G2041102 - Anatomía (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 38.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 5.00
- Horas de Titorías: 8.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO alumno deberá posuír, ó superar esta materia, unha visión completa do globo ocular e os seus anexos así como dos pares craniais e vías nerviosas implicadas na visión que lle permita acceder á formación clínica, que implica:
1.-Comprender o concepto de Anatomía e Histología e o papel da mesma na súa formación profesional.
2.-Coñecer a terminoloxía anatómica con exactitude.
3.-Coñecer a disposición e organización do contido da cavidade orbitaria.
4.-Coñecer a morfoloxía externa e interna do Sistema Nervioso, especialmente en relación ao Sistema Visual.
5. Coñecer as tendencias actuais e as fontes bibliográficas básicas para o estudo da morfoloxía humana, referida os Sistemas Visual e Nervioso.
6. Comprender os textos científicos e interpretar as ilustracións habituais dos estudos morfológicos.
ContidosUNIDADE TEMÁTICA I: Introdución ao estudo da Anatomía Humana. Xeneralidades.
1.Concepto de Anatomía. A súa división. Nómina anatómica. Posición anátómica e eixos e planos do corpo humano.
2.Introdución á Histología Humana. Concepto de tecido. Tecidos básicos.
UNIDADE TEMÁTICA II: APARELLO DA VISIÓN
3.Anatomía topográfica da órbita: Morfoloxía xeral. Antropometría orbitaria. Paredes da órbita. Base e vértice orbitario.
4.Aparello da visión: aspectos xerais do sistema visual.
5.Globo ocular e os seus anexos.
6.Capa Esclero Corneal:
? A córnea. Estrutura. Inervación.
? A esclerótica. Estrutura. Vascularización e inervación.
? Limbo esclerocorneal.
7.Capa músculo ? vascular (Úvea) do globo ocular:
? Coroides propiamente dita.
? Corpo ciliar. Procesos ciliares. Músculo ciliar.
? Iris. Músculo do iris.
? Estrutura da úvea.
? Vascularización e inervación.
8.Rexión do ángulo esclerocorneal. Compoñentes.
9.Túnica nerviosa do globo ocular:
? Mácula e Papila óptica.
? Estrutura da retina.
? Anatomía Funcional.
? Vascularización.
10.Medios refringentes do globo ocular:
? A córnea e cámara anterior. Morfometría e a súa importancia.
? Humor acuoso: formación, circulación e reabsorción.
? O cristalino. Anatomía funcional e clínica. Estrutura.
? Humor vítreo. Anatomía funcional e clínica. Estrutura
11.Musculatura ocular extrínseca:
? Músculos rectos e músculos oblicuos.
? Anatomía Funcional da musculatura ocular no mecanismo da visión.
? Relacións dos músculos orbitarios. Aponeurosis e vainas musculares da órbita. Cápsula de Tenon.
12.Concepto de aparello protector do globo ocular:
? Anatomía das pálpebras. Estrutura. Vascularización e inervación.
? Conjuntiva. Estrutura. Vascularización e inervación.
? Glándulas e vías lacrimales. Estrutura. Vascularización e inervación.
? Cellas.
13.Organización xeral da vascularización do globo ocular e os seus anexos:
? Arterias da cavidade orbitaria.
? Veas da cavidade orbitaria.
? Linfáticos orbitarios.
14. Desenvolvemento embriológico do órgano da visión e os seus anexos. Malformacións congénitas máis frecuentes.
15.Aspectos xerais da organización do Sistema Nervioso.
16.Anatomía funcional da medula espinal. Centros medulares relacionados co aparello da visión.
17.Anatomía funcional do tronco cerebral. Centros tronco-encefálicos relacionados coa visión.
18.Anatomía funcional do diencéfalo. Centros diencefálicos relacionados coa visión.
19.Anatomía funcional do telencéfalo. Areas corticales. Areas corticales relacionadas coa visión.
20.Anatomía funcional dos pares craniais. Clasificación.
21.Concepto de nervio óptico-fascículo óptico. Vainas do nervio óptico.
22.Nervios motores oculares:
? Nervio motor ocular común.
? Nervio patético.
? Nervio motor ocular externo.
23.Organización do sistema sensitivo do globo ocular e os seus anexos. Nervio trigémino.
24.Neuroanatomía do aparello protector do globo ocular. Nervio facial. Bases neuroanatómicas das alteracións do mecanismo protector.
25.Vías ópticas:
? Vía da visión.
? Vías ópticas reflictes.
? Vías da oculomotricidad extrínseca.
26. Sistema oculomotor: circuítos de coordinación.
Bibliografía básica e complementariaBOUCHET, A. y CUILLERET, J. Anatomía Descriptiva, Topográfica y Funcional. Cara, cabeza y órganos de los sentidos. Ed. Médica Panamericana. Buenos Aires.
BENNINGHOFF Y DRENCKHALN: Compendio de Anatomía. Ed. Panamericana
FENEIS, H.: Nomenclatura anatómica ilustrada. Ed. Masson. BarcelonaSARAUX, H.; LEMASSON, C.; OFFRET, H.; RENARD G.. Anatomía e Histología del ojo. Ed. Masson. París.
GOSLING, J.A. Anatomía Humana. Texto y Atlas en color. Ed. Interamericana McGraw - Hill. Madrid.
GRAY: Anatomía para estudiantes. Ed. Elsevier
LATARJET-RUIZ LIARD. Anatomía humana, tomos I y II. Ed. Panamericana. México.
NETTER, F.H.(1999). Atlas de Anatomía Humana. Ed. Masson, S.A. Barcelona
SOBOTTA, J.;. Atlas de Anatomía humana. Ed. Panamericana. Madrid.
THIBODEAU, G.A.; PATTON, K.T. Anatomía y Fisiología. Ed. Harcourt Brace. Barcelona.
CD-Rom:
• Sobotta (Anatomía).
• Gray (Anatomía).
• Stevens & Lowe (Histología).
• Wheaters Functional Histology.
CompetenciasCoñecer e identificar a estrutura e función do sistema visual e nervioso humano.
Comprender as bases moleculares e fisiológicas das células e os tecidos. Para iso o alumno debe:
1. Identificar e situar adecuadamente as diferentes estruturas microscópicas e macroscópicas, así como as diferentes partes dos aparellos e sistemas visual e nervioso humano.
2. Identificar os elementos anatómicos que compoñen os aparellos e sistemas mediante as diferentes técnicas de imaxe.
3. Adquirir certa habilidade para representar gráficamente a morfoloxía e disposición anatómica dos diferentes elementos microscópicos e macroscópicos.
4. Utilizar correctamente a terminoloxía das estruturas microscópicas e macroscópicas que compoñen o sistema visual e nervioso humano.
5. Ser capaz de realizar unha procura bibliográfica que lle permita acceder adecuadamente aos recursos didácticos do departamento, da escola e da universidade.
Metodoloxía da ensinanza A docencia desenvolvésese en clases expositivas que consistirán na exposición dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica e clases prácticas e seminarios nas que o alumno desenvolvese, analizará e comprobase os contidos expostos na lección maxistral e adquerirá competencias no campo das habilidades e destrezas (disección anatomíca, realización de debuxos, etc.)
Sistema de evaluación-Valoración de coñecementos, aptitudes e habilidades: Proba teórica de opción múltiple. Proba práctica. Asistencia a clase. Preparación e exposición de traballos. Cadernos de prácticas e traballos de prácticas
- O estudante para aprobar a materia necesitará superar os contidos da parte teórica e da parte práctica por separado. A cualificación final da materia será o resultado da suma da nota do exame teórico (suporá un 50% da nota total) e da nota das clases interactivas (un 30% da nota total dos seminarios e un 20% o exame das prácticas de laboratorio)
-O profesor terá en conta a asistencia as clases teóricas e prácticas de cada estudante, de forma que a non asistencia as mesmas suporá unha puntuación negativa na cualificación final (a partir de 5 faltas sen justificar nas clases expositivas ou interactivas comezarase a restar puntuación). O estudante deberá justificar diariamente a súa asistencia a clase.
- Realizaranse controis teóricos e prácticos da materia que permitirán controlar a asistencia e ter un seguimento do estudante e que contabilizarán en caso de ter que realizar exame en xullo.
-A avaliación continua do estudante durante todo o curso permitirá que aínda que non se examine dunha das partes da materia, clases expositivas e interactivas, conservar esta avaliación até Xullo (figurará como non presentado). Igual se non se presenta a ningunha das partes.
A cualificación obtida de seminarios, prácticas e dos controis das clases expositivas será conservada até Xullo.
Tempo de estudo e traballo persoal36 horas de estudo individual.
36 horas para a realización de traballos, lecturas e busqueda bibliográfica
18 horas de traballo persoal para a elaboración dos traballos e memorias de prácticas
Total de traballo autónomo: 90 horas
Recomendacións para o estudo da materiaUtilización dos apuntamentos e os Atlas de anatomía recomendados na clase.
Realización de debuxos das estruturas e as súas relacións.
Visualización dos vídeos recomendados nas clases teóricas.
Utilización de programas informáticos específicos da materia.
ObservaciónsTanto nos seminarios como nas prácticas é obrigatoria a participación dos alumnos, é por tanto necesaria a preparación previa dos contidos do programa que se desenvolvesen neles.
Para as prácticas cada alumno deberá levar os apuntamentos correspondentes, un atlas de anatomía, material de debuxo, e bata branca de laboratorio