Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Óptica e Optometría  »  Información da Materia

G2041447 - Astronomía Básica (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 25.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Matemática Aplicada
  • Áreas: Astronomía e Astrofísica
  • Centro: Facultade de Óptica e Optometría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Ling Ling, Josefina.SI
TAMAZIAN ARZAKANYAN, VAKHTANG.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O curso ten un carácter eminentemente práctico pero sen esquecer os mínimos conceptos teóricos esixibles. Neste senso, no desenvolvemento de cada tema, as clases prácticas mesturaranse coas de teoría co obxecto de utilizar inmediatamente os coñecementos obtidos.
    Paralelamente o alumnado participará nas distintas actividades de observación astronómica e de gabinete, a fin de familiarizarse cos métodos básicos empregados en Astronomía.


    Contidos
    - Leis de Kepler .
    - Obxectos observables.
    - A Terra: forma e movementos.
    - A esfera celeste. Sistemas de coordenadas astronómicas.
    - Nocións sobre a medida do tempo.
    - Instrumentación astronómica.
    - Iniciación á Astrofísica

    Bibliografía básica e complementaria
    - A. ABAD, J. A DOCOBO e A ELIPE.: "Curso de Astronomía", Prensas Universitarias de Zaragoza, 2002.
    - R. M. ALLER. "Introducción a la Astronomía" C.S.I.C. 1957.
    - P. I. BAKULIN, E. V. KONONOVICH, e V. I. MOROZ: "Curso de Astronomía General" , Editorial MIR, Moscova, 1985.
    - P. ARRANZ, "Guia de campo de las constelaciones" Equipo Sirius 2003.
    - D. GALADI e G. GUTIERREZ: "Astronomía general: teoría y práctica" Omega 2001.
    - V. MARTINEZ E OUTROS "Astronomía Fundamental" Univ. Valencia 2005.
    - PASACHOFF, J. M. "Astronomy : from the Earth to the Universe Philadelphia [etc.]" : Saunders College, cop.1991.
    - B.A. VORONTOSOV-VELIAMINOV: "Problemas y ejercicios prácticos de Astronomía"
    Moscú Mir. 1979

    Competencias
    - Realizar unha primeira toma de contacto cos aspectos básicos da Astronomía.
    - Coñecer o instrumental óptico destinado á Astronomía.
    - Capacitar o alumnado para a realización de diversas observacións astronómicas

    Metodoloxía da ensinanza
    1.- Introdución. (Teoría: 1 hora.)
    1.- Leis de Kepler, lei da gravitación, tipos de órbitas. (Teoría: 2 horas.)
    2. Obxectos observables. A Lúa. O Sol. Planetas, satélites e planetas ananos.
    Cometas, asteroides e meteoroides. Unidades de distancia (Teoría: 3h).
    Estrelas, constelacións e a Vía Láctea. Cúmulos estelares, nebulosas e galaxias (Teoría: 2h)
    3. A Terra: forma e dimensións, movementos. Coordenadas xeográficas (Teoría: 2 horas.)
    4. A esfera celeste movemento diúrno. Movemento anual. Eclíptica (Teoría: 2 horas.)
    5. Coordenadas astronómicas. Medida do Tempo. (Teoría: 4 horas. Problemas 1 hora)
    6. Instrumentación astronómica. Telescopios. Prismáticos. Receptores y accesorios
    (Teoría 2 h.Problemas: 1h)
    7. Radiación electromagnética. Formula de Planck e Lei de Boltzmann.
    Lei de Weber-Fechner. (Teoría 1h. Problemas: 1h).
    Magnitudes estelares. Luminosidade. Tipos espectrais. (Teoría 3 h.Problemas: 1h)

    Prácticas a realizar nas instalacións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller
    3 Prácticas nocturnas: - Observación telescópica de varios obxectos 2h
    - Manexo de Planisferio e Identificación de constelacións. 2.5h
    - Manexo dun telescopio Altacimutal automatizado 1.5h
    1 Práctica diúrna: Montaxe e desmontaxe dun telescopio 2h


    Sistema de evaluación
    A cualificación da materia non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa
    coa avaliación continua, dándolle a esta última un peso non inferior ao 30%.

    A avaliación continua valorarase seguindo os seguintes criterios
    a) participación activa nas clases de teoría , problemas e prácticas
    b) controis parciais
    c) entrega de traballos
    g) outras achegas.

    O exame final constará de dúas partes: a de teoría, que será tipo test, e a de problemas. No exame de teoría as preguntas non contestadas valerán cero puntos e as erróneas cualificaranse negativamente ata -0,5, sendo 1,0 o valor da resposta correcta. Para aprobar a materia, é obrigatorio asistir as prácticas da disciplina.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    Expositivas: 25
    Titorías: 5
    Prácticas: 8

    Horas non presenciais: 2h á semana de teoría e problemas e
    8 h de prácticas
    10h preparación exame final
    Elaboración dun traballo individual: 20h

    Horas de avaliación: 5h

    Total volume de traballo: 73 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos deben dispoñer dunha calculadora, non programable, que teña as funcións circulares e as súas inversas. Deben traela a clase todos os días.

    A elaboración do traballo individual correspondente será optativo. Elixirase un tema entre os propostos polo profesorado, debendo axustarse a uns parámetros que se marcarán previamente.

    A materia dispón dun curso virtual, onde os matriculados nela teñen acceso directo o material esencial no seguimento da mesma e os recursos multimedia que permiten mellorar a visión espacial de conceptos explicados na aula, así como a posibilidade de poñerse en contacto cos profesores a través das ferramentas de comunicación para resolver dubidas puntuais