Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Óptica e Optometría  »  Información da Materia

G2041104 - Bioloxía (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 38.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 5.00
  • Horas de Titorías: 8.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Bioloxía Celular
  • Centro: Facultade de Óptica e Optometría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
NOIA GULDRIS, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Dar a coñecer a organización estrutural da célula, a súa composición macromolecular, o funcionamento dos distintos compoñentes e as relacións intercelulares e co medio extracelular.
    - Coñecer as variantes hereditarias ou mutacións e a súa repercusión na variabilidade xenética das poboacións.
    - Identificar os mecanismos defensivos do ser humano fronte ás infeccións e as alteracións do sistema inmunitario e as súas manifestacións oculares.
    - Coñecer o manexo do microscopio e aprender a identificar células e os seus orgánulos en preparacións de microscopia óptica e en micrografías de microscopia electrónica.
    - Adestrarse no manexo de bibliografía xeral e especializada, así como no uso de Internet para preparar a materia.
    - Aprender a preparar seminarios sobre temas da disciplina.

    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS

    TEMA 1.- Introdución. Breve historia da Citoloxía e Histoloxía. A Teoría Celular. A Citoloxía e Histoloxía actual e a súa relación con outras ciencias.
    TEMA 2.- Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos.

    Membrana plasmática.
    TEMA 3.- Composición e estrutura da membrana plasmática.
    TEMA 4.- Intercambios da célula co medio externo I. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
    TEMA 5.- Intercambios da célula co medio externo II. Transporte de macromoléculas e partículas.

    O núcleo, ribosomas e mecanismos xenéticos.
    TEMA 6.- Organización estrutural do núcleo celular interfásico.
    TEMA 7.- Cromatina e cromosomas.
    TEMA 8.- Replicación. Transcrición.
    TEMA 9.- Ribosomas e síntese de proteínas.

    Variabilidade dos seres vivos.
    TEMA 10.- Mutacións. Xenética de poboacións.

    Sistemas de endomembranas.
    TEMA 11.- Retículo endoplasmático.
    TEMA 12.- Aparato de Golgi.
    TEMA 13.- Sistema lisosomal e vacúolos.

    Conversión da enerxía.
    TEMA 14.- Mitocondrias.
    TEMA 15.- Plastos.
    TEMA 16.- Microcorpos.

    Citosol.
    TEMA 17.- O citosol. Inclusións citoplamáticas.

    Motilidade celular e citoesqueleto.
    TEMA 18.- Citoesqueleto. Microfilamentos.
    TEMA 19.- Microtúbulos.
    TEMA 20.- Filamentos intermedios.

    O ciclo celular e a división celular.
    TEMA 21.- O ciclo celular eucariota.
    TEMA 22.- División celular.
    TEMA 23.- Meiose.

    Determinación, diferenciación e morte celular.
    TEMA 24.- Determinación e diferenciación celular.
    TEMA 25.- Avellentamento e morte celular.

    Relación das células entre si e co medio.
    TEMA 26.- Sinalización celular.
    TEMA 27.- Matriz extracelular e unións intercelulares.
    TEMA 28.- A parede celular vexetal.

    Sistema inmunitario.
    TEMA 29.- Características e funcionalidade das moléculas, células e tecidos implicados na resposta inmunitaria. Resposta inflamatoria local.
    TEMA 30.- Mecanismos de defensa fronte a axentes infecciosos.

    Alteracións do sistema inmunitario e as súas manifestacións oculares.
    TEMA 31.- Manifestacións oculares nos procesos alérxicos.
    TEMA 32.- Manifestacións oculares nas enfermidades autoinmunitarias.
    TEMA 33.- Manifestacións oculares nas inmunodeficiencias.

    Sistema visual nos animais.
    TEMA 34.- Sistema visual e visión nos animais non mamíferos.

    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS

    PRÁCTICA 1.- Práctica de computador. Libros de texto na rede. Busca de páxinas na rede relacionadas coa Bioloxía Celular.
    PRÁCTICA 2.- Manexo do microscopio óptico. Observación de orgánulos celulares: aparato de Golgi en ganglio raquídeo, retículo endoplasmático en motoneuronas de medula espiñal. Observación de micrografías electrónicas de distintos orgánulos celulares.
    PRÁCTICA 3.- Mitose en sección de raíz de cebola. Seccións de ollo de troita.

    SEMINARIOS
    Cada alumno, co seu respectivo grupo, elaborará obrigatoriamente un seminario sobre os catro últimos temas do temario. É dicir, cada alumno traballará en grupo para preparar un seminario durante o curso.
    O profesor suministrará ou indicará onde localizar a materia que terá que ser procesada para realizar o seminario (revisións científicas, libros, páxinas na rede).
    Bibliografía básica e complementaria
    Recomendada como texto.
    COOPER, G. M.; HAUSMAN, R.E. (2010). La Célula. 5ª ed. Editorial Marbán, Madrid.

    Alternativa.
    PANIAGUA, R.; NISTAL, M.; SESMA, P., ÁLVAREZ-URÍA, M.; FRAILE, B.; ANADÓN, R.; SÁEZ, F.J. (2007). Citología e Histología Vegetal y Animal. Vol 1: Biología Celular. 4ª ed. Editorial McGraw-Hill-Interamericana, Madrid.
    ALBERTS, B.; BRAY, D.; HOPKIN, K.; JOHNSON, A.; LEWIS, J.; RAFF, M.; ROBERTS, K.; WALTER, P. (2011). Introducción a la Biología Celular. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana, México.

    Máis especializada.
    ALBERTS, B.; BRAY, D.; LEWIS, J.; RAFF, M.; ROBERTS, K.; WATSON, J. D. (2004). Biología Molecular de la Célula, 4ª ed. Editorial Omega, Barcelona.
    BECKER, W.M.; KLEINSMITH, J.; HARDIN, J. (2007). El Mundo de la Célula. 6ª ed. Editorial Pearson Addison Wesley, Madrid.
    KARP, G. (2006). Biología Celular y Molecular: Conceptos y Experimentos. 2ª ed. Editorial MacGraw-Hill Interamericana, México.
    LODISH ,H.; BERK, A.; MATSUDAIRA, P.; KAISER, C.A.; KRIEGER, M.; SCOTT, M.P.; ZIPURSKI, S.L.; DARNELL, J. (2006). Biología Celular y Molecular. 5ª ed. Editorial Médica Panamericana, Madrid.

    PRÁCTICAS
    RUÍZ, M. S.; RODICIO, M.C.; CORUJO, A. (1985). Cuaderno de Prácticas de Citología e Histología Vegetal y Animal. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.

    TÉCNICAS
    LOCQUIN, M.; LANGERON, M. (1985). Manual de Microscopía. Editorial Labor Barcelona.
    MONTUENGA, L.; ESTEBAN, F.J.; CALVO, A. (2009). Técnicas en Histología y Biología Celular. Editorial Elsevier Masson, Barcelona.

    REVISTAS
    - Investigación y Ciencia.
    - Mundo Científico.
    - Nature.
    - Science.
    - Current Biology.
    - Current Opinion in Cell Biology.
    - International Review of Cytology.
    - Cell.
    - Journal of Cell Biology.

    INFORMACIÓN EN INTERNET
    1.- Biblioteca da USC.
    http://busc.usc.es
    2.- Libros de clase.
    http://www.pubmed.com (books)
    3.- Bioloxía Celular.
    http://www.pubmed.com
    http://www.cell-biology.com
    http:// www.roberthooke.org.ok
    http://cellbio.utmb.edu/cellbio/membrane.htm
    http://www.microanatomy.net/index.asp

    Competencias
    Ao finalizar o curso, espérase que os alumnos desta materia:
    - Dispoñan de coñecementos suficientes sobre a estrutura e funcionamento da célula para comprender como é e como funciona.
    - Teñan coñecemento sobre o sistema inmunitario e sobre as alteracións do sistema inmunitario e as súas manifestacións oculares.
    - Comprendan conceptos xenéticos básicos e a súa relación coa variabilidade das poboacións.
    - Sexan capaces de describir e identificar as células e os compoñentes da célula en imaxes de microscopía óptica e electrónica.
    - Coñezan e manexen adecuadamente o microscopio óptico.
    - Coñezan e manexen as fontes de información e a bibliografía, xeral e especializada, relacionada coa materia.
    - Coñezan a terminoloxía usada en Bioloxía Celular.
    - Sexan capaces de aplicar a teoría á práctica.
    - Saiban traballar en grupo e de forma autónoma.
    - Cos coñecementos adquiridos, os alumnos poderán abordar con éxito outras materias do grao de Óptica e Optometría. Estarán capacitados para entender a nova bibliografía relacionada coa materia e actualizar de maneira autónoma os seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizaranse:
    - Clases maxistrais.
    - Seminario obrigatorio realiazado polos alumnos. Os alumnos traballarán en grupos de 5 e presentarán por escrito, a través do Campus Virtual da USC, o traballo realizado sobre os catro últimos temas do temario.
    - Prácticas de laboratorio e de computador. Faranse grupos de prácticas que terán lugar durante o primeiro cuadrimestre (ata completar 3 h de prácticas de laboratorio e 2 h de prácticas de computador por grupo).
    - Titorías obrigatorias (tres titorías de 1 h cada unha).
    Sistema de evaluación
    - Os alumnos deben superar un exame que representará o 60% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
    - Os alumnos tamén deben realizar obrigatoriamente o seminario. Realizarase un exame da materia preparada no seminario, o que suporá o 20% da nota final. Esta nota sairá da media de sumar a nota media que ten o grupo no exame máis a nota individual do exame máis a nota do traballo entregado polo grupo. As notas do exame por baixo de 5 non entrarán na media, polo que os alumnos que estean nese caso terán 0 na nota media do grupo.
    - Así mesmo, é obrigatoria a asistencia a prácticas, sendo necesaria para a superación das mesmas. Realizarase un exame práctico obrigatorio que determinará o 10% da nota final.
    - A asistencia a clase e aos seminarios e a participación a través do Campus Virtual tamén se terá en conta e suporá o 10% da nota final.
    - Se non se realiza o seminario ou non se fan as prácticas, non se poderá superar esta materia.
    - A non asistencia ás titorías obrigatorias terase en conta na nota final.
    - Os alumnos repetidores non terán que facer as prácticas nin o seminario se xa o realizaron nos anos anteriores. Se queren superar (ou baixar) a nota que xa teñen poderán facer o exame de prácticas e/ou do seminario.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Teoría: 34 horas presenciais e 66 horas de traballo persoal.
    - Titorías obrigatorias e preparación de seminarios: 7 horas presenciais e 22 horas de traballo persoal.
    - Prácticas de laboratorio: 3 horas presenciais e 6 horas de traballo persoal.
    - Prácticas de computador: 2 horas presenciais e de traballo persoal.
    - Realización de exames: 5 horas presenciais.
    - Total de horas de traballo presencial na aula: 46 horas.
    - Total de horas de traballo persoal do alumno: 99 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e participación activa na clase.
    - Por cada hora de clase unha hora de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
    - Estudo e revisión semanal da materia dada.
    - Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
    - Repaso para o exame final.