G3011108 - Dereito Administrativo (Materias de Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 15.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Administrativo
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPROF JAVIER FERREIRA
Prioritariamente, perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e vocabulario técnico pertinente, sexa capaz de:
- describir as bases histórico-dogmáticas e constitucionais do Dereito Administrativo.
- describir os ordenamentos xurídico-administrativos e as súas relacións.
- identificar os suxeitos do Dereito Administrativo e describir os seus réximes xurídicos.
- describir o concepto e fases do procedemento administrativo.
- describir o concepto, elementos, eficacia, execución e invalidez dos actos administrativos.
- describir o réxime xurídico do silencio administrativo.
- describir as principais características dos procedementos de revisión dos actos administrativos na vía administrativa
ContidosPROF. JAVIER FERREIRA
- As bases do Dereito Administrativo: delimitación conceptual, evolución histórica e configuración constitucional.
- O Ordenamento administrativo: as fontes do Dereito Administrativo e a interconexión entre Ordenamentos.
- Os suxeitos do Dereito Administrativo: a Administración Pública como persoa xurídica, a organización administrativa, e a teoría do administrado.
- O procedemento e acto administrativo.
- Medios persoais e materiais da Administracion Pública.
- Os contratos administrativos.
Bibliografía básica e complementariaPROF. JAVIER FERREIRA
COSCULLUELA MONTANER, Luis, Manual de Derecho Administrativo, Thomson-Civitas, Madrid, última edición.
GAMERO CASADO, Eduardo e FERNÁNDEZ RAMOS, Severiano, Manual básico de Derecho Administrativo, Tecnos, Madrid, última edición.
GARCÍA DE ENTERRÍA, Eduardo e FERNÁNDEZ, Tomás-Ramón, Curso de Derecho Administrativo, volumes I e II, Thomson-Civitas, Madrid, última edición.
MORELL OCAÑA, Luis, Curso de Derecho Administrativo, volumes I e II, Thomson-Aranzadi, Cizur Menor, última edición.
PARADA VÁZQUEZ, Ramón, Derecho Administrativo, volumes I e II, Marcial Pons, Madrid, última edición.
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel, Derecho Administrativo. Parte xeral, Tecnos, Madrid, última edición.
SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso, Principios de Derecho Administrativo, volumes I e II, Iustel, Madrid, última edición.
CompetenciasPROF. JAVIER FERREIRA
Perséguese que o alumno:
- manexe, correcta e productivamente, as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doutrinais, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- poida resolver problemas cuxa solución non deriva da aplicación de procesos estandarizados.
- estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe, e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a gran velocidade.
Metodoloxía da ensinanza PROF. JAVIER FERREIRA
No estudo da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- A lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
- As clases prácticas.
Sistema de evaluaciónPROF. JAVIER FERREIRA
A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
- A memoria de prácticas, que terá un valor que non superará o 20% da puntuación total.
- A realización dun exame, cuxo valor complementará a puntuación obtida cos demais instrumentos ata o 100% da puntuación total.
Tempo de estudo e traballo persoalPROF. JAVIER FERREIRA
Horas presenciais: 60 (nas que se inclúen as clases teóricas e interactivas)
Horas de traballo do alumno: 90
Recomendacións para o estudo da materiaPROF. JAVIER FERREIRA
Participar activamente nas clases de natureza práctica.
Estudar con tempo e regularmente.
Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
Completar o ensino cos recursos da biblioteca.