Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Óptica e Optometría  »  Información da Materia

G2041106 - Bioestatística (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Estatística e Investigación Operativa
  • Áreas: Estatística e Investigación Operativa
  • Centro: Facultade de Óptica e Optometría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
COLADAS URIA, LUIS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Dotar ao alumnado das técnicas estatísticas indispensables na experimentación en Óptica e Optometría. Capacitalo para a análise de datos e para o razoamento estatístico. Aprender o manexo da folla de cálculo pola súa propia utilidade e para a resolución de problemas estatísticos.

    Contidos
    Tema 1. Estatística descritiva
    Introdución á Estatística. Variables. Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de posición e de dispersión.
    Tema 2. Probabilidade
    Experimento aleatorio. Espazo mostral. Sucesos. Probabilidade. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Regra do produto, lei de probabilidades totais e teorema de Bayes. Sensibilidade, especificidade, valores preditivos positivo e negativo.
    Tema 3. Variables aleatorias
    Variables aleatorias discretas e continuas. Distribucións de probabilidade: función de masa, función de densidade e función de distribución. Medidas dunha variable aleatoria. Independencia entre variables aleatorias. A distribución binomial e a distribución normal. Aproximación da distribución binomial pola distribución normal.
    Tema 4. Estimación e intervalos de confianza
    Introdución á Inferencia Estatística. Estimación de parámetros. Intervalos de confianza para a proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal.
    Tema 5. Contrastes de hipóteses
    Introdución. Hipóteses nula e alternativa. Tipos de erros nun contraste de hipóteses. Nivel de significación e potencia dun test. Etapas na resolución dun contraste de hipóteses. O nivel crítico ou "p-valor". Contrastes de hipóteses para unha proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal.
    Tema 6. Comparación de poboacións
    Comparación de dúas medias, con varianzas coñecidas e descoñecidas. Comparación de dúas proporcións. Análise da varianza cun só factor.
    Tema 7. Modelos de regresión
    Introdución aos modelos de regresión: o modelo lineal simple. Estimación dos parámetros: o método dos mínimos cadrados. Inferencia sobre os parámetros. Descomposición da variabilidade. O test F. Coeficiente de correlación e coeficiente de determinación. Predición.

    Bibliografía básica e complementaria
    O profesor distribuirá, a través do curso virtual, apuntamentos adaptados aos contidos do programa.

    Recoméndase tamén a consulta dos seguintes libros:
    Cao, R. e outros. (2001): “Introducción a la Estadística y sus aplicaciones”, Ed. Pirámide.
    Daniel, W.W. (2002): “Bioestadística. Base para el análisis de las ciencias de la salud”, Limusa Wiley.
    Milton, J.S. (2007): “Estadística para Biología y Ciencias de la Salud”, McGraw-Hill-Interamericana.
    Rosner, B. (2005): “Fundamentals of Biostatistics”, Duxbury Press.

    Competencias
    Capacitar ao alumnado para a realización de análises de datos da Óptica e a Optometría, e para a aplicación das ferramentas estatísticas necesarias para o resumo e presentación de resultados.
    Formular e avaliar modelos estatísticos de uso común nas Ciencias da Saúde.
    Adquirir destreza no manexo da folla de cálculo e no seu uso para resolver os problemas estatísticos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Impartiranse dúas horas expositivas semanais en aula con encerado, onde se aprenderán os contidos teóricos da materia e os procedementos de resolución dos problemas prácticos.
    Inclúense tamén dúas horas interactivas semanais, a maioría (en torno a 18 horas) en aula de informática, onde se aprenderá o uso da folla de cálculo para a aplicación das técnicas estatísticas. Outras horas interactivas (en torno a 6 horas) serán en aula con encerado, nas que se resolverán exercicios e se debaterán os conceptos da materia.
    Recolleranse e corrixiranse as tarefas propostas nas actividades interactivas, o que formará parte da avaliación.
    Farase uso da ferramenta da USC Virtual.

    Sistema de evaluación
    A cualificación final será o resultado dun exame final teórico-práctico, que corresponderá ao 70% da cualificación final, e da avaliación das actividades interactivas, que será o 30% restante na cualificación final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    En xeral, catro horas adicionais por semana, de estudo e traballo persoal, que complementen a asistencia a clases, deberían resultar suficientes.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para superar con éxito a materia é conveniente a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. Así mesmo, a resolución e revisión dos exercicios propostos ao longo do curso deberán servir para acadar os obxectivos deste curso.