar e apoiar ao estudante no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento das competencias propias da súa titulación.
b. Permitir ao estudante participar activamente non só na vida universitaria, senón tamén no achegamento ao mundo científico profesional cara ao que se orienta a titulación elixida.
c. Dar a coñecer ao estudante o horizonte científico profesional relacionado coa súa titulación e facilitarlle o acceso ao seu desenvolvemento práctico posterior, unha vez finalizado o Máster, xa sexa na práctica específica profesional, ou ben na continuidade investigadora no doutoramento e a súa aplicación á área científica.
d. Avaliar a evolución equilibrada no programa formativo apoiando a toma de decisións.
Sistema de orientación e titoría académica e competencial. Este sistema desenvolvido a través de dous modelos coordinados e complementarios de titoría, facilita a evolución do estudante a través do programa formativo elixido e o desenvolvemento das competencias relacionadas, xa sexan específicas ou transversais, co fin de facilitar a consecución dos coñecementos e competencias que lle capaciten científica e profesionalmente ao finalizar o programa formativo. Para iso, deseñáronse dous tipos de titorías, unha de acompañamento ao longo da titulación e outra específica de materia:
Sistema de orientación de titulación: esta orientación ofrécese a través dos/as titores/as académicos/as da titulación. Trátase dunha figura transversal que acompaña e asesora ao estudante ao longo da súa traxectoria académica, detecta cando existe algún obstáculo ou dificultade e traballa conxuntamente co resto de titores en solucións concretas. A finalidade deste modelo de orientación é facilitar aos estudantes ferramentas e axuda necesaria para que poidan conseguir con éxito tanto as metas académicas como as profesionais marcadas, axudándolle na súa integración universitaria, no seu aproveitamento do itinerario curricular elixido e na toma de decisións académicas, en particular as orientadas ao desenvolvemento científico investigador, a realización de prácticas ou aplicación profesional dos coñecementos e de actividades complementarias.
Sistemas de orientación de materia: esta orientación a leva a termo o profesor propio de cada materia cos estudantes matriculados na mesma. A finalidade desta orientación é planificar, guiar, dinamizar, observar e avaliar o proceso de aprendizaxe do estudante tendo en conta o seu perfil, os seus intereses, as súas necesidades, os seus coñecementos previos, etc.
O plan de acción titoría, dentro do marco xeral descrito pola Universidade, será desenvolvido polo centro, que é o responsable do programa formativo, e da consecución dos resultados por parte dos seus estudantes.
A titoría, xa sexa dun ou outro tipo, independentemente de que a formación sexa de carácter presencial ou virtual, poderá levarse a cabo de forma presencial ou apoiarse nas tecnoloxías que permitan a comunicación virtual.
Orientación profesional específica dentro do programa formativo. O programa formativo leva consigo o desenvolvemento práctico do mesmo así como un enfoque dirixido ao desenvolvemento profesional por medio das competencias establecidas. Por iso, o enfoque práctico e profesional ten que ter cabida a través de prácticas de achegamento e coñecemento dos ámbitos profesionais nos que o futuro titulado terá de traballar.
Sistema de titoría das prácticas externas para estudantes, xa sexan académicas ou non, de carácter nacional ou internacional. A formación práctica dirixida a desenvolver as competencias correspondentes establecidas no programa formativo realízase a través de sistemas de prácticas externas e académicas.
Cursos de orientación profesional: Cursos de duración curta que poñen en contacto ao estudante con ferramentas necesarias no mercado laboral tales como como deseñar un currículo, como afrontar unha entrevista,...
Cursos de creación de empresas: Preténdese potenciar o espírito emprendedor a través de cursos curtos que facilitan as ferramentas necesarias para levar á práctica ideas emprendedoras.
Sistema de titoría das prácticas de inserción laboral para titulados, xa sexan de carácter nacional ou internacional que, do mesmo xeito que as prácticas para estudantes, permiten o desenvolvemento de prácticas profesionais co obxecto de facilitar a inserción laboral dos mesmos e contan co apoio de titores académicos e axentes externos que velan polo bo desenvolvemento do programa de prácticas descrito de acordo coas competencias propias da titulación, promovendo a inserción laboral de calidade.
Orientación profesional e apoio na procura de emprego: Servizo de apoio, información e orientación para aqueles titulados universitarios que están buscando emprego, xa sexa por conta allea ou propia, a través de servizos personalizados e ferramentas de información sobre ofertas, ferramentas para a procura de emprego, etc.
Nesta titulación os estudantes contarán cun espazo dedicado ás titorías personalizadas en cada unha das materias. O sistema de titorías explícase aos estudantes na reunión de benvida.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2032101 | Fundamentos da Visión | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2032201 | Elementos Básicos de Investigación | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2032202 | Metodoloxía da Investigación Neurobiolóxica no Sistema Visual | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2032203 | Modelos experimentais de investigación no Sistema Visual | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032204 | Novas Técnicas de Diagnóstico de Glaucoma | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032205 | Óptica visual e biofotónica: de aspectos prácticos de laboratorio a aplicacións de interese clínico | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032206 | Técnicas Básicas de Laboratorio Aplicadas á Investigación Ocular I | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2032207 | Técnicas Básicas de Laboratorio Aplicadas á Investigación Ocular II | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2032208 | Técnicas diagnósticas en oftalmoloxía experimental | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2032209 | Actualización en Patoloxía Coroidea | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032210 | Actualización no diagnóstico e o tratamento das enfermidades da superficie ocular | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032211 | Avances en terapia antiglaucomatosa | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032212 | Avances no Tratamento da DMAE | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2032213 | Biomateriais na Terapéutica Ocular | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032214 | Cirurxía do segmento anterior e calidade de visión | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032215 | Inmunoloxía Ocular | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032216 | Investigación Aplicada das patoloxías retinianas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032217 | Investigación básica e clínica en ortoqueratoloxía avanzada | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032218 | Melanoma Uveal: Investigación Clínica e Básica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032219 | Modelos experimentais en investigación en DMAE | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032220 | Trasplantes de Tecidos na Superficie Ocular | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2032221 | Fundamentos Físicos da Instrumentación Oftálmica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032222 | Modelado do Procesamento Visual | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032223 | Óptica Aplicada | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2032224 | Óptica Visual Avanzada | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032225 | Principios de Aberrometría Ocular | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032226 | Procesamiento de imaxes oftalmolóxicas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2032227 | Bases Neurofisiolóxicas da Percepción Visual | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032228 | Neurofisioloxía visual básica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2032229 | Neurofisioloxía visual clínica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2032102 | Traballo de Fin de Máster | 30.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable