G3011104 - Historia do Pensamento e das Institucións Políticas (Materias de Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 22.00
- Horas de Titorías: 8.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEsta manteria ten por obxectivos: 1) fornecer un coñecemento básico da evolución do pensamento político moderno da man dos principais pensadores e pensadoras e os seus argumentos e conceptos mais significativos; 2) atender as dimensions tanto normativas como expliactivas das diferentes teorías políticas; 3) analizar as diferentes teorías no seu contexto social, institucional e dos movementos políticos e sociais da súa época respectiva; 4) desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación oral e escrita; 5) proporcionar unha preliminar bagaxe teórico-conceptual dos clásicos da disciplina Ciencia Política.
Contidos1. Ciencia política, teoría política normativa e historia do pensamento político.
2.A revolución maquiaveliana: o Estado moderno e a Ciencia Política: neste tema imos demostrar a inexistencia do Estado durante o Renacemento e a contribución ao pensamento político do seu suposto creador, Nicolás Maquiavelo. 1.1. Introducción: Maquiavelo e a súa época. 1.2. O preceptor de tiranos. 1.3. O Maquiavelo republicano.1.4. O legado de Maquiavelo.
3.A Monarquía Absoluta: mito e realidadade. Absolutismo e Constitucionalismo. Eiquí estudiaremos as características e a evolución das principais monarquías europeas continentais desde o Renacimiento ata o século XVIII, así como os seus principais teóricos políticos. 1.1. As Novas Monarquías e o modelo deo príncipe cristián. 1.2. O absolutismo e o poder absoluto. 1.3. Erasmo de Rotterdam e Tomás Moro. 1.4. A Monarquía Católica ou Española, o absolutismo frustrado. 1.5. A Monarquía de Francia e o seu tránsito ao absolutismo. Seyssel, os monarcómacos, Bodin e Loyseau.
4.A Revolución Inglesa e a Monarquía Constitucional. O pensamiento político inglés e o Estado. A singularidade do caso inglés merece unha atención especial pola súa influencia na historia da democracia representativa. 1.1. A Monarquía do Renacemento en Inglaterra: os Tudor e o poder absoluto. 1.2. Os Estuardo e o absolutismo: o conflicto rei-reino. 1.3.The rule of Law: Edward Coke, o xuíz rebelde. 1.4. A Guerra civil (1642-1648). Oliver Cromwell e a Commonwealth: república e dictadura puritana (1649-1660). 1.5.Thomas Hobbes e o Estado. 1.6. O final das tentativas absolutistas: a Glorious Revolution (1688) e John Locke. 1.7. Monarquía constitucional, soberanía parlamentaria e goberno de gabinete.
5. A Ilustración e a crise da Monarquía Absoluta. Agora abordaremos a complexidade do pensamento ilustrado e o apoxeo do absolutismo, que en Europa continental preparou o camiño do Estado liberal 1. ¿Qué é a Ilustración? 1.2. O Estado de Policía, última fase do Estado absolutista. 1.3. O pensamento das Luces e o Estado: Montesquieu, Rousseau e Kant.
6. As Revolucións atlánticas e o Estado. Coa Guerra da Independencia Norteamericana abriuse un ciclo revolucionario que alterou as estruturas do mundo occidental. Aquí estudiaremos as revolucións norteamericana e francesa e os súas consecuencias. 1. A Guerra dos Sete Anos e a crise imperial británica. 2. A revolución das Trece Colonias. 3. Os Estados Unidos de América: federalistas-antifederalistas e a Constitución de 1787. 4. A Revolución Francesa: unha revolución política e social. 5. Da Monarquía constitucional ao Imperio. 6. O Estado napoleónico. 7. A crise da Monarquía española e a Constitución de Cádiz
7.A época do Liberalismo. Despois de estudar as revolucións liberais en Inglaterra, Estados Unidos, Francia e como afectaron á Monarquía española, cómpre agora ver como se afianzaron o pensamento e o Estado liberal. 1. O Estado liberal e o Estado-nación. 2. Constant, Tocqueville e John Stuart Mill.
8. Marx e a superación do Estado. A contestación ao Estado liberal e ao capitalismo tivo en Karl Marx ao seu principal figura durante o século XIX. Neste tema abordaremos a súa proposta teórica e os seus logros. 1. O socialismo utópico. 2. O socialismo científico: Marx, Engels e o marxismo.
Bibliografía básica e complementariaTextos de apoio:
Arteta, Aurelio, García Guitián Elena y Máiz, Ramón (eds.), Teoría política: poder, moral, democracia, Madrid, Alianza Editorial, 2003.
-Gerhard, Dietrich, La Vieja Europa. Factores de continuidad en la historia europea (1000-1800), Madrid, 1991.
-Hampsher-Monk, Iain, Historia del pensamiento político moderno. Barcelona, 1996.
-Herrera, Rafael, Adiós al orden. Una historia sobre la deriva del Estado europeo hasta nuestros días, A Coruña, Espacio Cultura, 2010.
-Mann, Michael, Las fuentes del poder social, Madrid, 1991-1997, t. I-II.
-Mellón, Joan Antón, Ideologías y movimientos políticos contemporáneos, Madrid, Tecnos, 2006.
-Negro, Dalmacio, La tradición liberal y el Estado. Madrid, 1995.
-Truyol y Serra, Antonio, Historia de la Filosofía del Derecho y del Estado, 3 vols., Madrid, Alianza, 1995
-Vallespín, Fernando (ed.), Historia de la teoría política, 6 vols. Madrid, 1990-1995.
Lecturas de pensamento político obrigatorias:
-Maquiavelo, Nicolás, El Príncipe, Ed. Istmo; ou a edición en galego, O Príncipe, Universidade de Santiago de Compostela.
-VV.AA., Artículos federalistas y antifederalistas. El debate sobre la Constitución americana, Madrid, Alianza Editorial
-Sieyès, E. ¿Qué es el Tercer Estado? Alianza edit.
-Marx, K. Engels, F. O Manifesto Comunista, Eds. Xerais, ou edición en castelán de Editorial Crítica.
Competencias1. Desenvolvemento da capacidade da análise crítica do alumno a través da interpretación contextual. 2) capacidade para construir un discurso ordenado, claro e preciso, tanto na súa vertinte de expresión oral como escrita, a través dos datos e das prácticas propostas polo profesor. 3) Desenvolvemento da capacidade de análise e síntesis a través da elaboración de resumes das leccións, libros, artículos de prensa, textos, documentais e pilículas relacionadas coa materia. 4) Desenvolvemento da capacidade de argumentación e hábitos de tolerancia a través do debate de temas relacionados có programa. 5) Aprendizaxe do manexo de fontes bibliográficas, de prensa periódica e recursos de internet. 6) Desenvolvemento da comprensión oral e lectora nouotros idiomas que no sexan galego e castelán (preferencia do Inglés).7) Ampliación dos vocabularios e mellora do emprego dos conceptos fundamentais do pensamento político.
Metodoloxía da ensinanza Desenvolver as capacidades de lectura, e expresión orixinal oral e escrita, así como incentivar o seguimento regular da materia impartida na aula. Á vez, propoñemonos estimular a curiosidade, a reflexión e o espírito crítico do alumno sobre as diferentes teorías e conceptos. Así pois, buscamos que o alumno non sexa un receptor pasivo de datos, senón que aprenda a utilizar as informacións do profesor e das lecturas que este lle propoña para construír por si mesmo un discurso coerente, claro e preciso.
A fin de facilitar a asimilación dos contidos das clases teóricas e o desenvolvemento da capacidade de expresión oral y escrita dos alumnos, se teñen contemplado nesta materia unha serie de seminarios. Nestas clases interactivas, o profesor traballará cun grupo duns 30 alumnos que analizarán textos, elaborarán resumes de algunhas leccións e comentarán capítulos de diversas obras dos grandes pensadores políticos. Así mesmo, proxectaranse e comentaranse varias pilículas e recomendarase a lectura de novelas consideradas útiles para unha mellor comprensión da materia.
As prácticas serán avaliadas ata con 1 punto.
Titorías: o profesor axudará a preparar o traballo persoal tutelado que será cualificado ata con 2 puntos
Sistema de evaluaciónO exame final non será o único criterio de evaluación. Así o exame representará o 60% da nota definitiva: 6 puntos, pero deberá ser aprobado.
O exame avaliará os coñecementos dos contidos do programa. Poderase incluír na proba un comentario de texto, ademáis de varias preguntas breves sobre conceptos fundamentais e oturas de desenvolvemento e comparación.
Polo tanto, a cualificación final será o resultado de
1.Asistencia activa a clase: 1punto 10%
2.Seminario, Clases interactivas: 1 punto 10%
3.Traballo tutelado voluntario: 2 puntos 20%
4.Exame escrito: até 6 puntos 60%
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula: 60 horas (clases de encerado, seminarios e titorías)
Estudo individual 90 horas (preparación de seminarios e traballos individuais).
Recomendacións para o estudo da materiaÉ imprescindible o seguimento regular da materia impartida na aula e a realización dos traballos recomendados ao alumno en tempo e forma.
ObservaciónsNon terán dereito a exame os alumnos que incumplan as súas obrigas discentes ou non xustifiquen as súas ausencias reiteradas ás aulas. O profesor aplicará a estes efectos o estipulado nos Estatutos de la USC e máis a normativa do título de grado.