G2041330 - Medicación Ocular Tópica e Sistémica (Patoloxía do Sistema Visual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 5.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 8.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Cirurxía
- Áreas: Oftalmoloxía
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer os preparados tópicos oculares, con especial atención os fármacos que facilitan o exame visual e optométrico.
Coñecer os efectos sistémicos adversos mais frecuentes trala aplicación dos fármacos tópicos oculares habituais.
ContidosTEMA 1.- Medicamentos, productos sanitarios e de higiene ocular.
TEMA 2.- Osmolaridad y tonicidad. Soluciones y líquidos para aseptización, conservación y adaptación de lentes de contacto.
TEMA 3.- Sustancias viscoelásticas. Sustitutos vítreos. Adhesivos.
TEMA 4.- Tintes biológicos y agentes diagnósticos.
TEMA 5.- Absorción, distribución, biotransformación e eliminación de fármacos no ollo.
TEMA 6.- Vías de administración en Oftalmoloxía.
TEMA 7.- Parasimpaticomiméticos.
TEMA 8.- Parasimpaticolíticos.
TEMA 9.- Simpaticomiméticos
TEMA 10.- Simpaticolíticos.
TEMA 11.- Betabloqueantes.
TEMA 12.- Antiglaucomatosos.
TEMA 13.- Analxésicos.
TEMA 14.- Antiinflamatorios esteroideos e non esteroideos.
TEMA 15.- Anestésicos locais.
TEMA 16.- Antibióticos.
TEMA 17.- Antivíricos.
TEMA 18.- Antifúnxicos.
TEMA 19.- Antiparasitarios.
TEMA 20.- Antihistamínicos.
TEMA 21.- Antianxioxénicos.
TEMA 22.- Inmunomoduladores.
TEMA 23.- Efectos tóxicos xerais de medicamentos administrados pola vía ocular.
TEMA 24.- Efectos tóxicos oculares de medicamentos administrados pola vía sistémica.
Bibliografía básica e complementariaBartlell J.P., Jaunus S.P. Clinical Ocular Pharmacology. 4th ed. London: Elsevier; 2001.
Cortés C., Arias A., Encinas J.L. y García J. Farmacología Ocular. Madrid: LXXXIII Ponencia Oficial de la Sociedad Española de Oftalmología; 2007.
Flórez J. Farmacología humana. 5ª ed. Barcelona: Elsevier Masson; 2008
Parafita M.A. y González J. Farmacología ocular. En: Optometría: Aspectos avanzados y consideraciones epeciales. Capítulo 11, pp. 285-308. Ed. R. Montés-Micó. Barcelona: Elsevier España, S.L.; 2012.
Parafita M.A., González J. y Díaz J. Farmacología ocular pediátrica en la práctica clínica. En: Optometría Pediátrica. Capítulo 25, pp.363-377. Ed. A. López-Alemany. Aátiva (Valencia) Eds. Ulleye; 2004
CompetenciasCoñecemento dos medicamentos oftalmolóxicos, asemade as suas formas de presentación e administración.
Ter criterio respecto ó uso dos preparados tópicos oculares que facilitan o examen visual e optométrico.
Expresarse axeitadamente coa terminoloxía adecuada cando remita ó oftalmólogo aqueles doentes que, por exemplo, requiran revisión da sua medicación o sexan susceptibles de tratamento médico.
Participar na educación sanitaria oftalmolóxica da población.
Coñecer os fundamentos e técnicas de educación sanitaria.
Coñecer os principais programas xenéricos de saúde os que o optometrista debe contribuir no sea ámbito de actuación.
Metodoloxía da ensinanza Clase expositivas:
O profesor presentará diferentes contidos sobre esquemas básicos complementados e ilustrados.
Seminarios interactivos:
Ao longo do curso desenvolveránse seminarios sobre as diferentes partes do programa:
a) Solucións de conservación, liquidos de limpeza e mantemento das lentes de contacto;
b) Tincions e axentes diagnósticos;
c) Fármacos con acción sobre sistema nervioso autónomo;
d) Antiinflamatorios e superficie ocular;
e) Analxesia e anestesia;
f) Efectos adversos.
Fomentarase que o alumno participe activamente, tanto preguntando como respondendo ás cuestións que poidan xurdir.
As prácticas do laboratorio diseñaránse con base nas dispoñibilidades do centro.
Titorías:
O profesor estimulará a participación do alumno para presentar as dúbidas que poidan xurdirlle no estudo do temario ou no transcurso dos seminarios.
Sistema de evaluaciónAs actividades formativas do estudante valoraránse de duas formas:
1) Valoración positiva da asistencia do estudante ás clases, da súa participación nas clases interactivas de seminario, asemade súa actitude cara á materia.
2) Realizarase un examen teórico con preguntas curtas e/ou tipo test.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia require que o alumno dedique ao estudo autónomo e individual unhas 70 horas e 10 horas á escritura do traballo que se derive das clases interactivas.
Tamen adicará 10 horas a lecturas recomendadas de revistas na biblioteca.
Está previsto que os alumnos fagan presentacións orais de traballos en grupo, estimándose que para iso sexan necesarias 10 horas.
Total horas traballo persoal do alumno 100.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase aos alumnos que utilicen os sistemas informáticos de busqueda bibliográfica e de recolleita de datos como pode ser o sistema *Medline.