G3011103 - Métodos en Ciencia Política (Materias de Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 8.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEn xeral, os estudantes que cursen esta materia deberían saber deseñar unha investigación científica e avaliar as investigacións científicas alleas. Para iso, é preciso saber recoñecer un problema cientificamente relevante e convertelo nunha pregunta de investigación susceptible de resposta científica. A iso contribúe, entre outros medios, dotarse do coñecemento, sequera elemental, dos enfoques teóricos relativamente consolidados na ciencia política. Para a resposta á pregunta de investigación, é preciso saber extraer hipóteses das teorías e dos «feitos», construír a evidencia necesaria para someter a proba tales hipóteses analizar a evidencia, interpretala e transmitir as conclusións obtidas á comunidade epistémica pertinente.
O tránsito por esa secuencia de actividades lógrase mediante o dominio rigoroso dunha serie de conceptos en parte novedosos para os estudantes. É primordial, entre eles, o concepto de ciencia, cuxo dominio permitirá trazar unha liña de demarcación a entre o estudo científico da política e outras aproximacións a este ámbito da acción humana, como a historia, a filosofía, o reportaxe periodístico o faladoiro radiado ou televisado, ou o sermón dos puritanos politicamente correctos.
Considérase obxectivo esencial a habilidade de aportar evidencia1 en apoio das propias afirmacións, así como a de avaliar a evidencia allea. Igualmente esencial é saber que inferencias é posible realizar correctamente a partir da evidencia aportada.
Tendo en conta que a produción e a avaliación do coñecemento científico é unha empresa colectiva dos integrantes da denominada comunidade científica, así como que esas actividades requiren dun proceso argumentativo, son habilidades que adquirir as de construír argumentos v?lidos e correctos, contraargumentar e descubrir os erros tanto dos argumentos propios como dos contraargumentos.
Debido a que boa parte das habilidades mencionadas exhíbense mediante produtos escritos e transmitidos en varias clases de soportes, é unha habilidade esencial a exposición escrita dos propios traballos, axustándose á estrutura pertinente, como o é a de criticar os traballos escritos alleos. En consecuencia, preténdese que os estudantes coñezan as estruturas dos produtos científicos (un proxecto de investigación ou un artigo, por exemplo) e saiban elaborar documentos dotados desas estruturas.
A difusión de multitude de aplicacións informáticas para facilitar a actividade científica en varias das súas fases converte nunha habilidade imprescindible o manexo dalgunhas delas, sequera a un nivel elemental.
Convén enfatizar que a actividade científica esixe a posesión dunha serie de valores e actitudes que os estudantes deberían adquirir ou potenciar, tales como: a curiosidade intelectual, a autocrítica, a aceptació da incerteza e da imperfección dos coñecementos, a cortesía académica, a disposición a aportar argumentos e probas (en lugar do desexo de «ter razón») ou a capacidade de aceptar as críticas ao propio traballo sen confundilas con ofensas persoais.
Contidos- O coñecemento científico e as ciencias sociais
- A teoría nas ciencias sociais
- Os conceptos e a súa operacionalización
- As estratexias de investigación. Niveis e unidades de análise e observación
- Os datos: tipos, recolleita, codificación e presentación
- A contrastación de hipóteses
Bibliografía básica e complementariaAnduiza, E., Crespo, I., & Méndez, M. (1999). Metodología de la ciencia política. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Ayuso, M. C. (Ed.). (1997). Razonamiento y racionalidad. ¿Somos lógicos? Barcelona: Paidós.
Babbie, E. (2000). Fundamentos de la investigación social. México: International Thomson.
Batlle, A. (Ed.). (2001). Diez textos básicos de ciencia política. Barcelona: Ariel.
Blaxter, L., Hughes, C., & Tight, M. (2000). Cómo se hace una investigación. Barcelona: Gedisa.
Booth, W. C., Colomb, G. G., & Williams, J. M. (2001). Cómo convertirse en un hábil investigador. Barcelona: Gedisa.
Boudon, R. (1981). La lógica de lo social: introducción al análisis sociológico. Madrid: Rialp.
Boudon, R., Lazarsfeld, P., & Chacel, F. (1985). Metodología de las ciencias sociales. Barcelona: Laia.
Caïs,J. (1997). Metodología del análisis comparativo. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Campbell, D., & Stanley, J. (1973). Diseños experimentales y cuasiexperimentales en la investigación social. Buenos Aires: Amorrortu.
Cavalli-Sforza, L. L. (2007). La evolución de la cultura: propuestas concretas para futuros estudios. Barcelona: Anagrama.
Cea D’Ancona, M. A. (2001). Metodología cuantitativa: estrategias y técnicas de investigación social.
Madrid: Síntesis.
Cipolla, C. (2001). Allegro, ma non troppo. Barcelona: Crítica.
Cohen, I. B. (2008). El triunfo de los números. Cómo el cómputo modeló la vida moderna. Madrid: Alianza Editorial.
Coller, X. (2000). Estudio de casos. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Copi, I. M., & Cohen, C. (1999). Introducción a la lógica. México: Limusa: Noriega.
Corbetta, P. (2007). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill.
Dalla Chiara, M. L. (2001). Confines: introducción a la filosofía de la ciencia. Barcelona: Crítica.
De Miguel, A. (1997). Manual del perfecto sociólogo. Madrid: Espasa Calpe.
Diamond, J. M. (2005a). Armas gérmenes y acero: breve historia de la humanidad en los últimos trece mil años. Madrid: Debate.
Diamond, J. M. (2005b). Colapso: por qué unas sociedades perduran y otras desaparecen. Barcelona: Debate.
Durkheim, E. (1991). El suicidio. Torrejón de Ardoz: Akal.
Elster,J. (2003). Tuercas y tornillos: una introducción a los conceptos básicos de las ciencias sociales. Barcelona: Gedisa.
Estany, A. (2006). Introducción a la filosofía de la ciencia. Bellaterra: Universidad Autónoma de Barcelona.
Garachana, M., Santiago, M., Montolío, E., & Figueras, C. (2001). Manual práctico de escritura académica. Barcelona: Ariel. (3 vols.)
García Ferrando, M. (2000). El análisis de la realidad social. Madrid: Alianza Editorial.
Gladwell, M. (2001). La frontera del éxito: el punto clave para que «cualquier cosa» se convierta en un fenómeno de masas. Madrid: Espasa Calpe.
Gómez Rodríguez, A. (2003). Filosofía y metodología de las ciencias sociales. Madrid: Alianza Editorial.
Goodin, R. R. (Ed.). (2001). Nuevo manual de ciencia política. Madrid: Istmo. (2 vols.)
Johnson, S. (2004). Sistemas emergentes. O qué tienen en común hormigas, neuronas, ciudades y software. México: Fondo de Cultura Económica.
Kerlinger, F.Ñ. (2002). Investigación del comportamiento. México: McGraw-Hill.
King, G., Keohane, R. O., & Verba, S. (2000). El diseño de la investigación social: la inferencia científica en los estudios cualitativos. Madrid: Alianza Editorial.
Lago, I. (2008). La lógica de la explicación en las ciencias sociales: una introducción metodológica. Madrid: Alianza Editorial.
Legrenzi, P. (2000). Cómo funciona la mente. Madrid: Alianza Editorial.
Lockley, M. (2006). Siguiendo las huellas de los dinosaurios. Madrid: McGraw-Hill.
Marsh, D., & Stoker, G. (Eds.). (1997). Teoría y métodos de la ciencia política. Madrid: Alianza Editorial.
Meadows, D., Randers, J., & Meadows, D. (2006). Los límites del crecimiento. 30 años después. Barcelona: Círculo de Lectores / Galaxia Gutemberg.
Meltzoff, J. (2000). Crítica a la investigación: psicología y campos afines. Madrid: Alianza Editorial.
Mlodinow, l. (2008). El andar del borracho. Cómo el azar gobierna nuestras vidas. Barcelona: Crítica.
Montolío, E. (2001). Conectores de la lengua escrita. Barcelona: Ariel.
Nagel, E., & Cohen, M. R. (1983). Introducción a la lógica y al método científico. Buenos Aires: Amorrortu.
Pasquino, G., et al. (1996). Manual de ciencia política. Madrid: Alianza Editorial.
Piatelli-Palmarini, M. (2005). Los túneles de la mente. ¿Qué se esconde tras nuestros errores? Barcelona: Crítica.
Pinker, S. (2003). La tabla rasa. La negación moderna de la naturaleza humana. Barcelona: Paidós.
Plantin, C. (1998). La argumentación. Barcelona: Ariel.
Popper, K. R. (2002). La miseria del historicismo. Madrid: Alianza Editorial.
Poundstone, W. (1995). El dilema del prisionero: John von Neumann, la teoría de juegos y la bomba. Madrid: Alianza Editorial.
Ragin, C. (2007). La construcción de la investigación social. Introducción a los métodos y su diversidad. Bogotá: Siglo del Hombre Editores, Universidad de los Andes-Facultad de Derecho.
Resnick, M. (2001). Tortugas, termitas y atascos de tráfico: exploraciones sobre micromundos masivamente paralelos. Barcelona: Gedisa.
Rivera, J. A. (2001). El gobierno de la fortuna. El poder del azar en la historia y en los asuntos humanos. Barcelona: Crítica.
Rumiati, D. (2001). Decidirse: ¿cómo escoger la opción correcta?: riesgo, prudencia o rapidez. Barcelona: Paidós.
Saiz Sánchez, C. (Ed.). (2002). Pensamiento crítico. Conceptos básicos y actividades prácticas. Madrid: Pirámide.
Taleb, N.Ñ. (2008). El cisne negro: el impacto de lo altamente improbable. Barcelona: Paidós.
Tanur, J. M., et al. (1992). La estadística: una guía a lo desconocido. Madrid: Alianza Editorial.
Tobeña, A. (2003). Anatomía de la agresividad humana. De la violencia infantil al belicismo. Barcelona: DeBOLSILLO.
Tobeña, A. (2008). Cerebro y poder: política, bandidaje y erótica del mando. Madrid: La Esfera de los Libros.
van Evera, S. (2002). Guía para estudiantes de ciencia política: métodos y recursos. Barcelona: Gedisa.
Walker, M. (2005). Cómo escribir trabajos de investigación. Barcelona: Gedisa.
Watts,D. J. (2006). Seis grados de separación. La ciencia de las redes en la era del acceso. Barcelona: Paidós.
Webster, R. (2002). Por qué Freud estaba equivocado. Pecado, ciencia y psicoanálisis. Barcelona: Destino.
Weston, A. (1999). Las claves de la argumentación. Barcelona: Ariel.
CompetenciasEn xeral, os estudantes que cursen esta materia deberían saber deseñar unha investigación científica e avaliar as investigacións científicas alleas. Para iso, é preciso saber recoñecer un problema cientificamente relevante e convertelo nunha pregunta de investigación susceptible de resposta científica. A iso contribúe, entre outros medios, dotarse do coñecemento, sequera elemental, dos enfoques teóricos relativamente consolidados na ciencia política. Para a resposta á pregunta de investigación, é preciso saber extraer hipóteses das teorías e dos «feitos», construír a evidencia necesaria para someter a proba tales hipóteses analizar a evidencia, interpretala e transmitir as conclusións obtidas á comunidade epistémica pertinente.
O tránsito por esa secuencia de actividades lógrase mediante o dominio rigoroso dunha serie de conceptos en parte novedosos para os estudantes. É primordial, entre eles, o concepto de ciencia, cuxo dominio permitirá trazar unha liña de demarcación a entre o estudo científico da política e outras aproximacións a este ámbito da acción humana, como a historia, a filosofía, o reportaxe periodístico o faladoiro radiado ou televisado, ou o sermón dos puritanos politicamente correctos.
Considérase obxectivo esencial a habilidade de aportar evidencia1 en apoio das propias afirmacións, así como a de avaliar a evidencia allea. Igualmente esencial é saber que inferencias é posible realizar correctamente a partir da evidencia aportada.
Tendo en conta que a produción e a avaliación do coñecemento científico é unha empresa colectiva dos integrantes da denominada comunidade científica, así como que esas actividades requiren dun proceso argumentativo, son habilidades que adquirir as de construír argumentos v?lidos e correctos, contraargumentar e descubrir os erros tanto dos argumentos propios como dos contraargumentos.
Debido a que boa parte das habilidades mencionadas exhíbense mediante produtos escritos e transmitidos en varias clases de soportes, é unha habilidade esencial a exposición escrita dos propios traballos, axustándose á estrutura pertinente, como o é a de criticar os traballos escritos alleos. En consecuencia, preténdese que os estudantes coñezan as estruturas dos produtos científicos (un proxecto de investigación ou un artigo, por exemplo) e saiban elaborar documentos dotados desas estruturas.
A difusión de multitude de aplicacións informáticas para facilitar a actividade científica en varias das súas fases converte nunha habilidade imprescindible o manexo dalgunhas delas, sequera a un nivel elemental.
Convén enfatizar que a actividade científica esixe a posesión dunha serie de valores e actitudes que os estudantes deberían adquirir ou potenciar, tales como: a curiosidade intelectual, a autocrítica, a aceptació da incerteza e da imperfección dos coñecementos, a cortesía académica, a disposición a aportar argumentos e probas (en lugar do desexo de «ter razón») ou a capacidade de aceptar as críticas ao propio traballo sen confundilas con ofensas persoais.
Metodoloxía da ensinanza Para que os estudantes adquiran e reforcen os coñecementos, as habilidades e as actitudes indicados, usaranse as clases de lousa e as interactivas. Nas clases de pizarra, a asistencia ás cales é obrigatoria, presentaranse e explicaranse aos estudantes os contidos da materia.
Nas clases interactivas realizaranse dúas clases de actividades, orientadas non á transmisión de coñecementos, senón ao desenvolvemento de habilidades, en paralelo ás clases presenciais. Por unha banda, dirixirase aos estudantes no deseño dun proxecto de investigación ao longo de todas as súas fases (agás a execución). Por outra banda, leranse e comentaranse artigos da disciplina que exemplifiquen os correctos deseño e execución dunha investigación ou que revelen a comisión de erros de deseño ou execución.
Finalmente, recomendarase aos estudantes a lectura dalgunha ou algunhas monografías que, a xuízo do profesor, complementen, mediante outras perspectivas, os coñecementos e habilidades estrictamente metodolóxicos transmitidos nas clases de lousa e nas clases interactivas.
A fin de facilitar o desenvolvemento de todas as actividades e a comunicación entre o profesor e os estudantes, empregarase o aula virtual.
Sistema de evaluaciónAsistencia e participación. A asistencia a todas as actividades programadas é obrigatoria e condición necesaria para superar a materia.
Contido da materia: exame escrito que valerá o 45% da cualificación final.
Deseño dun proxecto e comentarios ás lecturas: 40% da cualificación final.
Comentario escrito de libros: 15%.
Escritura: corrección sintáctica, semántica e ortográfica.
Forma de traballos.
Para ser cualificados, os estudantes haberán de obter polo menos a metade da nota máxima asignada ao exame e a metade da nota máxima asignada ao deseño dun proxecto. Reservarase a parte aprobada a aqueles estudantes que teñan que examinarse na convocatoria de xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalTal como recolle o plano de estudos, unhas 150 horas. A falta de evidencia empírica algunha, só se pode dicir que cada estudante terá que distribuílas segundo o seu propio xuízo.
Recomendacións para o estudo da materiaDada a ubicación da materia na secuencia temporal de materias da titulación (primeiro cuadrimestre do primeiro curso), folga aclarar que non se presupoñen en posesión dos estudantes coñecementos, habilidades ou actitudes intra-disciplinares.
No entanto, tendo presente o contido da formación universitaria, considéranse prerrequisitos indubitablemente satisfeitos xa polos estudantes coñecementos de inglés, de gramática e ortografía das linguas co-oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, habilidades expresivas oralmente e por escrito, e unha actitude de boa disposición ao estudio, así como ao traballo, sexa individual, sexa en equipo.