Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Óptica e Optometría  »  Información da Materia

G2041103 - Bioquímica (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 34.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 4.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Óptica e Optometría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Cordero Santamaria, Oscar J.SI
COVELO ARTOS, GUILLERMO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS XERAIS

    O obxectivo xeral da materia é estudar as bases químicas, moleculares e xenéticas dos procesos biolóxicos, especialmente en relación co ollo. Ao longo do programa o alumno debe adquirir unha visión xeral sobre a estrutura da materia viva, a catálise e metabolismo celular, así como as bases moleculares do almacenamento e expresión da información biolóxica.


    OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

    Coñecer os procesos bioquímicos básicos implicados no sistema visual.

    Comprender as bases bioquímicas das alteracións do sistema visual.

    Proporcionar os coñecementos básicos para comprender mellor outras materias

    Contidos
    INTRODUCIÓN

    1. INTRODUCIÓN á Bioquímica e Bioloxía Molecular. Bioquímica Ocular. Biomoléculas: características químicas e estruturais. Reaccións bioquímicas.

    2. O AUGA. Estrutura e propiedades da auga. O auga nos seres vivos. Actividade iónica do auga. Ácidos e bases. Disolucións reguladoras ou tampóns. Fluidos oculares. Bioquímica clínica dos fluidos oculares.

    BIOMOLÉCULAS

    3. GLÍCIDOS. Glícidos: concepto e clasificación. Monosacáridos e derivados dos monosacáridos. Disacáridos. Polisacáridos. Proteoglucanos e glicoproteínas.

    4. LÍPIDOS. Ácidos graxos. Lípidos: características estruturais e clasificación. Lipoproteínas. Principais lípidos oculares.

    5. AMINOÁCIDOS E DERIVADOS. PÉPTIDOS E PROTEÍNAS. Aminoácidos e derivados: propiedades. Características estruturais e funcións dos nucleótidos. Enlace peptídico e estrutura primaria das proteínas. Péptidos de interese biolóxico. Pregamento das proteínas e relación estrutura-función. Estruturas secundarias, terciarias e cuaternarias. Alosterismo.

    ENZIMOLOXÍA

    6. ENZIMAS. Clasificación. Mecanismo da catálise enzimática. Cinética enzimática. Proteínas e enzimas responsables da visión.

    7. VITAMINAS, MINERAIS E OLIGOELEMENTOS. Vitaminas: clasificación e funcións. Vitaminas liposolubles. Vitaminas hidrosolubles. Efectos das deficiencias de vitaminas nos tecidos oculares. Minerais e oligoelementos.

    8. INHIBICIÓN E REGULACIÓN da actividade enzimática. Regulación alostérica. Regulación por modificación covalente

    METABOLISMO INTERMEDIARIO

    9. INTRODUCIÓN E BIOENERXÉTICA. Introdución ao metabolismo. Rutas metabólicas. Relacións
    termodinámicas e compostos de alto nivel enerxético.

    10. REGULACIÓN DO METABOLISMO. Introdución. Transporte a través da membrana.

    11. SINALIZACIÓN CELULAR E NEUROQUÍMICA OCULAR. Compoñentes: Sinais, receptores, transdutores e efectores. Mecanismos de transdución de sinais. Principais neurotransmisores da retina.

    12. METABOLISMO AEROBIO. Ciclo do os ácidos tricarboxílicos. Cadea de transporte electrónico e fosforilación oxidativa. Inhibidores do transporte electrónico e axentes desacoplantes. Bioquímica da degradación ocular: Cambios bioquímicos en cristalino, córnea e retina.

    13. METABOLISMO DE GLíCIDOS. Glucólise e a súa regulación. Destinos metabólicos do piruvato e fermentación láctica. Incorporación doutros monosacáridos á vía glucolítica. Ruta das pentosas fosfato. Gluconeoxénese e a súa regulación. Glucoxenólise e glucoxenoxénese. Control do metabolismo do glucóxeno. Metabolismo aerobio e anaerobio ocular.

    14. METABOLISMO DE LÍPIDOS E LIPOPROTEÍNAS. Metabolismo de ácidos graxos e a súa regulación. Metabolismo do colesterol e a súa regulación. Metabolismo de lipoproteínas.

    15. METABOLISMO DO NITRÓXENO. Degradación de proteínas e recambio proteico. Reaccións comúns ao metabolismo de aminoácidos: transaminación e desaminación oxidativa. Metabolismo de aminoácidos específicos. Metabolismo de nucleótidos: purínicos e pirimidínicos.

    16. COORDINACIÓN DO METABOLISMO. Integración do metabolismo. Diabetes e retinopatías.

    ÁCIDOS NUCLEICOS E EXPRESIÓN XÉNICA

    17. ÁCIDOS NUCLEICOS. Estrutura dos ácidos nucleicos e o xenoma. Replicación, reparación e recombinación do DNA.

    18. EXPRESIÓN XÉNICA. Síntese do RNA: transcrición. Síntese de proteínas: tradución. Modificacións post-traducionais. Regulación da expresión xénica.

    Bibliografía básica e complementaria
    LOZANO, J. A.; GALINDO, J. D.; GARCÍA-BORRON, J. C., MARTÍNEZ-LIARTE, J. H., PEÑAFIEL, R. e SOLANO, F., Bioquímica y Biología Molecular para Ciencias de la Salud, Terceira edición, McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2005.

    MüLLER-STERL, W. “ Bioquímica. Fundamentos para Medicina y Ciencias de la Vida”, Editorial Reverté, Barcelona, 2008.

    McKEE, T. y McKEE, J.R., "Bioquímica. Las Bases Moleculares de la Vida", Cuarta edición, McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2009.

    JOHN W. BAYNES, MAREK H. DOMINICZAK. “Bioquímica Médica”, Segunda edición, Elsevier Mosby, Madrid, 2007.

    DAVID R. WHIKEHART. “Biochemistry of the eye”. Segunda edición, Elsevier Inc. Philadelphia, 2003.

    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

    Coñecer a composición e a estrutura das moléculas que forman os seres vivos.

    Comprender as transformacións dunhas biomoléculas noutras.

    Aplicar os coñecementos bioquímicos ao ollo e ao proceso da visión.

    Recoñecer e manexar material e técnicas básicas de laboratorio.



    COMPETENCIAS XERAIS

    Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.

    Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.

    Coñecer os procesos xerais da enfermidade, as alteracións metabólicas e as desordes xenéticas.

    Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información biomédicas para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.

    Coñecer do método científico e ter capacidade para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipóteses, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.

    Metodoloxía da ensinanza
    DOCENCIA EXPOSITIVA

    A docencia expositiva está concibida a fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que acaden os obxectivos da materia. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.


    DOCENCIA INTERACTIVA

    Realizaranse seminarios sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.


    TITORIAS

    Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, computadores, espazo virtual da materia e outros medios que o profesor considere oportunos.


    PRÁCTICAS DE LABORATORIO

    O alumno seguirá o guión de prácticas elaborado polo profesor para desenvolver os protocolos experimentais. Ao final de cada sesión o alumno elaborará unha pequena memoria sobre a actividade realizada.

    Sistema de evaluación
    A asistencia ás diferentes actividades é OBRIGATORIA e REQUISITO para aprobar a materia. Control mediante lista de firmas.

    EXAME FINAL (75% da nota final)

    Utilizarase como proba avaliadora un exame tipo test e preguntas curtas que abranguerá todos os aspectos relacionados cos contidos da materia. Para aprobar a asignatura compre contestar a todo o exame e sacar un mínimo de nota na parte tipo test.


    AVALIACIÓN CONTINUA (25% da nota final)

    Realizarase mediante controis periódicos da súa aprendizaxe e nivel de participación nas distintas actividades realizadas (seminarios, titorías e prácticas de laboratorio).

    Esta parte da nota pode ser gardada para os dous seguintes cursos no caso de facelo así constar o alumnado repetidor e ter feitas as actividades obrigatorias. En caso de suspenso, a nota do exame non se garda para a seguinte convocatoria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS

    Clases expositivas 34
    Clases interactivas 8
    Prácticas de laboratorio en grupo reducido 4
    Titorías en grupo reducido 3

    Total horas traballo presencial na aula 49


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS

    Estudo autónomo individual ou en grupo 77
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 6
    Elaboración de memoria 2
    Lecturas recomendadas, actividades 11
    en biblioteca ou similar
    Preparación de presentacións orais, 5
    debates ou similar

    Total horas traballo persoal do alumno 101



    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.

    Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.

    Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.

    Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.