O título de Grao en Óptica e Optometría ofertado pola USC, ten como obxectivo formar titulados universitarios, altamente cualificados no coidado e atención da saúde visual mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas á prevención, detección, avaliación e tratamento das alteracións da visión. Por iso os alumnos, deberán adquirir coñecementos, habilidades e destrezas profesionais ao longo da súa formación universitaria e desde o compromiso cos principios éticos, morais e deontolóxicos da profesión de Óptico Optometrista.
Atendendo a :
1.- nova ordenación das ensinanzas universitarias oficiais (Ley Orgánica 4/2007 de 12 de abril e R.D. 1393/2007 de 29 de octubre) que poñen un especial énfase na realización de prácticas por parte dos estudantes como base para a súa formación
2.- o Estatuto del Estudiante (R.D. 1791/2012 de 30 de diciembre), que no seu artigo 8 recoñece o dereito dos estudantes do grao a posibilidade de realización de prácticas;
3.- o R.D. 1707/2011 de 18 de diciembre polo que se regulan as prácticas académicas dos estudantes universitarios (artigo 2,4 e 5).
Ponse en marcha unha aplicación web “XESTOR WEB DE PRÁCTICAS TUTELADAS” da Facultade de Óptica e Optometría, coa finalidade de facilitar aos alumnos o proceso de selección de centros onde poder realizar as Prácticas Tuteladas, e asemade un lugar onde as Ópticas e os Centros Ópticos e Optométricos poidan informar do traballo que neles se desenvolva.
Doc.1 incorporacion e compromiso horario [pdf - 63 kb][Actualizado: 22/3/13]
Doc. 2 plan formacion estudante [pdf - 45 kb][Actualizado: 22/3/13]
Doc. 3 rexistro de incidencias [pdf - 79 kb][Actualizado: 22/3/13]
Doc. 4 informe óptic-titor [pdf - 139 kb][Actualizado: 22/3/13]
Doc. 5 valoración óptic-titor [pdf - 21 kb][Actualizado: 22/3/13
En relación ás Prácticas Tuteladas do período do 2ª semestre do curso 2013/14, o Decanato
INFORMA:
Nota: os alumnos poderán rexistrarse con anterioridade pero non terán acceso ata o día 12 de febreiro de 2014.
A elección de Ópticas e Centros Optométricos levarase a cabo o día 24 de febreiro de 2014 ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade. Os alumnos elixirán o centro na orde de maior a menor puntuación acadada en virtude da cualificación obtida (RR 03/10/2011).
Os alumnos deberán incorporarse na Óptica ou no Centro Óptico Optométrico, o día 3 de marzo de 2014 ás 10:00 h.
Último día de prácticas: 23 de xullo de 2014
Entrega de memoria: do 1 ao 15 de xullo de 2014 na Secretaría do Decanato.
En relación ás Prácticas Tuteladas do período do 2ª semestre do curso 2012/13, o Decanato INFORMA:
· Curso 2012/13, o período de prácticas desenvolverase dende Abril 2013 a Xullo 2013.
· Período de inscrición do alumno: 11-febreiro-2013 ata 25-febreiro-2013 as 14:00 h
· Requisitos: ter superados os tres primeiros cursos da titulación que deberán cumprirse ata o data de peche de actas do 1º semestre para alumnos do grao.
· Publicación lista provisional de admitidos o día 1/Marzo/2013 a partir 14:30 h
· Publicación lista definitiva de admitidos o día 8/Marzo /2012 a partir 14:30 h
· A relación de Ópticas e Centros Óptico Optométricos ofertados para realizar as Prácticas Tuteladas pode consultarse a través de http://www.optica-optometriausc.com a partir do 15 de Marzo de 2013, cunha información completa sobre as actividades que están a desenvolver as ópticas nas que van realizar as súas estancias (horario, actividades en óptica, dispensing, contactoloxía, baixa visión ...) Para acceder á devandita información os alumnos que cumpran os requisitos e que figuran na lista definitiva de admitidos, deberán rexistrarse no Xestor de prácticas tuteladas
Nota: os alumnos poderán rexistrarse con anterioridade pero non terán acceso ata o día 8 Marzo 2013.
A elección de Ópticas e Centros Optométricos levarase a cabo o día 15- Marzo- 2013 ás 13:30 horas na Aula Magna da Facultade. Os alumnos elixirán o centro na orde de maior a menor puntuación acadada en virtude da cualificación obtida (RR 03/10/2011).
Os alumnos deberán incorporarse na Óptica ou no Centro Óptico Optométrico, o día 1 de Abril de 2013 ás 10:00 h.
Último día de prácticas: 24 de xullo de 2013
Entrega de memoria: do 15 ao 20 xullo de 2013 na Secretaría do Decanato