G2041443 - Audífonos e Rehabilitación Auditiva (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
- Horas de Titorías: 12.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Física Aplicada
- Áreas: Física Aplicada
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOBXECTIVOS
1. Introducir ao alumnado no coñecemento do fundamento e interpretación dos diferentes software e sistemas de rehabilitación auditiva.
2. Introducir ao alumnado no coñecemento do fundamento e interpretación dos diferentes software e sistemas de rehabilitación auditiva.
3. Desenvolver no alumnado a habilidade para realizar de forma sistematizada e xustificada todo o protocolo de probas de adaptación e
rehabilitación auditiva con axudas sensoriais.
4. Proporcionar ao alumnado os fundamentos sobre os diferentes sistemas de tratamento e adaptación audiolóxico-protésica, para que
unha vez detectada calquera alteración, solicite do especialista médico un informe clínico que estableza o diagnóstico definitivo.
5. Proporcionar ao alumnado a terminoloxía técnica utilizada habitualmente no campo da tecnoloxía auditiva.
6. Habituar ao alumnado ao método científico utilizado nas Ciencias da saúde.
7. Fomentar no alumnado as súas destrezas para o auto-aprendizaxe e o traballo en equipo.
8. Concienciar ao alumnado da responsabilidade ética e profesional na práctica da Audioloxía protésica.
ContidosPROGRAMA
TEMA: PRÓTESES AUDITIVAS. Implante coclear, de oído medio e osteointegrado. Audífonos: compoñentes técnicos e clasificación dos tipos de audífonos. Accesorios do audífono: molde, pilas, filtros. Coidados e mantemento do audífono. Analizador de audífonos e estándares de medición.
TEMA: METODOS DE ADAPTACION AUDIOPROTÉSICA. Finalidade da adaptación protésica. Fases da terapia audioprotésica. Diferentes métodos de adaptación audioprotésica. Características dos audífonos, moldes e métodos de adaptación en nenos. Plan de adaptación ás próteses.
TEMA: LOGOPEDIA, REHABILITACION AUDITIVA E PSICOLOXIA DO HIPOACÚSICO. Morfoloxía e función do sistema de fonación. Relación entre audición e linguaxe falada. Evolución da linguaxe do neno normal e xordo. Erros máis frecuentes de audición, fala e linguaxe. Métodos de intervención logopédica. Psicoloxía do hipoacúsico. Asesoramento e informe á familia.
TEMA: MEDICINA PREVENTIVA DOS TRASTORNOS DA AUDICIÓN. Prevalencia das hipoacusias. Prevención primaria, secundaria e terciaria Evolución da linguaxe do neno normal e xordo. Erros máis frecuentes de audición, fala e linguaxe. Métodos de intervención logopédica. PsicoloXía do hipoacúsico. Asesoramento e informe á familia.
TEMA: MEDICINA PREVENTIVA DOS TRASTORNOS DA AUDICION. Prevalencia das hipoacusias. Prevención primaria, secundaria e terciaria
PRÁCTICAS
1ª Sesión (1h): Estudo de audífonos sobre uns modelos reais e en software.
Exploración por otoscopia e videotoscopia, a adaptación audífonos ao CAE
humano
2ª Sesión (2h): Protocolo adaptación audífonos
Coñecemento plataforma NOAH e as súas aplicacións
Coñecemento software diferentes multinacionais audición.
3ª Sesión (1h): adaptación de casos prácticos
4ª Sesión (1h): adaptación de casos prácticos nenos.
5ª Sesión (1h): adaptación de casos prácticos en pacientes maiores.
Presentación e debate de casos clínicos audiolóxicos de pacientes hipoacúsicos en proceso de adaptación en Unidade docente audioloxía (LEI PROTECCIÓN DATOS)
CompetenciasCOMPETENCIAS TRANSVERSAIS
1. Solución de problemas
2. Toma de decisións
3. Compromiso Ético
4. Capacidade de aplicar coñecemento á práctica
5. Capacidade de traballo interdisciplinar
6. Capacidade de apreciar a diversidade
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Cognitivas (Saber):
1. Definir, analizar e diagnosticar as necesidades das persoas con disfunción auditiva baseándose en diferentes instrumentos e técnicas de axuda á audición.
2. Identificar situacións que requiran ser derivadas a servizos médicos especializados.
3. Coñecer os principais modelos para deseñar e implementar a avaliación de programas e intervencións de implantación de audífonos e de programas de rehabilitación auditiva.
Procedimentais / Instrumentais (Saber facer):
1. Activar estratexias de diagnóstico para facilitar o coñecemento das persoas e a partir do mesmo deseñar e desenvolver as intervencións oportunas.
Actitudinais (Ser):
1. Ética profesional baseada no respecto á confidencialidade da información, a veracidade, a transparencia e a xustiza.
2. Habilidades interpersonais de empatía, capacidade de escoita, comunicación fluída e colaboración permanente.
3. Crear e manter unha relación adecuada e posibilitadora durante o proceso de orientación.
Metodoloxía da ensinanza METODOLOXÍA DOCENTE
Na docencia de Audífonos e rehabilitación auditiva, aplícase un novo sistema metodolóxico con obxecto de mellorar o ensino-aprendizaxe e rendemento académico dos alumnados. Séguense as formulacións da Guía docente segundo estratexias de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Contabilízanse as horas presenciais de clase directa coa profesora, teranse en conta as horas non presenciais de traballo persoal do alumnado titorizado pola profesora. Os contidos e obxectivos de aprendizaxe dos temas desenvolveranse durante as semanas lectivas do curso, detalladas en ...
Clases de teoría presenciais e interactivas: o longo do curso académico, impartiranse clases maxistrais participativas que durarán 1 hora segundo o calendario establecido pola Facultade. As explicacións dos contidos dos temas do programa apoiaranse en software e proxeccións de imaxes que facilitarán a súa comprensión e asimilación. O alumnado participará nas clases teóricas coas actividades de grupo que propoñerá a profesora (exposición de traballos, discusión dun tema, resolución de cuestións, etc.) Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta didáctica de apoio (sesións docentes, adquisición de materiais, controis de prácticas, bibliografía e enlaces de páxinas Webs seleccionadas) .
Clases de prácticas presenciais: Grupos 4 alumnos realizarán sesións prácticas segundo o calendario previsto polo centro e adaptado aos horarios de atención a pacientes que o laboratorio de practicum ten. Os grupos formaranse por autoinscrición do alumnado a través de Campus Virtual. Entregarase un guión co desenvolvemento das mesmas e os protocolos a realizar cos diferentes software de traballo. O obxectivo das prácticas é afianzar os coñecementos teóricos trala propia observación e experiencia, recompilando individualmente os resultados das probas.
A través deles favorecerase que o alumnado poida revisar os contidos teóricos previos necesarios para un mellor aproveitamento e aprendizaxe da práctica.
Titorías presenciais e non presenciais: Individualmente ou en grupos de alumnos, as consultas, seguimento e orientación para elaboración de traballos ou revisión de exames atenderanse de forma presencial (con cita previa) ou a distancia mediante Campus Virtual. O horario de titorías presenciais publicarase na web do centro e en paneis de información do centro.
Avaliación continua presencial e exame final: Para a avaliación continua mensual os alumnados responderán a cuestións sobre os contidos do tema/s correspondente aos días de clase, estudados con antelación con axuda do material docente entregado por campus virtual. Nas clases interactivas expoñeranse os traballos sobre casos audiolóxicos elaborados por grupos e serán avaliados polo resto do alumnado e a profesora. O exame final escrito realizarase nas datas establecidas para as distintas convocatorias oficiais segundo o calendario de exames aprobados pola Xunta de centro.
Sistema de evaluaciónAvaliación:
O exame final escrito realizarase nas datas establecidas para as distintas convocatorias oficiais segundo o calendario de exames aprobados pola Xunta de centro.
A nota final, contarase un 60% da nota do examen test con resposta única, e un 40% da nota de prácticas e traballos