G2041221 - Fundamentos de Farmacoloxía Xeral (Curso Ponte no Grao en Optica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 33.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Farmacoloxía
- Áreas: Farmacoloxía
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer a terminoloxía básica en Farmacoloxía (conceptos de fármaco, mecanismo de acción, acción farmacolóxica e efectos dos fármacos).
Coñecer as características máis importantes das principais vías de administración de fármacos, e das formas farmacéuticas utilizadas habitualmente así como as súas vantaxes e desvantaxes.
Coñecer os factores que condicionan a absorción, distribución, biotransformación e eliminación dos fármacos.
Entender as consecuencias derivadas da variación na resposta dos fármacos e a relevancia clínica das interaccións farmacolóxicas.
Coñecer as reaccións adversas provocadas polos fármacos, os seus tipos e as consecuencias que xeran.
Adquirir unha visión global dos fármacos prototipo dos grupos terapéuticos relacionados co sistema nervioso autónomo e periférico, os mediadores celulares e a inflamación e as infeccións de distinta natureza.
ContidosINTRODUCIÓN. A farmacoloxía como ciencia.
FARMACOLOXÍA XERAL. Farmacocinética. Absorción dos fármacos. Distribución dos fármacos. Biotransformación dos fármacos. Excreción dos fármacos. Formas farmacéuticas. Mecanismos de acción de fármacos. Reaccións adversas dos fármacos. Variabilidade da resposta farmacolóxica.
BASES FARMACOLÓXICAS DA TERAPÉUTICA OCULAR
FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO E PERIFÉRICO. Neurotransmisión no sistema nervioso autónomo e periférico. Sistema Nervioso Simpático e Parasimpático. Transmisión catecolaminérxica. Modulación farmacolóxica da transmisión noradrenérxica e dos receptores adrenérxicos. Transmisión colinérxica. Modulación farmacolóxica da transmisión colinérxica e dos receptores colinérxicos. Anestésicos locais.
FARMACOLOXÍA DOS MEDIADORES CELULARES E DA INFLAMACIÓN. Antiinflamatorios. Antihistamínicos.
FÁRMACOS ANTIINFECCIOSOS. Antibióticos. Antivirais. Antimicóticos. Antisépticos. Solucións de limpeza e mantemento das lentes de contacto.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA FUNDAMENTAL
Rang H.P., Dale M.M., Ritter J.M., Flower R.J. Farmacología (6ª ed). Elsevier. Barcelona; 2008.
Flórez J. Farmacología Humana (5ª ed). Elsevier-Masson. Barcelona; 2008.
Goodman L., Gilman, A. Las bases farmacológicas de la terapéutica (11ª ed). Brunton, L., Lazo J., Parker, K. editores. McGraw-Hill Interamericana. Mexico; 2007.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Baños E.J., March M. Farmacología ocular (2ª ed). Ed UPC. Barcelona; 2002
Bartlett J.D., Jaanus S.D. Clinical ocular pharmacology. Butteworth-Heinemann (4ª ed). Boston; 2001
CompetenciasExpresarse con rigor na linguaxe científica propio da área.
Saber valorar a importancia dos factores farmacocinéticos e farmacodinámicos no efecto farmacolóxico.
Relacionar os efectos farmacolóxicos dos fármacos prototipo coas súas aplicacións clínicas e potenciais reaccións adversas.
Ser consciente da importancia do correcto manexo de calquera tipo de sustancia que se empregue con fins terapéuticos.
Metodoloxía da ensinanza Para o desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe levarán a cabo distintas accións formativas que permitirán ao alumnado adquirir as competencias programadas:
- - Clases teóricas que se expoñen na plataforma virtual da USC. Con estes contidos preténdese que o alumnado desenvolva fundamentalmente competencias conceptuais. Ademais facilitaráselle o descubrimento das relacións entre diversos conceptos.
Sistema de evaluaciónEXAME TEÓRICO: Representará o 100% da cualificación final da materia. Constará de:
-Unha parte de preguntas de tipo test. Catro opcións de resposta con só unha verdadeira. Por cada tres respostas erróneas descontarase unha das respostas acertadas. (Representará o 50% da nota do exame teórico)
- Unha parte de preguntas curtas. (Representará o 50% da nota do exame teórico)
Tempo de estudo e traballo persoal56 horas de estudo individual.
18,5 horas para a realización de traballos, lecturas e procura bibliográfica
Total de traballo autónomo: 74,5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaEstudar diariamente os contidos do programa teórico e resolver as dúbidas conceptuais para avanzar no estudo da materia. É importante relacionar os conceptos básicos ao longo da mesma.
Utilizar a bibliografía recomendada ou preguntar aos profesores da materia a aclaración de conceptos para afianzar coñecementos e adquirir destreza na resolución de problemas.