Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Óptica e Optometría  »  Información da Materia

G2041221 - Fundamentos de Farmacoloxía Xeral (Patoloxía do Sistema Visual) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 33.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Farmacoloxía
  • Áreas: Farmacoloxía
  • Centro: Facultade de Óptica e Optometría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA ALONSO, ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer a terminoloxía básica en farmacoloxía (conceptos de fármaco, mecanismo de acción, acción farmacolóxica e efectos de fármacos).
    Comprender as características máis importantes das principais vías de administración de fármacos e formas farmacéuticas de uso común e as súas vantaxes e inconvenientes.
    Coñecer os factores que inflúen na absorción, distribución, biotransformación e eliminación dos fármacos.
    Comprender as consecuencias da variación na resposta aos fármacos e a importancia das interaccións farmacolóxicas.
    Coñecer as reaccións adversas a fármacos, os seus tipos e as consecuencias que xeran.
    Adquirir unha visión xeral dos fármacos prototipo de grupos terapéuticos asociados ao sistema nervioso autónomo e periférico, mediadores celulares de inflamación.
    Contidos
    INTRODUCCIÓN. Farmacoloxía como ciencia.
    Farmacoloxía xeral. Farmacocinética. Absorción dos fármacos. Distribución dos fármacos. Biotransformación dos fármacos. Excreción dos fármacos. Formas farmacéuticas. Mecanismos de acción dos fármacos. Reaccións adversas aos fármacos. Variabilidade na resposta aos fármacos.
    BASES FARMACOLÓXICAS DA TERAPÉUTICA OCULAR
    FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO E PERIFÉRICO
    Neurotransmisión no sistema nervioso autónomo e periférico. Sistema Nervioso simpático e parasimpático. Transmisión catecolaminérxica. Modulación farmacolóxica da transmisión noradrenérxica e dos receptores adrenérxicos. Transmisión colinérxica. Modulación farmacolóxica da transmisión colinérxica e dos receptores colinérxicos. Anestésicos locais.
    FARMACOLOXÍA DOS MEDIADORES CELULARES E INFLAMACIÓN
    Antiinflamatorios. Anti-histamínicos.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA FUNDAMENTAL
    Rang H.P., Dale M.M., Ritter J.M., Flower R.J. Farmacología (6ª ed). Elsevier. Barcelona; 2008.
    Flórez J. Farmacología Humana (5ª ed). Elsevier-Masson. Barcelona; 2008.
    Goodman L., Gilman, A. Las bases farmacológicas de la terapéutica (11ª ed). Brunton, L., Lazo J., Parker, K. editores. McGraw-Hill Interamericana. Mexico; 2007.
    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    Baños E.J., March M. Farmacología ocular (2ª ed). Ed UPC. Barcelona; 2002
    Bartlett J.D., Jaanus S.D. Clinical ocular pharmacology. Butteworth-Heinemann (4ª ed). Boston; 2001
    Competencias
    Empregar axeitadamente a linguaxe científica propia da área.
    Saber valorar a importancia dos condicionantes farmacocinéticos e farmacodinámicos no efecto farmacolóxico.
    Relacionar os efectos farmacolóxicos dos fármacos prototipo coas súas potenciais aplicacións clínicas e reaccións adversas.
    Ser consciente da importancia do correcto manexo de calquera substancia que se usa para fins terapéuticos.
    Metodoloxía da ensinanza
    Para o desenvolvemento do ensino e da aprendizaxe, realizaránse varias actividades de formación que permitirán os alumnos adquirir as competencias programadas:
    - Clases teóricas, a través das que se pretende que o alumno desenvolva fundamentalmente as competencias conceptuais. Ademáis motivaráse os alumnos a reflexión, facilitándolles o descubrimento das relacións entre os distintos conceptos e formándolles unha mentalidade crítica.
    - Titorías, a través das que se dirixirá o traballo autónomo dos estudantes, a vez que se profundiza nos diferentes aspectos da materia mediante a resolución de problemas e casos prácticos.
    Sistema de evaluación
    EXAME TEÓRICO: Representará un 80% da cualificación final da asignatura. Haberá:
    -Unha parte de preguntas tipo test. Catro opcións de resposta con só unha verdadeira. Por cada dúas respostas erróneas descontaráse unha das respostas acertadas. (Representará un 50% da nota do exame teórico)
    - Unha parte de preguntas cortas. (Representará un 50% da nota do exame teórico)

    ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN nas clases teóricas e tutorías programadas polo profesor. Representará un 20% da cualificación final da asignatura.

    Para poder superar a materia será necesario obter un mínimo no exame teórico que será un 40% da puntuación máxima posible (sobre 10, obter un 4).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    56 horas de estudo individual.
    18,5 horas para a realización de traballos, lecturas e búsqueda bibliográfica
    Total de traballo autónomo: 74,5 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir de forma activa e con actitude crítica as clases e tutorías programadas.
    Facer un uso real das tutorías para resolver as dúbidas que surxan o longo do curso.
    Estudar diariamente os contidos do programa teórico e resolver os problemas e casos prácticos que se plantexen.
    Empregar a bibliografía recomendada e outra sobre o tema que poida resultar de interese para o estudante, co obxetivo de aclarar conceptos, afianzar coñecementos e adquirir destreza na resolución de dúbidas e problemas.