G2041442 - Audioloxía en Poboacións Especiais (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 14.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
- Horas de Titorías: 8.00
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Física Aplicada
- Áreas: Física Aplicada
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOBXECTIVOS
1. Proporcionar ao alumnado o coñecemento sobre o desenvolvemento e morfoloxía do sistema auditivo nas súas porcións periférica e central, en pacientes especiais.
2. Introducir ao alumnado no coñecemento do fundamento, e interpretación das diferentes probas de exploración da audición, e as súas particularidades en pacientes especiais.
3. Desenvolver no alumnado a habilidade para realizar de forma sistematizada e xustificada todo o protocolo de probas de pacientes especiais.
4. Proporcionar ao alumnado os fundamentos sobre os trastornos e disfuncións auditivas que nenos e anciáns presenten, para que unha vez detectada calquera alteración solicite do especialista médico un informe clínico que estableza o diagnóstico definitivo.
5. Proporcionar ao alumnado a terminoloxía técnica utilizada habitualmente no campo da Audioloxía especializada.
6. Habituar ao alumnado ao método científico utilizado nas Ciencias da saúde.
7. Fomentar no alumnado as súas destrezas para a auto-aprendizaxe e o
traballo en equipo.
8. Concienciar ao alumnado da responsabilidade ética e profesional na
práctica da Audioloxía con pacientes especiais.
ContidosPROGRAMA
.
.AUDIOLOXÍA EN NIÑOS
TEMA 1: A audición dO nENO entre 0-2 años. Signos identificativos dA hipoacusia infantil. Signos indicativos dA hipoacusia no neno. Detección precoz da hipoacusia infantil.
TEMA 2: Desenvolvemento auditivo. Compoñentes do sistema auditivo.
TEMA 3: Valoracions previas a unha exploración auditiva infantil. Técnicas de valoración auditiva en bebes e ninos. Observacións da conducta audio-comunicativa.
TEMA 4: Principios xerais da audioloxía infantil. Protocolos en nenos e xóvenes
AUDIOLOXÍA EN SENIORS-ELDERS
TEMA 6: Envellecemiento: demografía e epidemioloxía. Bioloxía do envellecimiento. Cambios psicosociais.
TEMA 7: Sistema auditivo nos maiores: OE-OM-OI-SNC
TEMA 8: Comportamiento do maior sin audición. Test auditivos centraiss
TEMA 9: O equilibrio
TEMA 10: Rehabilitación: tratamento persoal, audífonos, protocolos, test-post-audífonos. Promoción saude: protocolos e criterios interncionais.
.
PRÁCTICAS
1ª Sesión (1h): Exploración audiolóxica especializada.
2ª Sesión (2h): Probas de ATL; Timpanometría e reflexo estapedial.
3ª Sesión (3h): Probas de audiometría clínica pícaros (Cribado Neonatal).
4ª Sesión (3h): Probas de audiometría clínica seniors e elders.
Presentación e debate de casos clínicos audiolóxicos de pacientes hipoacúsicos (LEI PROTECCIÓN DATOS)
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA:
Webs: www// Brithish Audiology Society
www// American Academy of AUdiology
www// American Otology
www// Asociación Nacional de Audioprotesistas
www// Asociación Española de Audiologia
CompetenciasCOMPETENCIAS TRANSVERSAIS
1. Solución de problemas
2. Toma de decisións
3. Compromiso Ético
4. Capacidade de aplicar coñecemento á práctica
5. Capacidade de traballo interdisciplinar
6. Capacidade de apreciar a diversidade
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Cognitivas (Saber):
1. Definir, analizar e tratar as necesidades das persoas con disfuncións auditivas utilizando diferentes sistemas e técnicas de axuda á audición.
2. Identificar situacións que requiran ser derivadas a servizos médicos especializados.
3. Coñecer os principais modelos para deseñar e implementar a avaliación de programas e intervencións en poboacións especiais (poboación infantil e senil)
Procedimentais / Instrumentais (Saber facer):
1. Activar estratexias de diagnóstico para facilitar o coñecemento das persoas e, a partir de el deseñar e desenvolver as intervencións oportunas.
Actitudinais (Ser):
1. Ética profesional baseada no respecto á confidencialidade da información, a veracidade, a transparencia e a xustiza.
2. Habilidades interpersonais de empatía, capacidade de escoita, comunicación fluída e colaboración permanente co hipoacúsico e a súa familia.
3. Crear e manter unha relación adecuada e posibilitadora durante o proceso de orientación ao hipoacúsico e á súa familia.
Metodoloxía da ensinanza METODOLOXÍA DOCENTE
Na docencia de Audioloxía de poboacións especiais (infantil – senil) aplícase un novo sistema metodolóxico co obxecto de mellorar o ensino-aprendizaxe e rendemento académico do alumnado. Séguense as formulacións da Guía docente segundo estratexias de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Contabilízanse as horas presenciais de clase directa coa profesora, teranse en conta as horas non presenciais de traballo persoal do alumnado titorizado pola profesora. Os contidos e obxectivos de aprendizaxe dos temas desenvolveranse durante as semanas lectivas do curso.
Clases de teoría presenciais e interactivas : No curso académico, impartiranse clases maxistrais participativas que durarán 1 hora segundo o calendario establecido polo centro. As explicacións dos contidos dos temas do programa de Audioloxía apoiaranse no uso de audífonos – software de audífonos e proxeccións de imaxes que facilitarán a súa comprensión e asimilación. O alumnado participará nas clases teóricas coas actividades de grupo que propoñerá a profesora (exposición de traballos, discusión dun tema, resolución de cuestións, etc.) Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta didáctica de apoio (sesións docentes, adquisición de materiais, controis de prácticas, bibliografía e enlaces de páxinas Webs seleccionadas).
Clases de prácticas presenciais: Grupos de alumnos realizarán sesións prácticas segundo o calendario previsto polo centro e adaptado aos horarios de atención a pacientes que o laboratorio de prácticum ten. Os grupos formaranse por auto inscrición do alumnado a través de Campus Virtual dentro dos prazos establecidos pola profesora. Entregarase un guión co desenvolvemento das mesmas e os protocolos dos diferentes protocolos de adaptación de audífonos a utilizar, realizarase por parellas cos casos prácticos da unidade docente de audioloxía da USC (preservando sempre a protección de datos do paciente e contando co seu consentimento). O obxectivo das prácticas é afianzar os coñecementos teóricos tras a propia observación e experiencia O alumnado entregará un cuestionario contestado por cada sesión de prácticas a través do campus virtual para a súa avaliación como “control de práctica”.
A través deles favorecerase que o alumnado poida revisar os contidos teóricos previos necesarios para un mellor aproveitamento e aprendizaxe da práctica.
Titorías presenciais e non presenciais: Individualmente ou en grupos de alumnos, as consultas, seguimento e orientación para elaboración de traballos ou revisión de exames atenderanse de forma presencial (con cita previa) ou a distancia mediante Campus Virtual. O horario de titorías presenciais publicarase na web do centro e en paneis de información do centro.
Avaliación continua presencial e exame final: Para a avaliación continua mensual os alumnos responderán a cuestións sobre os contidos do/s tema/s correspondente aos días de clase, estudados con antelación con axuda do material docente entregado por campus virtual. Nas clases interactivas expoñeranse os traballos sobre casos audiolóxicos elaborados por grupos e serán avaliados polo resto do alumnado e a profesora. O exame final escrito realizarase nas datas establecidas para as distintas convocatorias oficiais segundo o calendario de exames aprobados pola Xunta de centro.
Sistema de evaluaciónAvaliación:
O exame final escrito realizarase nas datas establecidas para as distintas convocatorias oficiais segundo o calendario de exames aprobados pola Xunta de centro.
A nota final, contará un 60% do exame test cunha resposta única, e un 40% das prácticas e os traballo.