Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Óptica e Optometría  »  Información da Materia

G2041441 - Audioloxía (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 21.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 31.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada
  • Áreas: Física Aplicada
  • Centro: Facultade de Óptica e Optometría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS

    1. Proporcionar ao alumnado o coñecemento básico sobre o desenvolvemento e morfoloxía do sistema auditivo nas súas porcións periférica
    e central.
    2. Introducir ao alumnado no coñecemento do fundamento, e interpretación das diferentes probas de exploración básica da audición.
    3. Desenvolver no alumnado a habilidade para realizar de forma sistematizada e xustificada todo o protocolo de probas de exploración
    básica da audición.
    4. Proporcionar ao alumnado os fundamentos sobre os trastornos da audición, disfunción e patoloxía auditiva, para que unha vez detectada
    calquera alteración solicite do especialista médico un informe clínico que estableza o diagnóstico definitivo.
    5. Proporcionar ao alumnado a terminoloxía técnica utilizada habitualmente no campo da Audioloxía.
    6. Habituar ao alumnado ao método científico utilizado nas Ciencias da saúde.
    7. Fomentar no alumnado as súas destrezas para o auto-aprendizaxe e o traballo en equipo.
    8. Concienciar ao alumnado da responsabilidade ética e profesional na práctica da Audioloxía.


    Contidos
    PROGRAMA

    Exploración do oído e audición. Audiometría clínica.
    TEMA 1: EXPLORACION CLINICA DO OÍDO. Historia clínica do paciente con problemas de audición. Otoscopia. Exame da función da trompa de Eustaquio. Outras exploracións físicas de interese clínico.
    TEMA 2: PROBAS FUNCIONAIS DA AUDICIÓN. Clasificación xeral: Probas auditivas subxectivas e obxectivas..
    TEMA 3: PROBAS DE AUDIOMETRÍA SUBXECTIVA. Audiometría tonal: Liminar, supraliminar e con enmascaramento. Audiometría vocal ou logoaudiometría: Liminar, supraliminar e con enmascaramento. Probas de procesamento auditivo central.
    TEMA 4: PROBAS DE AUDIOMETRÍA OBXECTIVA. Impedanciometría: timpanometría e reflexo estapedial. Audiometría de resposta eléctrica: Potenciais evocados auditivos, Potenciais evocados de estado estable. Electrococleogafía e Proba de promontorio. Otoemisións acústicas e Produtos de distorsión.
    TEMA 5: AUDIOMETRÍA INFANTIL. Clasificación das probas de audiometría infantil: Proba de distracción, Condicionamento polo xogo, Audiometría con reforzo visual, Logoaudiometría infantil.

    Fundamentos dos trastornos da audición e a súa corrección audioprotésica.
    TEMA 6: CLASIFICACION DOS TRASTORNOS DA AUDICIÓN. Alteracións cuantitativas ou graos de hipoacusias: Hipoacusia ou xordeira total. Hipoacusia parcial. Alteracións cualitativas ou tipos de hipoacusias: Hipoacusia de transmisión. Hipoacusia de percepción (neurosensorial). Hipoacusia mixta.
    TEMA 7: CAUSAS DOS TRASTORNOS DA AUDICIÓN. Afeccións do oído externo. Afeccións do oído medio e trompa auditiva. Afeccións do oído interno. Afeccións da vía auditiva. Hipoacusias infantís conxénitas e adquiridas.
    TEMA 8: TRATAMENTO DOS TRASTORNOS DA AUDICIÓN. Indicacións e resultados dos tratamentos médico-farmacolóxico, quirúrxico e audiolóxico protésicos..

    PRÁCTICAS

    1ª Sesión (1h): Estudo do oído humano sobre un modelo anatómico a escala.
    Exploración por otoscopia e videotoscopia.
    2ª Sesión (1h): Probas otoscopia.
    Impedanciometría: Timpanometría e reflexo estapedial.
    Introdución á audiometría clínica.
    3ª Sesión (2h): Probas de audiometría clínica tonal liminar e vocal
    4ª Sesión (2h): Probas de audiometría clínica vocal liminar e vocal
    5ª Sesión (3h): Casos prácticos: Interpretación de audiogramas en diferentes casos de hipoacusias.
    Presentación e debate de casos clínicos audiológicos de pacientes hipoacúsicos (LEI PROTECCIÓN DATOS)

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía:

    Introdución of Audiology. J G Clark
    Audiology : The fundamentals. Bess and Humes
    Medical legal evaluation hearing loss. R A Dobie
    Audiology and auditory disfunction. Mencher, Gerber and McCompre
    Audiology . Hayes A Newby, Popelka.
    Hand book of Clinical Audiology. J Katz. 5ª ed.
    Occupational hearing loss. Sataloff and Sataloff
    Practica da Audiometría. Lehnhardt
    A voz normal. Jackson Menaldi
    Handbook of the biology of aging . Birren J E. 3ª ed.
    Neuroanatomía. Crossman A.R.

    Webs: www// Brithish Audiology Society
    www// American Academy of AUdiology
    www// American Otology
    www// Asociación Nacional de Audioprotesistas.
    www// Asociación Española de Audiologia. .

    Competencias
    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS

    1. Solución de problemas
    2. Toma de decisións
    3. Compromiso Ético
    4. Capacidade de aplicar coñecemento á práctica
    5. Capacidade de traballo interdisciplinar
    6. Capacidade de apreciar a diversidade

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

    Cognitivas (Saber):

    1. Definir, analizar e diagnosticar as necesidades das persoas con disfuncións auditivas, baseándose en diferentes instrumentos e técnicas.
    2. Identificar situacións que requiran ser derivadas a servizos médicos especializados.
    3. Coñecer os principais modelos para deseñar e implementar a avaliación de programas e intervencións audiolóxicas
    Procedimentais / Instrumentais (Saber facer):
    1. Activar estratexias de diagnóstico para facilitar o coñecemento das disfuncións auditivas nas persoas e, a partir de el deseñar e desenvolver as intervencións oportunas.

    Actitudinais (Ser):

    1. Ética profesional baseada no respecto á confidencialidade da información, a veracidade, a transparencia e a xustiza.
    2. Habilidades interpersonais de empatía, capacidade de escoita, comunicación fluída e colaboración permanente.
    3. Crear e manter unha relación adecuada e posibilitadora durante o proceso de orientación.


    Metodoloxía da ensinanza
    METODOLOXÍA DOCENTE

    Na docencia de Audioloxía aplícase un novo sistema metodolóxico con obxecto de mellorar o ensino-aprendizaxe e rendemento académico do alumnado. Séguense as formulacións da Guía docente segundo estratexias de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Contabilizaranse as horas presenciais de clase directa coa profesora, teranse en conta as horas non presenciais de traballo persoal do alumnado titorizado pola profesora.

    Clases de teoría presenciais e interactivas: ao longo do curso académico, impartiranse clases maxistrais participativas que durarán 1 hora segundo o calendario establecido polo centro. As explicacións dos contidos dos temas do programa de Audioloxía apoiaranse en debuxos e proxeccións de imaxes que facilitarán a súa comprensión e asimilación. O alumnado participará nas clases teóricas coas actividades de grupo que propoñerá a profesora (exposición de traballos, discusión dun tema, resolución de cuestións, etc.) Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta didáctica de apoio (sesións docentes, adquisición de materiais, controis de prácticas, bibliografía e enlaces de páxinas Webs seleccionadas ).

    Clases de prácticas presenciais: Realizaranse sesións prácticas segundo o calendario previsto polo centro e adaptado aos horarios de atención a pacientes que o laboratorio de prácticum ten. Os grupos formaranse por autoinscrición do alumnado a través do Campus Virtual dentro dos prazos establecidos pola profesora. Entregarase un guión co desenvolvemento das mesmas e os protocolos das probas a realizar por parellas cos instrumentos de exploración auditiva. O obxectivo das prácticas é afianzar os coñecementos teóricos trala propia observación e experiencia, recompilando individualmente os resultados das probas. O alumnado entregará un cuestionario contestado por cada sesión de prácticas a través de campus virtual para a súa avaliación como “control de práctica”.

    A través deles favorecerase que o alumnado poida revisar os contidos teóricos previos necesarios para un mellor aproveitamento e aprendizaxe da práctica. O laboratorio de prácticas de Audioloxía, con capacidade máxima para 3 alumnos, dispoñerá de instrumentos e equipos para realizar as distintas probas audiolóxicas e sistemas audiovisuais de proxección de imaxes, pantalla, pizarra e outros equipos.

    Titorías presenciais e non presenciais: Individualmente ou en grupos de alumnos, as consultas, seguimento e orientación para elaboración de traballos ou revisión de exames atenderanse de forma presencial (con cita previa) ou a distancia mediante Campus Virtual. O horario de titorías presenciais publicarase na web do centro e en paneis de información do centro.

    Avaliación continua presencial e exame final: Para a avaliación continua mensual o alumnado responderá a cuestións sobre os contidos do/s tema/s correspondente aos días de clase, estudados con antelación con axuda do material docente entregado por campus virtual. Nas clases interactivas expoñeranse os traballos sobre casos audiolóxicos elaborados por grupos e serán avaliados polo resto de alumnados e a profesora . O exame final escrito realizarase nas datas establecidas para as distintas convocatorias oficiais segundo o calendario de exames aprobados pola Xunta de Facultade.


    Sistema de evaluación
    Avaliación:

    Avaliación continua presencial e exame final: . Nas clases interactivas expoñeranse os traballos sobre casos audiolóxicos elaborados por grupos e serán avaliados polo resto de alumnados e a profesora . O exame final escrito realizarase nas datas establecidas para as distintas convocatorias oficiais segundo o calendario de exames aprobados pola Xunta de Facultade.
    A nota final contará un 60% do exame test cunha única resposta e un 40% das prácticas e traballos.