G3011109 - Política Internacional (Materias de Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 15.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo da materia é presentar unha introdución á Política Internacional a través dos conceptos e aproximacións teóricas centrais. A partir desta introdución analizarase o obxecto de estudo da disciplina para logo proceder ao exame dos actores maila dinámica da sociedade internacional
ContidosI. INTRODUCIÓN
Tema 1. O concepto de Política Internacional
II. A TEORÍA INTERNACIONAL
Tema 2. Os debates teóricos do mundo bipolar
Tema 3. O "Cuarto Debate"
III. A SOCIEDADE INTERNACIONAL
Tema 4. A sociedade internacional
IV. OS ACTORES DA SOCIEDADE INTERNACIONAL
Tema 5. O concepto de actor internacional
Tema 6. O Estado
Tema 7. As organizacións internacionais
Tema 8. Os actores transnacionais
V. A DINÁMICA DA SOCIEDADE INTERNACIONAL
Tema 9. O conflicto
Tema 10. A cooperación
Tema 11. A integración
Bibliografía básica e complementariaARENAL, C. del (2007), Introducción a las Relaciones Internacionales. Madrid, Tecnos, 4ª ed.
BARBÉ, E. (2007), Relaciones Internacionales. Madrid, Tecnos, 3ª ed.
BATTISTELLA, D. (2012), Théories des Relations Internationales. Paris, Presses de la Fondation Nationale des Sciences Politiques, 4e éd.
BAYLIS, J.; SMITH, S. (Eds.) (2005), The Globalization of World Politics. An Introduction to International Relations. Oxford, Oxford University Press, 3ª ed.
BROWN, C.; AINLEY, K. (2009), Understanding International Relations. London, Palgrave Macmillan, 4ª ed.
BURCHILL, S. [et al.] (2009), Theories of international relations. New York, Palgrave Macmillan, 4ª ed.
DUNCAN, W. R. (2005), World politics in the 21st century. New York, Longman, 3ª ed.
DUNNE, T.; KURKI, M.; SMITH, S. (Eds.) (2007), International Relations Theories: Discipline and Diversity. Oxford/Toronto, Oxford University Press.
ÉTHIER, Diane (2006), Introduction aux relations internationales. Montréal, Presses de l'Université de Montréal, 3e éd.
EDKINS, J.; ZEHFUSS, M. (Eds.) (2008), Global Politics: a new introduction. New York, Routledge.
GRIFFITHS, Martin (Ed.) (2007), International Relations Theory for the Twenty-First Century: An Introduction. London/New York, Routledge.
HASTEDT, Glenn P.; KNICKREHM, Kay M. (2003), International Politics in a Changing World. New York, Longman.
JACKSON, R.H.; SØRENSEN, G. (2010), Introduction to international relations: theories and approaches. Oxford/New York, Oxford University Press, 4ª ed.
JØRGENSEN, K.E. (2010), International relations theory: a new introduction. Basingstoke, Palgrave Macmillan
KEGLEY, C.W.; WITTKOPF, E.R. (Eds.) (2006), World Politics: Trend and Transformations. Belmont, Thomson Higher Education, 10ª ed.
KELLEHER, A.; KLEIN, L. (2010), Global perspectives: a handbook for understanding global issues. Boston, Logman, 4ª ed.
KNIGHT, W.A. (2010), Global Politics: emerging networks, trends and challenges. New York, Oxford University Press.
MACLEOD, A.; O'MEARA, D. (Dirs.) (2007), Théories des Relations Internationales: Contestations et Résistances. Montreal, CEPES/Athéna éditions/Université Concordia.
MURILLO ZAMORA, C. (Ed.) (2011), Hacia un Nuevo Siglo en Relaciones Internacionales. San José (Costa Rica), Universidad Nacional de Costa Rica.
NAU, H.R. (2007), Perspectives on International Relations: Power, Institutions and Ideas. Washington, CQ Press.
SHIMKO, K.L. (2008), International Relations: Perspectives and Controversies. Boston, Houghton Mifflin, 2ª ed.
SPEIGEL, S.L.; MATTHEWS, E.G.; TAW, J.M.; WILLIAMS, K.P. (2009), World Politics in a New Era. Oxford, Oxford University Press, 4ª ed.
STERLING-FOLKER, J. (Ed.) (2006), Making Sense of International Relations Theory. Boulder, Lynne Rienner.
VIOTTI, P.R.; KAUPPI, M.V. (2007), International Relations and World Politics: Security, Economy, Identity. New York, Prentice Hall, 4ª ed.
A bibliografía complementaria inclúese no programa impreso da asignatura, á disposición dos alumnos na fotocopiadora do centro
CompetenciasCoñecer e comprender os conceptos e aproximacións teóricas centrais da materia, así como a súa utilidade e importancia para entender, explicar e interpretar a realidade internacional
Aumentar o coñecemento factual da sociedade internacional, fortalecendo a capacidade analítica para enxuizar os problemas internacionais máis apremiantes e as solucións propostas
Desenvolver unha perspectiva crítica que habilite para distinguir entre diferentes argumentos e plantexar unha percepción razoada propia
Familiarizarse cos recursos bibliográficos da Política Internacional
Comprender o proceso de construcción do coñecemento que capacita para desenvolver unha investigación rigurosa sobre calquera dos aspectos da materia
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía da ensinanza apoiarase nas actividades que de seguido se indican:
Clase expositiva: explicaranse os contidos esenciais da materia, presentando e resolvendo os seus problemas centrais
Clase interactiva: sobre a base da bibliografía e/ou a documentación aportada pola profesora, trataranse con profundidade algúns dos contidos dos temas que conforman o programa da asignatura
Tutorías: entendidas como un apoio á formación do alumno/a, orientaranse a resolver as dúbidas ou calquera outra cuestión relacionada coa asignatura
Sistema de evaluaciónA materia avaliarase mediante un exame final que versará sobre os contidos do programa. Esta avaliación completarase coa nota acadada nos traballos individuais ou colectivos que, con carácter obrigatorio, deberán realizarse durante o curso académico, así como coa asistencia e participación activa nas sesións presenciais (clases expositivas e interactivas)
Tempo de estudo e traballo persoalAdemáis de asistir regularmente a clase, estimase que o alumno/a deberá adicar á materia unha media de 4 horas semanais, co obxectivo de completar as ensinanzas cos recursos bibliográficos e realizar as actividades propostas pola profesora
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir a clase regularmente e participar activamente nas discusións
Recurrir ás tutorías para calquera dúbida sobre a materia
Planificar o traballo con antelación
Estudar con tempo e periodicidade
Completar a ensinanza cos recursos bibliográficos
Prestar atención ás novas e interpretarlas cos ensinanzas do curso