G2041222 - Fundamentos de Patoloxía Xeral (Curso Ponte no Grao en Optica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 33.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Medicina
- Áreas: Medicina
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaFormar o/a estudante no pensamento etiopatoxénico e fisiopatolóxico, esencia da medicina científica, e familiarizálo/a cos mecanismos moleculares e celulares da enfermidade.
ContidosETIOPATOXENIA XERAL. Integra a exposición do ámbito da materia, da Xenética Clínica, a Inmunopatoloxía, os fundamentos da Oncoloxía Xeral e unha introdución á Xeriatría. Inclúense tamén algunhas manifestacións clínicas principais, especialemente os dous síntomas máis frecuentes que motivan a consulta médica (dor e febre). En suma, recórrense as causas xerais e os mecanismos igualmente xerais do enfermar.
CLASES EXPOSITIVAS (33 horas)
Presentación. Conceptos xerais, obxectivos e metodoloxía do curso (1 hora)
Tema 1. Conceptos: enfermidade, signo, síntoma, síndrome, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, lesión, clínica, diagnóstico, tratamento, profilaxe, patoloxía, propedéutica (2 horas)
Tema 2. Enfermidades xenéticas. Conceptos xerais. ADN, xenes e cromosomas. Herdanza, leis de Mendel. Epixenética (3 horas)
Tema 3. Enfermidades mendelianas. Enfermidades de herdanza mitocondrial. Enfermidades polixénicas. Cromosomopatías (3 horas)
Tema 4. Mecanismos xerais polos que os axentes físicos e químicos producen enfermidade. Concepto de tóxico (2 horas)
Tema 5. Os axentes infecciosos como causa de enfermidade. Bacterias. Virus. Parásitos (2 horas)
Tema 6. O sistema inmunitario. Resposta innata. Resposta específica (3 horas)
Tema 7. Mecanismos xerais de dano tisular de causa inmunolóxica. Concepto e formas de hipersensibilidade (4 horas).
Tema 8. Autoinmunidade e tolerancia (1 hora).
Tema 9. Inmunodeficiencia. Concepto, formas xerais e consecuencias patolóxicas (1 hora).
Tema 10. Inflamación: formas, mecanismos, manifestacións clínicas xerais (1 hora).
Tema 11. Febre: etiopatoxenia e manifestacións clínicas. A febre como parte do síndrome de resposta inflamatoria sistémica (1 hora)
Tema 12. Causas e mecanismos de producción de dor. Formas xerais de dor (1 hora).
Tema 13. Mecanismos de diferenciación e proliferación celular anormal. Cancro. Crecimento neoplásico e desenvolvimento de metástases (3 horas).
Tema 14. Mecanismos moleculares e celulares do envellecimento. Concepto de enfermidade dexenerativa (2 horas).
Tema 15. Metodos experimentais no estudo da patoloxía: xenómica, proteómica e modelos celulares (2 horas).
Conclusións. (1 hora).
Bibliografía básica e complementariaApuntamentos disponibeis na Aula Virtual.
García Conde, J.; Merino Sánchez, J. e González Macías, J., Patología General. Semiología Clínica y Fisiopatología, Editorial McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2004.
Laso, F. J., Patología General. Introducción a la Medicina Clínica, editorial Masson, Barcelona, 2004.
CompetenciasComprensión dos mecanismos básicos do enfermar.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas participativas. Exposicións curtas dos alumnos/as de temas propostos en clase.
O material didáctico exposto en clase (presentacións de Powerpoint) e apuntamentos de clase serán disponibilizados na aula virtual para facilitar o estudo. Igualmente, o coordenador da materia estará disponibel para consultas e itorización através do correo electrónico.
Sistema de evaluaciónO modo de evaluación será: 75% da calificación: exame “tipo test”. Cada pregunta acertada sumará 1 punto e cada errónea restará 1/3 de punto, sendo o nivel necesario para superar a materia do 50%.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendase o repaso das materias do primeiro curso Bioquímica e Fisioloxía Xeral.