Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Óptica e Optometría

Facultade de Óptica e Optometría

 

A Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un centro docente, investigador e asistencial, situado no Campus Vida da USC, e que conta coas instalacións idóneas para o adestramento en competencias fundamentais para o desenvolvemento profesional do futuro titulado, nunha disciplina de atención primaria, que se ocupa do coidado da saúde visual da nosa poboación.

O Centro oferta estudos superiores adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. impártense os estudos de GRAO EN OPTICA E OPTOMETRÍA, unha titulación da rama de CIENCIAS DA SAÚDE que foi implantada no curso 2010/2011 e que capacita aos nosos alumnos para exercer unha profesión regulada en virtude do disposto nos artigos 2 e 7 da Lei 44/2003, de 21 de novembro, Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias.

O profesorado, ademais de ofrecer una ensinanza de calidade, mantén unha labor investigadora de primeiro nivel internacional nas diferentes áreas de coñecemento, englobadas nos grupos de investigación de Optometría, Microóptica e Óptica Grin, Óptica Integrada, Fibras Ópticas e Metroloxía Óptica; Microóptica e Sensores de Onda, Superficie Ocular e Lentes de Contacto.

Por outro lado, o noso Centro acolle o Servizo de Optometría - USC, un centro adscrito, autorizado pola Consellería de Sanidade para desenvolver asistencia clínica desde o 12/01/2011 e que aporta a posibilidade de iniciar aos nosos alumnos no mundo asistencial en atención primaria da área de saúde; así como a formación continua dos profesionais e a investigación na saúde visual.
 

Enderezo

Campus Vida
15782 Santiago de Compostela

Teléfono: 881813510   ó   881813516
Fax: 881813534
Correo electrónico: zoptdeca@usc.es
 

Másteres
    1º e 2º ciclo (en extinción)