G3011107 - Administración Pública (Materias de Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 15.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer a formación histórica e bases constitucionais da Administración pública en España: Goberno e Administración Xeral do Estado, Goberno e Administración das Comunidades Autónomas, Goberno e Administración local e a Administración institucional e as corporacións de dereito público dos tres citados niveis territoriais. Coñecer a teoría xeral da organización administrativa. As relacións intergobernamentais nos Estados compostos, gobernanza e Goberno multinivel. A ética pública e o control das administracións públicas.
ContidosOs contidos da materia asignados no Plan de Estudos (USC, 2008) abórdanse desde o enfoque formal e material da Ciencia da Administración. En concreto, o contido do curso correspóndese cos descritores asignados á materia no citado Plan de Estudos:
TEMA 1.- O estudo da Administración Pública: un enfoque de Ciencia da Administración.
TEMA 2.- As Administracións Públicas como organización. Os paradigmas de política administrativa: Burocracia e Nova Xestión Pública.
TEMA 3.- O sistema político-administrativo de España (I): Evolución histórica. A Administración na Constitución de 1978. Goberno e Administración Xeral do Estado.
TEMA 4.- O sistema político-administrativo de España (II): Goberno e Administración das Comunidades Autónomas. Goberno e Administración das Entidades Locais.
TEMA 5.- As relacións intergobernamentais nos Estados compostos, gobernanza e goberno multinivel.
TEMA 6.- O control nas Administracións e a Ética pública.
Bibliografía básica e complementaria-AGUILAR VILLANUEVA, Luis F. (2006): Gobernanza y gestión pública, México, FCE.
-BAENA DEL ALCÁZAR, M. (2005): Manual de Ciencia de la Administración, Madrid, Síntesis.
-BALLART, X. y RAMIÓ, C. (2000): Ciencia de la Administración, Valencia, Tirant lo Blanch.
-CRESPO GONZÁLEZ, J. y PASTOR ALVADALEJO, G. (coord.) (2002): Administraciones Públicas Españolas, Madrid, McGraw-Hill.
-GONZÁLEZ RABANAL, M.C. (2005) (coord.): La acción y los retos del sector público. Una aproximación, Madrid.
-LIPPI, A. y MORISI, M. (2008): Gestión y Administración públicas, Valencia, Tirant lo Blanch.
-LÓPEZ NIETO, L. (coord.) (2006): Relaciones Intergubernamentales en la España Democrática. Interdependencia, Autonomía, Conflicto y Cooperación, Madrid, Dykinson.
-OLÍAS DE LIMA, B. (coord.) (2001): La nueva gestión pública, Madrid, Prentice Hall.
-OLÍAS DE LIMA, B. (2006): Manual de organización administrativa del Estado, Madrid, Síntesis.
-OLMEDO, J.A.; PARRADO, S.; COLINO, C. (2012): Las Administraciones públicas en España. Valencia, Tirant lo Blanch.
-PARRADO DÍEZ, S. (2002): Sistemas Administrativos Comparados, Madrid, Tecnos.
-PRATS CATALÀ, J. (2005): De la burocracia al management, del management a la gobernanza: las transformaciones de las Administraciones Públicas de nuestro, Madrid, INAP.
-RAMIÓ MATAS, C. (1999): Teoría de la Organización y Administración pública, Madrid, Tecnos/UPF.
-VILLORIA MENDIETA, M. (2000): Ética pública y corrupción: Curso de ética administrativa, Madrid, Tecnos/UPF.
Na Guía Docente figura a bibliografía básica e complementaria para cada tema, así como na Programación de Temas.
CompetenciasEntre as competencias a desenvolver na materia distínguense: as xenéricas ou transversais; e, as específicas, segundo os coñecementos disciplinares (saber), e os profesionais (saber facer).
1. As competencias xenéricas ou transversais
1.1 Capacidade para o autoaprendizaje.
1.2 Capacidade de organización, planificación e de traballo en equipo.
1.3 Capacidade de comunicación oral e escrita.
1.4 Coñecemento de vocabulario e terminoloxía básica dunha materia.
1.5 Comprensión de relacións entre conceptos e variables.
1.6 Coñecemento de autores, bibliografía, documentación.
1.7 Desenvolvemento das destrezas na consecución de información (utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación).
1.8 Resolución de problemas baixo determinadas condicións.
1.9 Desenvolvemento de habilidades ou procedementos estandarizados.
1.10 Avaliación de situacións ou hipóteses.
1.11 Capacidade de síntese ante unha información.
1.12 Capacidade de razoamento crítico.
1.13 Capacidade de tomar decisións.
1.14 A ética de servizo público.
2. As competencias que adquire estudantado na materia de Administración Pública, segundo se desprende dos obxectivos establecidos na Memoria de Grao en Ciencia Política e da Administración (USC, 2008), son as seguintes:
2.1 Coñecementos disciplinares (saber):
2.1.1 Coñecer a organización das administracións públicas do Estado español.
2.1.2 Coñecer ademais o réxime xurídico, competencial e financeiro dos distintos niveis de administración.
2.1.3 Coñecer e diferenciar as administracións públicas territoriais e o conxunto de entes públicos e persoais que dependen delas.
2.1.4 Aprender os conceptos básicos da teoría xeral da organización administrativa e saber aplicalos.
2.1.5 Comprender a organización e funcionamento das administracións públicas e a súa dinámica na xestión pública.
2.2 Coñecementos profesionais (saber facer):
2.2.1 Identificar e utilizar fontes documentais específicas sobre a materia.
2.2.2 Argumentar desde diferentes perspectivas teóricas.
2.2.3 Identificar e analizar os subsistemas que compón o sistema administrativo e integrar a información resultante.
2.2.4 Interrelacionar os sistemas políticos e administrativos co sistema social.
2.2.5 Propor de xeito básico a avaliación das estruturas administrativas.
2.2.6 Relacionar e interpretar criticamente os procesos político-administrativos en secuencias históricas e contemporáneas.
2.2.7 Aplicar os enfoques teóricos da organización para o coñecemento e funcionamento da Administración pública.
2.2.8 Realizar estudos de caso que integren os diferentes paradigmas de política administrativa (burocracia, xestión, gobernanza).
Ao finalizar o curso, o estudante debería adquirir as competencias relacionadas cos coñecementos e as habilidades propias da materia, das ferramentas de aprendizaxe, e das actitudes específicas.
Metodoloxía da ensinanza O Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS) establece unha nova orientación metodolóxica no ensino universitario, que distingue dous tipos e cargas de traballo: o realizado na aula e o traballo persoal do estudantado. Igualmente, faise constar que a asistencia ás clases de contido teórico (clases expositivas), clases de orientación práctica (clases interactivas) e ás sesións destinadas a Titorías é obrigatoria, así como a realización das actividades programadas para superar a avaliación da materia.
a) Nas clases expositivas, cunha duración de 30 horas (2 horas lectivas semanais), desenvólvese o contido do programa seguindo a secuencia de temas e ofrécese ao estudantado un esquema básico para seguir as explicacións e a integración dos diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.), co obxecto de favorecer as capacidades autodidactas e o traballo persoal.
b) As clases interactivas constan en total de 10 horas. As sesións teñen carácter obrigatorio e consistirán na discusión da temática previamente establecida na Programación correspondente, cuxas conclusións se presentarán por escrito. Igualmente, nestas sesións poderanse programar, no seu caso, actividades externas á Facultade como, por exemplo, visitas institucionais, etc.
c) Nas sesións destinadas a Traballos Tutelados e Titorías levarase a cabo o seguimento da aprendizaxe da materia, consultas persoais, así como a entrega e/ou discusión das actividades programadas.
Sistema de evaluaciónOs criterios de avaliación da materia están fixados no Plan de Estudos (USC, 2008) son:
-Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas.
-Actividades obrigatorias realizadas nas clases interactivas: comentarios de texto, traballos individuais e/ou en grupo.
-Exame final.
En consecuencia, de acordo coa metodoloxía establecida no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS), a aplicación cualitativa dos aspectos a avaliar concrétase nun sistema de avaliación continua, segundo uns criterios e instrumentos co peso correspondente na cualificación final:
Sobre un total de 10 puntos, a distribución da cualificación final é a seguinte:
-O 70 % da cualificación corresponde ao Exame final e á asistencia e participación nas clases expositivas.
-O 30 % da cualificación corresponde á realización dos traballos obrigatorios e á asistencia e participación nas clases interactivas. A entrega fóra de prazo establecido dos traballos obrigatorios esixidos nas clases interactivas serán penalizados co cincuenta por cento da cualificación establecida para cada actividade.
O alumnado que se presente ao exame final deberá ter acreditada a realización dos traballos ou actividades obrigatorias das clases interactivas.
Tempo de estudo e traballo persoalA asignación que figura no Plan de Estudos (USC, 2008) é a seguinte:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
-Clases expositivas: 30 h.
-Clases interactivas: 10 h.
-Traballos Tutelados: 5 h.
-Titorías: 2 h.
-Tarefas relacionadas co obxecto de estudo: 3 h.
TOTAL: 50 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
-Estudo individual: 50 h.
-Preparación de traballos e exposicións en grupo: 25 h.
-Realización de traballos individuais: 25 h.
TOTAL: 100 h.
Recomendacións para o estudo da materiaAs recomendacións que suxerimos ao estudantado son de dous tipos: a orientada ao estudo da materia, e sobre a incardinación da materia no plan de estudos e a súa proxección profesional:
a) Respecto ao estudo da materia recomendamos, con carácter xeral, a lectura previa dos materiais (bibliografía básica) fixados con antelación para cada tema (Programación de Temas), co obxecto do seguimento das explicacións nas clases expositivas e a elaboración dun esquema-síntese dos contidos. Igualmente, estas actividades están orientadas para as clases de recapitulación nas que o estudantado poderá expor as súas dúbidas e suscitar cuestións de interese. En canto á realización dos traballos obrigatorios para as clases expositivas, indícase que deben ser entregados nas datas programadas, ou pola contra terán unha penalización do cincuenta por cento da cualificación establecida ao efecto.
b) En canto á segunda consideración, destacamos que as competencias específicas da materia anteriormente apuntadas, do mesmo xeito que o desenvolvemento dos contidos mínimos, é a formación básica en Administración Pública que, como materia de formación básica, define o Título de Grao en Ciencia Política e da Administración. Igualmente, incentívase ao estudantado cara ás orientacións profesionais específicas nos diferentes niveis territoriais de Goberno e Administración Pública, sendo o estudo desta materia o inicio dese percorrido.
Por último, o alumnado disporá na aula VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das Programacións de Temas (clases expositivas) e das Programacións das Clases Interactivas, documentación e novidades de interese relacionadas coa materia.
ObservaciónsNormas xerais do sistema de avaliación continua, referidas á asistencia ás clases expositivas e interactivas e sobre comportamentos de plaxio e falsidade.
1. A asistencia ás clases e ás actividades complementarias son obrigatorias, de acordo co réxime do Grao en Ciencia Política e da Administración, e segundo a “Normativa de asistencia a clase das ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior”, aprobada polo Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010. En consecuencia, non se terá en conta para a cualificación no sistema de avaliación continua as asistencias ás clases expositivas e interactivas que non superen, respectivamente, o 75 % do total das previstas no curso.
2. Sobre plaxio e falsidade: o plaxio nos traballos escritos e a falsificación ou suplantación nas listas de asistencia, suporá de maneira automática a anulación das cualificacións correspondentes.