G2041421 - Saúde Pública (Patoloxía do Sistema Visual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO programa da materia pretende que, ao final dos estudos, o alumno:
1. Aprenda e practique os métodos de investigación e análise nos diferentes estudos epidemiolóxicos.
2. Coñeza os principais factores de risco que afectan á saúde xeral e á visión en particular.
3. Coñeza as medidas máis adecuadas para a realización de accións preventivas, tanto na comunidade como no propio individuo.
4. Sexa capaz de servir de vía de comunicación entre o individuo e os servizos sanitarios, mediante a información que poida proporcionar como axente educador sanitario.
ContidosConcepto de saúde e niveis de prevención. Conceptos de Saúde Pública, introdución, evolución, ferramentas.
Nocións de demografía médica: demografía estática, demografía dinámica.
Metodoloxía epidemiolóxica: medidas de frecuencia, medidas de efecto, introdución aos deseños epidemiolóxicos, análise epidemiolóxica, interpretación de resultados.
Epidemioloxía das enfermidades causantes de cegueira.
Epidemioloxía das enfermidades transmisibles e non transmisibles. Administración e xestión
sanitaria. Nocións de educación sanitaria
Bibliografía básica e complementaria- Hatc SW. Ophtalmic Research and Epidemiology. 1998. Ed. Butterworth-Heinemann
- North RV. Trabajo y Ojo. 1996. Masson
- Piédrola Gil et al. Medicina preventiva y salud publica. 11ª Edición. Barcelona: Masson, 2008.
- Manual de método epidemiológico. http://www.isciii.es/htdocs/publicaciones/documentos/2009-0843_Manual_epidemiologico_ultimo_23-01-10.pdf
- Ahlbom A, Alfredsson L, Alfvén T, Bennet A. Fundamentos de epidemiología. Ed Siglo XXI. 2007.
A mayores, el alumno tendrá que leer con antelación artículos de revistas, generalmente en inglés, que estarán a su disposición en el aula virtua.
Competencias- Entender o concepto e as ferramentas da Saúde Pública como disciplina.
- Coñecer os principais factores de risco das enfermidades oculares e a súa prevención
- Valorar os diferentes métodos de recollida de información en estudos sanitarios e seleccionar o máis axeitado en cada momento.
- Entender os conceptos de risco, incidencia e prevalencia.
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva: O profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se estudarán algúns problemas tipo, de maneira que o alumnado poida resolver exercicios pola súa conta máis tarde. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario de consulta obrigatoria.
Docencia interactiva: Faranse exercicios con casos reais para desenvolver os conceptos apuntados nas clases expositivas. Durante esta clases intercativas realizaranse as presentacións de trabállos dos alumnos.
Titorías: están destinadas a solucionar as dúbidas dos alumnos sobre a materia.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua (25%): a avaliación continua realizarase sobre a base da entrega de exercicios propostos polo profesorado e/ou presentación de traballos en clase, xeralmente por parellas. Estes traballos son obrigatorios. Para que estas actividades consten na avaliación final e para que o alumno teña dereito a presentarse ao exame final, deberá asistir como mínimo ao 75% das clases tanto expositivas como interactivas. Para o control de asistencia, o profesorado rexistrará o alumnado mediante lista de firmas.
Exame final (75%): consistirá na resolución de cuestións prácticas ou teóricas sobre o contido da materia, xeralmente mediante proba tipo test ou preguntas curtas. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo que na sesión ordinaria, o alumno deberá ter cumpridos todos os requisitos de presenza e de presentación de exercicios e traballos que para a sesión ordinaria.
Sistema de avaliación do alumno repetidor: o mesmo réxime de avaliación que o alumno ordinario.
Tempo de estudo e traballo persoalO volume horario de aprendizaxe individual é de aproximadamente 100 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ imprescindible que o alumno non acumule atraso na aprendizaxe individual, sobre todo nas partes máis matemáticas da materia (demografía e epidemioloxía) xa que os conceptos están relacionados entre si.