Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Óptica e Optometría  »  Información da Materia

G2041328 - Baixa Visión (Optometría) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 20.00
  • Clase Expositiva: 20.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 52.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Cirurxía
  • Áreas: Oftalmoloxía
  • Centro: Facultade de Óptica e Optometría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PIÑEIRO CES, ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O alumno debe adquirir uns coñecementos básicos sobre as patoloxías que conducen á Baixa Visión: a súa clasificación, a descripción clínica e o deterioro funcional inducido. Ademáis debe aprender a facer o diagnóstico e distinguir as características propias de cada tipo.

    Aprendizaxe de mellorías visuais coas axudas visuais e non visuais apropiadas para paliar a perda funcional nos diferentes grupos de doenzas.

    Contidos
    PROGRAMA TEORICO

    1.- Concepto xeral de baixa visión. Concepto do doente con baixa visión (1 hora)
    - Concepto da función visual
    - Concepto da cegueira evitable. Impacto da cegueira na poboación mundial
    - Concepto de baixa visión. Clasificacións. Graos
    - Epidemioloxía da baixa visión
    - Concepto de cegueira legal.
    - Concepto de enfermidade, disfunción, discapacidade e limitacións visuais
    - Equipos multidisciplinarios na rehabilitación da baixa visión

    2.- Exame do doente con baixa visión (2 horas)
    - Historia funcional
    - Exploración da baixa visión
    Revisión do concepto de agudeza visual
    Agudeza visual distante e próxima
    Sensibilidade ao contraste
    Campo visual

    3.- Clasificación xeral das patoloxías do sistema visual relacionadas coa BV (4 horas)
    - Dexeneración macular asociada á idade
    - Glaucoma
    - Retinopatía diabética proliferante
    - Atrofia óptica
    - Miopía magna
    - Retinose pigmentaria e enfermidades asociadas
    - Outras patoloxías

    4.- Xeitos funcionais no uso da BV(2 horas)
    - Xeitos psicosociais
    - Relación co individuo afectado de BV
    - Adestramento sen aparellos:
    - Fixado
    - Conciencia dos escotomas
    - Varrido
    - Trazado
    - Localización ou discriminación de detalles
    - Seguimento
    - Percepción de obxectos completos

    5.- Baixa visión na infancia (1 hora)
    - Características da baixa visión na idade pediátrica
    - Exploración nas distintas etapas do desenvolvemento
    - Uso de aparellos de baixa visión na infancia

    6.- Baixa visión en doentes con patoloxía sistémica (1 hora)
    - Doentes con secuelas por accidentes cerebrovasculares
    - Doentes con enfermidade articular
    - Doentes diabéticos
    - Doentes con enfermidade de Párkinson

    7.- Organismos nacionais con experiencia no adestramento e integración social de persoas con baixa visión (1 hora)

    8.- Programas da OMS para a prevención e tratamento da baixa visión (1 hora)
    9.- Axudas para baixa visión (4 horas)
    9.1. Métodos de aumento (1h)
    - Clasificación das axudas
    - Incremento do obxecto
    - Aumento proxectivo
    - Redución da distancia
    - Aumento angular
    - Aumento total

    9.2. Prescripción de axudas ópticas (1h)
    - Consideracións
    - Aumento requirido para preto
    - Aumento requirido para lonxe

    9.3. Axudas non ópticas (1h)
    - Macrotipos
    - Control da luz e iluminación
    - Modificación do contorno
    - Axudas para a asistencia médica
    - Mobilidade e desprazamento
    - Substitución sensorial

    9.4. Aplicacións tecnolóxicas en BV (1h)
    - Programas informáticos
    - Sintetizadores de voz
    - Outras aplicacións

    10.- Rehabilitación visual (3 horas)

    10.1. Adestramento das axudas (1h)
    - Técnicas para visión de lonxe
    - Técnicas para visión de preto
    - Técnicas de orientación mobilidade

    10.2. Rehabilitación en perdas de campo (1h)
    - Perdas periféricas de campo
    - Perdas centrais de campo
    - Casos clínicos

    10.3. O servizo de baixa visión (1h)
    - Prognóstico de éxito
    - Modelo do servizo
    - A consulta de Baixa Visión

    PROGRAMA PRÁCTICO:

    1.- Historia funcional e exploración do doente con BV
    2.- Probas especiais para a exploración da agudeza visual distante, próxima e sensibilidade ao contraste
    3.- Patoloxía relacionada coa BV
    4.- Visita ao Centro de Rehabilitación Visual da ONCE en Pontevedra
    5.- Propostas de programas de rehabilitación en casos prácticos de individuos con BV
    6.- Experiencias con simuladores de BV
    7.- Montaxe de prescricións de baixa BV

    Bibliografía básica e complementaria
    - Boj, P.; Cacho, P.; García Bernabeu, J.R.; García Muñoz, A. e López, A., Instrumentación óptica para Baja Visión, Ed. Gamma, Alicante, 1994.
    - Faye, E., Clínica de la Baja Visión, Ed. Enderezo de Cultura da ONCE, Madrid, 1997.
    - Dickinson, C., Low Vision, principis and practice, Ed. Butterworth-Heinemann, Oxford, 1998.
    - Gurovich, L., Baja Visión, Ed. Lydia Gurovich, Bos Aires, 2001.
    - Jose, R. T., Visión Subnormal, Ed. ONCE, Madrid, 1988.
    - Vila López, J. M. et al., Apuntes sobre Rehabilitación Visual, Ed. ONCE, Madrid, 1994.
    - Rosenthal, B. e Cole, R., Functional assessment of low vision, Ed. Mosby, San Luis, 1996.
    - Cole, R. e Rosenthal, B., Remediation and management of low vision, Ed. Mosby, San Luis, 1996.
    - Brilliant, R., Essentials of low vision practice, Ed. Butterworth-Heinemann, Boston, 1999.
    - Silverstone, B.; Lang, M. A.; Rosenthal, B. e Faye, E., The Lighthouse handbook on vision impairment and vision rehabilitation, 2 vols, Ed. Oxford University Press, 2000.

    Competencias
    - Determinar cando un doente presenta BV
    - Exploración funcional dos doentes con BV
    - Rehabilitación visual en doentes BV
    - Coñecemento dos distintos aparellos ópticos e non ópticos de prescripcións en BV
    - Montaxe de prescripcións en BV


    Metodoloxía da ensinanza
    2 horas de teoría semanais e 2 horas de prácticas onde se desenvolverá o programa práctico da materia.
    Sistema de evaluación
    - A avaliación consistirá nun exame escrito tipo test nas datas que se determinen na Facultade de Optica e Optometría.
    - A valoración das clases practicas realizarase de xeito continuado en cada unha das sesións.
    - A nota final será a suma ponderada das notas obtidas tanto no exame teórico como no práctico.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Horas presenciais: 20 teóricas e 26 prácticas
    - Horas non presenciais: 32 horas
    - Horas da avaliación: 17 horas
    - Volume total de traballo: 95 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Cumprimento das horas presenciais
    - Estudo diario da materia exposta nas clases presenciais
    - Utilización do horario de titorías para aclarar dúbidas e expoñer puntos de discusión