G3011105 - Estatística para as Ciencias Sociais (I) (Materias de Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 23.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Socioloxía
- Áreas: Socioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaProporcionar ao estudante coñecementos básicos de estatística descritiva e inferencial e familiarizalo co uso de programas informáticos para a análise estatística de datos.
ContidosOs establecidos na Memoria do Grao de Ciencia Política e da Administración:
"Introdución á análise estatística dos datos.
Estatística descritiva univariable: Distribución de frecuencias. Técnicas básicas de representación
gráfica. Medidas de tendencia central. Medidas de dispersión. Forma da distribución.
Estatística inferencial univariable: Fundamentos da estatística inferencial. Teoría da
probabilidade. Distribucións teóricas. Teoría de mostraxe. Tipos de mostraxe. Distribución
mostral. A estimación estatística. Niveis e intervalos de confianza. Erro mostral e
volume da mostra".
Bibliografía básica e complementariaNo desenvolvemento da materia non se seguirá estreitamente ningún libro de texto, pero os alumnos deberán utilizar como apoio o manual que se indicará no primeiro día de clase.
Entre os moitos manuais básicos de estatística para as ciencias sociais dispoñibles no mercado editorial español, o profesor considera particularmente recomendables como bibliografía básica os seguintes:
- Freedman, D.; R. Pisani; R. Purves; y A. Adhikari: Estadística. Barcelona, Antoni Bosch, editor, 1993, 2ª edición.
- Hopkins, K.D.; B.R. Hopkins; y G.V. Glass: Estadística básica para las ciencias sociales y del comportamiento. México, Prentice Hall, 1997.
- Morales Vallejo, P.: Estadística aplicada a las ciencias sociales. Madrid, Universidad Pontificia de Comillas, 2008.
- Peña, D.: Fundamentos de Estadística. Madrid, Alianza, 2001.
- Ritchey, F.J.: Estadística para las ciencias sociales. México, McGraw-Hill, 2008, 2ª edición.
- Spiegel, M.R.; y L.J. Stephens: Estadística. México, McGraw-Hill, 2002, 3ª edición.
- Wonnacott, T.H., y R.J. Wonnacott: Introducción a la Estadística, México, Limusa, 1997. 5ª edición.
CompetenciasAs establecidas na Memoria do Grao de Ciencia Política e da Administración:
"1.- Conseguir un coñecemento suficiente do tratamento e análise estatístico de datos.
Recoñecer as diversas variables estatísticas e as medidas apropiadas para
o seu procesamiento e análise.
2.- Adquirir competencias no emprego dos recursos estatísticos para facer unha
lectura descritiva dos datos.
3.- Adquirir a capacidade de tirar conclusións dos datos analizados, así como a
formulación de hipótese.
4.-Adquirir uns coñecementos básicos no manexo dos programas informáticos
para a análise de datos cuantitativos".
Metodoloxía da ensinanza O curso desenvolverase a través de clases expositivas ou teóricas e clases interactivas ou prácticas.
Nas clases teóricas, o profesor exporá os contidos básicos de cada tema. As clases prácticas serán de dous tipos: por unha banda, clases dedicadas á realización e corrección de exercicios; doutra banda, clases dedicadas á realización de análises estatísticas mediante o uso de programas informaticos.
Ademáis, os estudantes terán que facer fora da aula diversos exercicios e traballos prácticos.
Na docencia da materia utilizaranse as ferramentas integradas no Campus Virtual da USC.
Sistema de evaluaciónPara a avaliación da materia aplicaranse dous instrumentos:
1. Exame final a realizar na data fixada oficialmente.
2. Exercicios e traballos prácticos entregados en datas que se establecerán coa necesaria antelación.
O exame final suporá un 80% da nota final. Os traballos prácticos, o 20%. Para aprobar a materia será necesario obter no exame fina unha nota de, polo menos, 4,5 puntos sobre 10.
Tempo de estudo e traballo persoalSegundo a Memoria do Grao de Ciencia Política e da Administración, o tempo total de estudo e traballo persoal, incluíndo as horas dedicadas á docencia presencial, é de 150 horas. O profesor da materia descoñece como se calculou ese tempo e non ten coñecemento de ningún tipo de evidencia empírica que demostre (ou, polo menos, faga supor) que un alumno medio haberá de dedicar á materia precisamente ese número de horas a fin de asimilar os seus contidos e cumprir os seus obxectivos de xeito satisfactorio. En todo caso, corresponde a cada estudante determinar canto tempo necesita para preparar a materia e distribuílo do xeito máis adecuado e eficiente entre as distintas tarefas que iso require.
Recomendacións para o estudo da materiaTendo en conta a natureza da materia, é especialmente recomendable estudar e facer exercicios prácticos de xeito regular e continuada ao longo de todo o semestre, sen esperar ao momento da preparación do exame final.
ObservaciónsO primeiro día de clase proporcionarase aos estudantes un programa detallado da materia, incluíndo a distribución dos temas ao longo do calendario lectivo. Tanto o programa como todos os materiais didácticos que se utilizarán durante o curso estarán dispoñibles no Campus Virtual da USC, que se utilizará de xeito habitual na docencia da materia.