G2041446 - Software Matemático Básico para aplicacións en Ciencias (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Laboratorio: 34.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Estatística e Investigación Operativa
- Áreas: Estatística e Investigación Operativa
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer programas informáticos de uso común útiles para manexar e entender conceptos matemáticos, estatísticos e para a análise de datos.
Saber resolver problemas de análises e representación de datos relacionados coa Óptica e a Optometría, mediante software científico.
Contidos1. Introdución ao software científico.
Uso do software científico, como instrumento para a representación gráfica e para a análise de datos. Tipos de software.
2. Operacións con vectores e matrices.
Descrición de vectores e matrices, e a súa manipulación informática.
3. Representacións gráficas.
Representación de funcións e identificación das propiedades dunha función. Representación de datos: diagramas de barras, histogramas, diagramas de caixas, diagramas de dispersión.
4. Representación de datos multidimensionales.
Análise de compoñentes principais. Diagramas biplot.
5. Modelización.
Regresión lineal simple e múltiple. Análise da varianza. Análise da covarianza.
Bibliografía básica e complementariaDennis, B. (2012). The R Student Companion. Chapman & Hall/CRC.
Maindonald, J.; Braun, W.J. (2010). Data Analysis and Graphics Using R: An Example-Based Approach. Cambridge University Press.
Kabacoff, R.I. (2010). R in Action. Manning.
CompetenciasCapacidade de analizar, identificar e modelizar situacións reais da Óptica e a Optometría, utilizando a computadora como ferramenta básica. Capacidade de gestionar conxuntos de datos, visualizalos e modelizarlos.
Metodoloxía da ensinanza A docencia presencial consiste únicamente en clases en aula de informática e tutorías. Algunhas clases consistirán en realizar prácticas sinxelas para aprender o manexo do software, mentres que noutras resolveranse problemas da Óptica e Optometría mediante procedementos matemáticos implementados no software. O software de referencia será R [http://www.r-project.org], aínda que se presentarán outros programas informáticos de software libre: FreeMat [http://freemat.sourceforge.net], Maxima con wxMaxima [http://maxima.sourceforge.net], LibreOffice [http://www.documentfoundation.org]. Farase uso do Campus Virtual da USC.
Sistema de evaluaciónA cualificación estará baseada na avaliación continua e a realización dun exame final. O 50% da cualificación procederá da avaliación continua e o 50% do exame final.
A avaliación continua estará baseada nas tarefas realizadas polos alumnos en clase e nun traballo proposto polo profesor.
O exame final consistirá en resolver algunha tarefa similar ás prácticas realizadas en clase.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que o alumno necesitará unha hora e media para preparar o material correspondente a cada hora dunha clase presencial, incluíndo a elaboración do traballo proposto.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ moi necesaria a asistencia a clase e o seguimiento das actividades propostas.
Tamén é recomendable que o alumno practique a utilización do software e reflexione sobre as ideas matemáticas subyacentes.