G2041421 - Saúde Pública (Curso Ponte no Grao en Optica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Óptica e Optometría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO programa da materia pretende que, ao final dos estudos, o alumno:
1. Aprenda e practique os métodos de investigación e análise nos diferentes estudos epidemiolóxicos.
2. Coñeza os principais factores de risco que afectan á saúde xeral e á visión en particular.
3. Coñeza as medidas máis adecuadas para a realización de accións preventivas, tanto na comunidade como no propio individuo.
4. Sexa capaz de servir de vía de comunicación entre o individuo e os servizos sanitarios, mediante a información que poida proporcionar como axente educador sanitario.
ContidosConcepto de saúde e niveis de prevención. Conceptos de Saúde Pública, introdución, evolución, ferramentas.
Nocións de demografía médica: demografía estática, demografía dinámica.
Metodoloxía epidemiolóxica: medidas de frecuencia, medidas de efecto, introdución aos deseños epidemiolóxicos, análise epidemiolóxica, interpretación de resultados.
Epidemioloxía das enfermidades causantes de cegueira.
Epidemioloxía das enfermidades transmisibles e non transmisibles. Administración e xestión
sanitaria. Nocións de educación sanitaria
Bibliografía básica e complementaria- Hatc SW. Ophtalmic Research and Epidemiology. 1998. Ed. Butterworth-Heinemann
- North RV. Trabajo y Ojo. 1996. Masson
- Piédrola Gil et al. Medicina preventiva y salud publica. 11ª Edición. Barcelona: Masson, 2008.
- Manual de método epidemiológico. http://www.isciii.es/htdocs/publicaciones/documentos/2009-0843_Manual_epidemiologico_ultimo_23-01-10.pdf
- Ahlbom A, Alfredsson L, Alfvén T, Bennet A. Fundamentos de epidemiología. Ed Siglo XXI. 2007.
A maiores, o alumno terá que ler con antelación artigos de revistas, xeralmente en inglés, que estarán á súa disposición na aula virtual.
Competencias- Entender o concepto e as ferramentas da Saúde Pública como disciplina.
- Coñecer os principais factores de risco das enfermidades oculares e a súa prevención
- Valorar os diferentes métodos de recollida de información en estudos sanitarios e seleccionar o máis axeitado en cada momento.
- Entender os conceptos de risco, incidencia e prevalencia.
Metodoloxía da ensinanza A materia impartirase en liña, a través da aula virtual.
O profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos por medio de presentacións multimedia. Tamén se darán exemplos de resolución dalgúns problemas tipo. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario de consulta obrigatoria.
Titorías: están destinadas a solucionar as dúbidas dos alumnos sobre a materia. Realizaranse por correo electrónico ou en persoa no despacho do profesor.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua (25%): a avaliación continua realizarase sobre a base da entrega de exercicios propostos polo profesorado e/ou a redacción e presentación pública de traballos nunhas datas que se precisarán ao principio do curso.
Exame final (75%): consistirá na resolución de cuestións prácticas ou teóricas sobre o contido da materia, xeralmente mediante proba tipo test ou preguntas curtas. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo que na sesión ordinaria, o alumno deberá ter cumpridos todos os requisitos de presenza e de presentación de exercicios e traballos que para a sesión ordinaria.
Sistema de avaliación do alumno repetidor: o mesmo réxime de avaliación que o alumno ordinario.
Tempo de estudo e traballo persoalO volume horario de aprendizaxe individual é de aproximadamente 100 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ imprescindible que o alumno non acumule atraso na aprendizaxe individual, sobre todo nas partes máis matemáticas da materia (demografía e epidemioloxía) xa que os conceptos están relacionados entre si.