Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Óptica e Optometría  »  Información da Materia

G2041449 - Xestión e Marketing (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 25.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Óptica e Optometría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VILLAMARIN TABOADA, JOSE ANDRES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia constitúe unha aproximación ao ámbito da economía da empresa e das finanzas, polo que se pretende que o alumno adquira un conxunto de nocións introdutorias e xenerais sobre esta disciplina. O principal obxectivo a alcanzar é que o alumno poida manexar conceptos de economía da empresa e finanzas desde unha perspectiva práctica que poidan resultarlle útiles nas súas relacións coas institucións financeiras e no tratamento dos seus posibles investimentos, así como coñecer o contido da xestión financeira. É especialmente importante que o alumno perciba a aplicabilidade dos contidos, polo que se fai especial fincapé nas clases de contido práctico.
    Contidos
    Introdución a economía da empresa
    As áreas funcionais na xestión de empresas
    Introdución as finanzas
    Decisións de Inversión
    Decisións de Financiamento

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA:
    ARIZA A. Y RUIZ, I. Finanzas para todos, ESIC1999.
    BREALEY,MYERS, Fundamentos de Financiación Empresarial, McGraw-hill, 2006.
    XIMÉNEZ RODRÍGUEZ, S.; FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y otros, Análisis y Cálculo de las Operaciones Financieras, Tórculo Ediciones, Santiago, 2000.
    COMPLEMENTARIA:
    CALVO, A. Y OTROS, Manual del Sistema Financiero Español, Ariel Economía 2002.
    COSTAN FERRERO, JM. La Gestión Financiera en la Empresa, Ed Pirámide, 1997.
    COOKE, R. A. Curso McGraw Hill de Finanzas para no Financieros, Ed. McGraw Hill,1994.
    FAUS PASCUCHI, J. YRAHNEMA, A. Cómo interpretar la prensa económica y financiera, Deusto.
    LÓPEZ DOMÍNGUEZ, I. Cómo gestionar las finanzas a través de internet, Cie Dossat 2000, 2003.
    Operaciones Financieras en el Mercado Español.
    POZO CARRERO Y ZÚÑIGA RODRÍGUEZ, Análisis y Formulación de las Operaciones Financieras, ESIC.

    Competencias
    - Coñecer e comprender os conceptos básicos de Finanzas e os principios financeiros fundamentais.
    - Comprender os fundamentos das decisións de investimento e Financiamento que conforman a administración dunha empresa.
    - Coñecer os principios básicos que regulan a análise das operacións financeiras.
    - Valoración das operacións Financeiras clásicas de amortización de préstamos e constitución de capitais
    - Capacidade para formular un problema financeiro a través dunha folla de cálculo.
    - Manexar e comprender a información financeira publicada nos medios de comunicación masivos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Durante o desenvolvemento do programa se intercalarán as clases teóricas e prácticas de forma que se complementen os contidos. En xeral, a metodoloxía a empregar consistirá na exposición dos contidos do tema e a aplicación práctica dos mesmos a través do comentario de artigos de actualidade e da realización de exercicios.
    Sistema de evaluación
    Consideraranse os seguintes criterios para a cualificación final. Hai que ter en conta que en cada un deles hai que superar un mínimo.
    - Un 60% da nota dependerá da proba teórica final que os alumnos poderán realizar na data establecida no calendario oficial.
    - Un 40% dependerá das notas que os alumnos obteñan polos traballos e exercicios que se realizarán o longo do curso así como polo grao da súa participación na aula.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 38
    Horas non presenciais:75

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia a clase onde se traballará a materia a medida que se vai explicando, asimilando a parte teórica e combinándoa coa realización dos exercicios expostos. Non levar ao día a materia provoca unha acumulación de conceptos sen entender que é necesario manexar con soltura a medida que se avanza na materia para lograr unha visión global. Non se debe abordar cada exercicio coma se fose único dado que existe, neste campo, unha formulación xeral aplicable aos casos particulares.
    Tamén é recomendable contar con certa práctica no manexo de follas de cálculo