G2041232 - Semioloxía e Fisiopatoloxía Ocular (Patoloxía do Sistema Visual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 5.00
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 8.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Cirurxía
- Áreas: Oftalmoloxía
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Introducir conceptos básicos xerais da Semioloxía Ocular orientados á formación do futuro optometrista
- Proporcionar os coñecementos para a comprensión da fisioloxía do ollo nas alteracións máis frecuentes
- Concienciar sobre a importancia dos métodos de exploración e o achado de signos e síntomas presentes nas alteracións ou enfermidades oculares
- Establecer as relacións existentes entre os procesos patolóxicos do ollo e as alteracións da visión
- Aproximar o alumno á detección de alteracións a través da observación da biomicroscopia ocular e introducir a terminoloxía da semioloxía ocular
Contidos- Conceptos básicos da consulta en optometría: epidemioloxía e exploracións máis frecuentes no exame ocular. Terminoloxía específica
- Semioloxía das pálpebras: alteracións da posición, da motilidade e procesos inflamatorios
- Semioloxía conxuntival: conxuntivite, protocolo de exploración e signos e síntomas diferenciais
- Aparello lacrimal: fisiopatoloxía e alteracións máis frecuentes
- Semioloxía das enfermidades corneais: conceptos básicos e riscos asociados á práctica da contactoloxía
- Cristalino: concepto da catarata, aspectos diagnósticos e enfermidades asociadas
- Semioloxía da úvea
- Sistematización da vía óptica e os síndromes máis importantes
- Exploración da motilidade ocular; concepto e diferenzas entre o estrabismo concomitante e o estrabismo paralítico
- Semioloxía das alteracións do nervio óptico: atrofia, escavación e edema.
Bibliografía básica e complementaria- J. Kanski, J. e K. Nischal, Ken, Atlas de Oftalmología. Signos clínicos y diagnóstico diferencial, Ed. Harcowrt Brace-Mosby, 1999.
- Pastor Jimeno, J., Guiones de Oftalmología, Ed. McGraw-Hill-Interamericana.
- Durán de la Colina, J. A., Complicaciones por lentes de contacto, Tecnimedia, Madrid, 1998.
- J. Kanski, J., Oftalmología Clínica, Ed. Mosby.
Competencias- O alumno debe adquirir os coñecementos para realizar os protocolos de consulta desde a anamnese ata os métodos de exploración.
- Coñecer as exploracións necesarias no exame ocular e os principios teóricos do manexo dos instrumentos que faciliten o seu uso práctico.
- Conseguir unha base teórica sobre a semioloxía das diferentes alteracións oculares que lle permita identificar aqueles signos e síntomas máis característicos e específicos da enfermidade.
- Establecer unha relación entre as alteracións estudadas e a repercusión sobre a agudeza visual e a calidade da visión.
- Identificar factores de risco diante de posibles actuacións relacionadas co exercicio da optometría e da contactoloxía.
Metodoloxía da ensinanza Ensinanzas teóricas:
- Leccións teóricas deseñadas coa axuda de diapositivas, fotos de casos clínicos e vídeos
- Referencias bibliográficas (libros ou publicacións) complementarias a cada clase teórica
Seminarios: para a ampliación de coñecementos, temas de maior complexidade, etc., coa participación activa dos alumnos.
Ensinanza práctica:
Para a súa realización, os alumnos asisten en grupos reducidos ás sesións nas que se lles entrena nas exploracións correspondentes cos contidos da materia.
Sistema de evaluación- Realízase un exame final mediante proba escrita sobre os contidos dos elementos básicos da materia.
- O programa práctico valórase mediante avaliación continua de acordo cos criterios de asistencia, participación e capacidades adquiridas durante o transcurso das prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoal- O tempo de estudo aproximado para os contidos teóricos é de 48 horas.
- O tempo dedicado aos contidos prácticos é de 3 horas semanais durante 1 cuadrimestre.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia á clase, aos seminarios, apoiarse en libros de consulta, atlas e publicacións relacionadas coa materia.