G2041231 - Enfermidades Oculares I (Patoloxía do Sistema Visual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 16.00
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 58.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Cirurxía
- Áreas: Oftalmoloxía
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAdquisición dos coñecementos xerais acerca das bases diagnosticas, clínicas e terapéuticas das enfermidades oculares do segmento anterior do ollo, información que é fundamental para a práctica correcta do seu labor profesional.
Aprendizaxe e manexo dos diferentes métodos de exploración necesarios para a sospeita diagnóstica dunha afección do segmento anterior.
Coñecer as poboacións de risco para o padecimiento das diferentes enfermidades oculares.
ContidosEnfermidades da órbita.
Patoloxía infecciosa, inflamatoria e tumoral das pálpebras.
Alteracións do aparello lagrimal.
Ollo seco.
Patoloxía da conjuntiva. Signos obxectivos en patoloxía conxuntival. Formas clínicas das conxuntivites.
Inflamacións da esclera.
Patoloxía corneal. Queratopatía epitelial. Queratitis bacteriana, micótica e vírica. Queratitis parenquimatosa e intersticial. Cambios involutivos. Dexeneracións e distrofias corneales. Alteracións corneales por lentes de contacto.
Alteracións do cristalino. Clasificación das cataratas.
Glaucoma. Glaucoma primario de ángulo aberto. Glaucoma primario de ángulo pechado. Glaucomas secundarios. Glaucoma conxénito.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
KANSKI. Oftalmología Clínica. I.S.B.N. 84-8174-493-X
KANSKI J.J. Atlas de Oftalmología. Signos clínicos y diagnósticos. I.S.B.N. 84-8174-395-X
LANG K. Oftalmología. Texto y atlas en color. I.S.B.N. 84-4588-110-X
RIORDAN E., VAUGHAN A. General Ophthalmology. I.S.B.N. 0-0713-7831-6. (2004)
SPALTON D.J., HITCHINGS R.A., HUNTER P.A. Atlas de Oftalmología Clínica. Mosby/Doyma Libros.I.S.B.N. 84-8086-123-1. Madrid, 1995.
VAUGHAN A. Oftalmología General I.S.B.N. 968-426-880-7
Bibliografía complementaria
GRAYSON M. Enfermedades de la córnea. I.S.B.N. 950-06-0843-X
RAPUANO C.J., LUCHS J.I., KIM T. Segmento anterior. Los requisitos en Oftalmología. I.S.B.N. 84-8174-515-4
ALWARD W. Glaucoma. Los requisitos en Oftalmología. I.S.B.N. 84-8174-513-8
CompetenciasCoñecer os síntomas das enfermidades visuais e ser capaz de recoñecer os signos que se lle asocian.
Actuar con criterio na detección e prevención dos principais trastornos oftalmolóxicos, co fin de remitir aos pacientes ao oftalmólogo para o seu estudo e tratamento.
Diferenciar os procesos banais das urxencias oftalmolóxicas que esixen a actuación inmediata do oftalmólogo.
Coñecer as poboacións de risco para padecer as diferentes enfermidades oculares.
Participar na educación sanitaria oftalmolóxica da poboación.
Explorar correctamente mediante biomicroscopía e oftalmoscopía as diferentes estruturas oculares e os seus anexos, podendo recoñecer signos clínicos e lesións que lle conduzan a unha sospeita diagnóstica.
Coñecer os fundamentos e técnicas de educación sanitaria e os principais programas xenéricos de saúde aos que o optometrista debe contribuír desde o seu ámbito de actuación.
Metodoloxía da ensinanza Clase expositivas:
O profesor presentará os disferentes contidos sobre esquemas básicos complementados con múltiples imaxes e fotos de casos clínicos reais.
Seminarios interactivos:
Ao longo do curso desenvolveranse seis seminarios sobre leccións das diferentes partes do programa (anexos oculares, córnea, conxuntiva, ollo seco, cristalino e cataratas e glaucoma). Fomentarase que o alumno participe activamente, tanto preguntando como respondendo as cuestións que poidan xurdir.
Prácticas clínicas:
Para a súa realización os alumnos asisten, en grupos reducidos, a unha consulta que realiza un profesor; e, supervisados por el, practican os métodos exploratorios que están ao seu alcance.
Titorías:
O profesor estimulará a participación do alumno para presentar as dúbidas que poidan xurdirlle no estudo do temario ou no transcurso das prácticas clínicas.
Sistema de evaluaciónAvaliación final mediante exame escrito. A proba incluirá preguntas test de resposta múltiple, 3-4 preguntas curtas sobre os contidos explicados, así como na resolución -a nivel de diagnóstico de presunción- algún(vos) caso(s) clínico(s) documentado(s).
Tempo de estudo e traballo persoalEstímanse necesarias ao redor de 60-70 horas de estudo e traballo de manexo bibliográfico.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase aos alumnos que accedan a imaxes dos atlas que se sinalan na bibliografía, así como á utilización de sistemas informaticos de procura bibliográfica e de recompilación de imaxes tales como o uso de Medline.