
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Investigación en Ciencias da Visión
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Medicina e Odontoloxía
R/ de San Francisco, s/n
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 13/2007 do 1 de febreiro (DOG 08/02/2007)
Data de publicación no BOE: -
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: RODRIGUEZ ARES, MARIA TERESA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
O obxectivo deste master é a formación de investigadores e futuros docentes no campo das Ciencias da Visión dunha maneira multidisciplinar, combinando os aspectos biolóxicos, físicos e clínicos relativos ao fenómeno da visión.
COMPETENCIAS XERAIS:
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación, no ámbito específico de cada un deles.
A aplicación dos coñecementos adquiridos a través da capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro dun contexto multidisciplinar no ámbito específico de cada máster.
A capacidade tanto de integrar coñecementos e de enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información incompleta no ámbito específico de cada máster.
A capacidade de comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, no ámbito específico de cada máster, a públicos especializados e non especializados.
adquirir habilidades que lles permitan o estudo do relativo a cada máster de forma, en gran medida, autónoma ou autodirixida.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Posuír e comprender coñecementos que inclúan a comprensión sistemática das Ciencias da Visión, e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa devandita área.
A aplicación dos coñecementos adquiridos a través da capacidade de concibir, deseñar, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación no ámbito das Ciencias da Visión con seriedade académica.
A capacidade de emitir xuízos a través da análise crítica, a avaliación e a síntese de ideas novas e complexas.
A capacidade de comunicar cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral achegas da área das Ciencias da Visión.
Adquirir habilidades que lles permitan fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural relativo ás Ciencias da Visión.
A realización deste Master proporcionará unha clara vantaxe laboral para un bo número de graduados nas distintas áreas sanitarias, como a especialización en enfermidades do aparato visual, óptica visual e psicofísica visual.
Por outra banda, este título de máster dá paso ao Terceiro Ciclo e á elaboración dunha Tese Doutoral.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 8
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de acceso: Medicina, Bioloxía, Química, Bioquímica, Farmacia, Física, Veterinaria, Estatística, Enxeñarías de Informática, Telecomunicacións, Industrial e Electrónica, Óptica e Optometría e Enfermaría.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2031209 | Ciruxía Refractiva e Calidade de Visión | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031210 | Fundamentos Físicos en Ciencias de Visión | 3.00 | OP | 1SG | P2031211 | Instrumentación, Análise e Procesamento da Imaxe | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031212 | Modelado do Procesamento Visual. | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031213 | Óptica Aplicada | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2031214 | Óptica Visual Avanzada | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031215 | Principios de Aberrometría Ocular | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2031234 | Fundamentos Físicos da Instrumentación Oftálmica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2031216 | Actualización en Patoloxía Coroidea | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031217 | Biomateriais na Terapéutica Ocular | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031218 | Avances no Tratamento da DMAE | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031220 | Avellentamento Celular e Visión | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031221 | Inmunoloxía Ocular | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2031222 | Investigación Aplicada en Ciencias da Visión | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031223 | Investigación Básica no Sistema Visual | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031224 | Melanoma Uveal: Investigación Clínica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2031212 | Modelado do Procesamento Visual. | 3.00 | OP | P2031225 | Trasplantes de Tecidos na Superficie Ocular | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2031227 | Psicofisioloxía da Visión | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2031228 | Bases Neurofisiolóxicas da Percepción Visual | 3.00 | OP | XT/NM | P2031233 | Bases Neurofisiolóxicas da Percepción Visual | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2031102 | Traballo de Fin de Máster (Licenciados e Enxeñeiros Superiores) | 31.00 | OB | XT/NM | P2031105 | Traballo de Fin de Máster | 30.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2031103 | Traballo Fin de Máster (Diplomados e Enxeñeiros Técnicos-só curso 2007-08) | 40.00 | OB | XT/NM | P2031105 | Traballo de Fin de Máster | 30.00 | OB | TFGM | 1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable